Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Axenda Deportiva completa para a fin de semana costeira

Axenda Deportiva completa para a fin de semana costeira
Imaxe do Montelouro Corcubion-Foto-Jorge Parri

Nova fin de semana completa de deporte esta última de abril. E con moitas cousas, pois ademais do fútbol teremos torneo e liga de fútbol sala, baloncesto, tenis de mesa, un espectacular torneo de Xadrez en Muxía… e surf, pero a proba de Lariño será o mércores 1 de maio, igual que os Dezasesaivos da #CopadaCosta. E, por certo, para os que gusten da natureza, tamén hai programadas citas co sendeirismo por Soneira e Malpica.

E antes de comezar a análise da Previa do #futboldacosta, podedes ollar os acordos aos que chegaron os poucos clubes da Costa presentes na importante reunión de onte.
E imos xa ca previa, comezando por unha insulsa Preferente na que os equipos costeiros seguro que terán un ollo pendente nos Desaseisavos de Copa do mércores 1 de maio, que ademais son a un partido e na que o Dumbría terá o choque máis esixente ante o Cee.

Xornada trascendental na 1ª Autonómica para os tres equipos en apuros. O Fisterra non pode pinchar o sábado no campo dun pechacancelas xa descendido. Mentres o Camariñas, con baixas tralo parte de sancións, visita nada menos que a cancha do líder, que pode, e vai querer, cantar o alirón na casa a pesar da boa liña de resultados dos de Berto lonxe do Hermanas Patiño. E o Ponteceso necesita sumar tamén ante un Arzúa que non se xoga máis que a 5ª praza. Os 3 cun ollo en Noia, onde o cadro local, aínda con opcións de ascenso, recibe a un coñecido Flavia, o equipo a batir para evitar o descenso dos noso 3 equipos.

Tres saídas complicadas teñen o trio de arriba nesta antepenúltima xornada da 2ª Autonómica. E ningún pode fallar se non quere perder opcións ao título e mais á promoción. O Cee visita o sábado ás Redondas, ante un Cabana que ten a última opción de intentar safar da posición de posible arrastre. O líder, a Esteirana, ten derbi co Outes e o Baio visita Lombáns. O que necesita sumar tamén é o Mazaricos para non deixarse cazar polo Cabana, pero non o terá fácil no Cairo ante un Corme que está a tope neste treito final de Liga, pensando e moito na Copa.

O partido da xornada xógase sen dúbida na 3ª Autonómica. Derbi entre 2º contra 3º, con só un punto de distancia entre ambos. Porteño e Camelle afrontan o choque como unha final, pois o partido vale nada menos que a diferencia entre un ascenso directo e unha dura promoción. Ningún dos dous equipos chega no seu mellor momento, pero se prevé un tenso partido, cun ambiente de excepción na Grixa.
Polo demais, o Laxe, se xogar pero sumando os puntos do filial fisterrán, pode certificar e completar así os equipos que xogarán a Fase de Ascenso, sempre que non gañen Ameixenda e Nantón.

Continúa a Copa da Costa Xuvenil coa volta das semifinais máis igualada que nunca. Cabana e Outes parten con vantaxe tralo 3-1 da ida ante Mazaricos e Outes, pero as outras dúas eliminatorias remataron en empate e se decidirán en Cee e en Dumbría, ante un Malpica moi potente, eun Laxe cunha ilusión tremenda que buscará dar a segunda campanada, tras eliminar ao XSC, no Conco.

En canto aos peques, a fin de semana terá o ollo posto en Fontenla. Alí terá lugar a Fase Final dos Alevíns e Benxamíns de F-8 na tarde do sábado, unha fase que chega algo antes de tempo. E o domingo, o XSC infantil poderá cantar o alirón se vence aos Miúdos.

E sen tempo para o descanso, xa comeza a Copa da Costa de Veteranos (podedes seguir o cadro actualizado dende www.copadacosta.com pinchando na lapela de debaixo do primeiro cadro que indica "Copa da Costa de Veteranos).
Os choques máis interesantes desta previa son o Castriz-Corcubión (a final do ano pasado) e o Cabana-San Román.

Preferente, xornada 35

Sada 27/04 - 17:15 Xallas StComba
Dumbría 27/04 - 18:00 Viveiro
Soneira 28/04 - 17:00 O Paramo

1ª Autonómica, xornada 32

Cacheiras 28/04 - 17:00 Fisterra
Malpica 28/04 - 17:00 Lamela
Estudiantil 28/04 - 17:00 Camariñas
Arzúa 28/04 - 17:00 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 32

Sofán 27/04 - 17:30 Muros
Zas 27/04 - 18:00 Montelouro
Cabana 27/04 - 18:30 Cee
Buño 28/04 - 17:00 Corcubión
Outes 28/04 - 17:00 Esteirana
Carnota 28/04 - 17:00 Baio
Corme 28/04 - 17:00 Mazaricos
Volantes 28/04 - 17:15 San Lorenzo
Castriz 28/04 - 18:00 Dumbría B

3ª Autonómica, xornada 32

Soneira B 27/04 - 16:00 Lira
Ameixenda 27/04 - 18:30 Baíñas
Nantón 28/04 - 17:00 Castrelo
Porteño 28/04 - 17:00 Camelle
Coristanco 28/04 - 17:00 Indep. Carballo
Xaviña 28/04 - 17:00 Corcoesto
Alcaián 28/04 - 18:30 Muxía
  • Descansa Cerqueda.
  • Laxe - Fisterra B (2-0) por retirada do filial.

  • Copa da Costa Xuvenil, volta dos Cuartos

    Copa da Costa Xuvenil

    Liga Galega Cadete, xornada 32

    Bergantiños 27/04 - 17:00 Negreira
    Compostela 27/04 - 17:00 Dumbría

    Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 11

    Bergantiños 27/04 - 17:00 Deportivo B

    Liga Galega Infantil, Playoff por evitar o descenso Gr.B, xornada 11

    Lalín 27/04 - 11:00 Dumbría

    Liga Galega Infantil, Playoff por evitar o descenso Gr.B, xornada 12

    Dumbría 01/05 - 12:00 Viveiro

    1ª Cadete, xornada 24

    Cabana 26/04 - 18:00 Xallas StComba
    Baio 27/04 - 10:30 Coristanco
    Fisterra 27/04 - 10:30 Muros
    Con. de Carnota 27/04 - 10:30 Cee
    Ponteceso 27/04 - 16:00 Muxía
    Porteño 27/04 - 16:15 Zas
    Esteirana 27/04 - 17:00 Outes

    1ª Infantil, xornada 24

    Fisterra 28/04 - 10:30 Cabana
    Ponteceso 28/04 - 10:30 Outes
    Muxía 28/04 - 10:30 Sofán
    Coristanco 28/04 - 12:00 Esteirana
    Xallas StComba 28/04 - 12:00 Os Miudos
    As Baleas 29/04 - 19:00 Vimianzo
    Corme 01/05 - 11:30 Cee

    Fase Final Alevín e Benxamín F-8

    Fase final F8

    Copa de Veteranos, Previa

    Copa da Costa de Veteranos

    Torneo de Xadrez

    Torneo de Xadrez de Muxia

    O club Cabo Touriñán e o Concello de Muxía, organizan este sábado 27 de abril o Torneo de Apertura do VIII Circuíto Galego de promoción do Xadrez 2013. Un Torneo a nivel estatal, con grandes personalidades que encherán Muxía cunha expedición total de máis de 100 persoas.

    Torneo de Fútbol Sala

    Torneo Zas

    Torneo de futbol sala organizado pola cominision de festas de San Adrian- Zas os dias 27 e 28 de abril. Con case 1.000€ de premios.

    Fútbol Sala

    Doble cita co fútbol sala feminino esta fin de semana. O Concello de Ponteceso xoga a volta das semifinais da Copa Provincial co Manureva, cun pase case que imposible tralo set endosado na ida.
    Mentres, o Fisober desprázase a Ordizia (Guipuzcoa) na antepenúltima xornada da 2ª División Estatal. O Fisober busca evitar os postos de descenso e dependen de si mesmas para lograla. A expedición vimiancesa partira o venres ás 18:30 h de Vimianzo, fara noite en León desde donde saira a maña do sábado para chegar a Ordizia ás 14:30h. O rematar o partido regresaran a Vimianzo a onde chegaran sobre ás 06:00 h do domingo.

    Ademais, as xogadoras cadetes do Fisober B, Laura e Noelia, repetirán adestramento ca selección coruñesa este domingo ás 10:00 h, a que non podera asistir será Inés, que se desplaza co 1º equipo do Fisober a Ordizia.

    Tenis de mesa

    Doble cita para o tenis de mesa costeiro. Por unha banda, este sábado 27 de abril ás 17:00h. no pavillón de Corcubión toca enfrontamento entre o Corcubión e o Ponteceso no marco da I Liga Intermunicipal de tenis de mesa da Costa da Morte.

    Pero ademais, o Anorthosis ten unha xornada especial, a última desta temporada, clave para decidir o ascenso do Anorthosis, sábado 27 de abril a partir das 16’00 h. no ximnasio do CPI de Zas:
    - 16’00 h. Anorthosis Vimianzo – Conxo Promesas.
    - 18’30 h. Concello de Zas Aquacenit – Conxo Promesas.

    Baloncesto

    - Sénior Feminino: E.S.BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE - NOIA: domingo 28-4 ás 17:00.
    - Sénior Masculino: EL DOCE - CONCEPT SPAIN-VILLAGARCIA- ACB COSTA DA MORTE: sábado 27-4 ás 20:00.
    - Infantil Masculino: Basquet Coruña 00 - Ferroatlántica Acb Costa da Morte: domingo 28-4 ás 12:00.

    Taekwondo

    Este próximo sábado 27, celébrase a fase provincial de combate e exhibición infantil. Arte e Movemento presenta a 9 deportistas na modalidade de combate máis 16 en exhibición, con 2 equipos. Celebrarase en Betanzos.

    Volei

    O colexio Manuela Rial Mouzo compite con 3 equipos no Campionato Provincial de Voleibol. O vindeiro sábado día 27 de abril dispútase no Pabellón do Colexio Liceo da Coruña o Campionato Provincial de voleibol. A devandito campionato acoden os dous primeiros clasificados das diferentes ligas intercomarcais celebradas en toda a provincia da Coruña durante os pasados meses de xaneiro a marzo. O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, acode con 3 equipos, dous de categoría alevín e un de categoría benjamín, logo de haberse proclamado Campións Intercomarcais o pasado día 6 de abril en Noia. Na competición haberá dous grupos de 3 equipos e os dous primeiros clasificados de cada grupo cruzaranse para disputar as semifinais do torneo. Na categoría benjamín o equipo ceense enfrontarase na primeira fase de grupos ao Liceo da Coruña e o C.V. Rianxo. En alevín feminino o grupo estará formado polo Liceo B da Coruña e o Narón Volea, ademais do Manuela Rial. Para rematar os alevines masculino enfrontaranse ao Narón Bate e ao C.V. Rianxo. O colexio ceense espera repetir o éxito do ano pasado, onde se proclamou Campión Provincial na catergoría alevín masculino e subcampeón na categoría benjamín e alevín feminino.

    Novas relacionadas

    Máis información

    Artigos relacionados

    Crónicas da semana

    Fonte

    Comentarios