mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda deportiva da última fin de semana de xaneiro

Axenda deportiva da última fin de semana de xaneiro
O Montelouro repite derbi muradán esta fin de semana ante o Volantes- Foto do choque co Muros de Edu Olveira

Nova fin de semana de deporte na Costa da Morte para pechar este mes de xaneiro pasado por auga. E son moitas as frontes deportivas abertas, con taekwondo, fútbol sala, balonmán, volei... pero sobre todo, xadrez, pois este sábado ten lugar en Muxía a gran final do Circuito de Xadrez da Costa da Morte.

Pero antes, e tras botarlle un ollo a este parte de sancións algo máis tranquilo, repasamos a xornada no Fútbol da Costa.

E comezamos, coma sempre, por arriba, pola Preferente, con partidos importantes nos que os equipos da Costa se poden facer un favor os uns aos outros. Así, o Soneira recibe a un Laracha que segue pegado a Dumbría e Xallas de Santa Comba, polo que calquera resultado positivo soneirán, o será tamén para dumbrieses e xalleiros. Mentres, o Dumbría poderá afundir ao pechacancelas, un Carral que ten 14 puntos, 12 menos que o Soneira. Pero o partido máis igualado da xornada, e clave para romper unha mala xeira de resultados, será o XSC-O Val. O cadro do Val chega a só 3 puntos dos xalleiros, que precisan unha vitoria como auga de maio.

En a cousa estará complicada, con 3 dos nosos equipos en graves problemas. Para o sábado temos dous choques: o Ponteceso visita o campo do Riveira, un dos 3 equipos que parece doutra categoría, polo que sacar algo positivo parece complicado. O si que necesita manter os 3 puntos na casa será o Ara Solis, ante un rival directo tamén para Ponteceso e Camariñas. O Laro chega con só 2 puntos de vantaxe sobre Fisterra e 3 sobre pontecesáns e camariñáns, polo que unha derrota en Ara Solis o metería a fondo no grupo. Para o domingo, o Camariñas poderá sumar ante un irregular Unión, mentres que o Malpica pode facerlle tamén un favor aos 3 veciños se vence ao Cacheiras, equipo empatado cos cadros costeiros.

A 2ª Autonómica chega con varios focos. Parece que o Cee-Sofán é o partido máis interesante, entre o 2º e o 4º, con só 6 puntos entre ambos e un partido menos para os sofanistas. Ademais, o derbi entre Volantes e Montelouro, o segundo consecutivo para os loureáns, de seguro que acolle unha boa entrada en Miraflores. Ademais, o líder recibe a visita dun necesitado Mazarios, mentres que o Baio recibe ao Muros.

Descansa o líder, ata hoxe invito, Porteño, nesta xornada 20 da 3ª Autonómica. Así que o IDC intentará cando menos igualalo aínda que sexa cun partido máis. En fronte terá ao Corcoesto, nun partido que se xoga o domingo pola mañá. O Camelle, 3º, volve á competición cun derbi ante o Xaviña. Ademais, na loita por esas 3 prazas máis para a Liga de Ascenso, o Cerqueda visita ao Lira, no que pode ser un dos últimos trens para o cadro lilracho. O filial soneirán visita o campo do Nantón, que tamén quere subirse ao carro. O Baíñas-Laxe parece un dos partidos máis bonitos da xornada. O Muxía, terá a segunda semana consecutiva de descanso.

En Xuvenís, as competicións case que comezan trala xornada a medias da fin de semana pasada. Ademais, en Veteranos o Castriz terá unha dura pedra de toque co Corcubión, o Cabana co Bértoa e o Soneira co Xuv. Bergantiños

Preferente, xornada 22

C.F. Dumbría 27/01 - 16:00 U.D. Carral
Soneira S.D. 27/01 - 16:00 Laracha C.F.
Xallas StComba 27/01 - 16:30 S.D. O Val

1ª Autonómica, xornada 20

Atl. Riveira 26/01 - 16:30 Ponteceso S.D.
S.D. Fisterra 26/01 - 16:30 C.F. Laro
Camariñas F.C. 27/01 - 16:30 C.D. Unión
SD Cacheiras 27/01 - 17:00 S.C.D. Malpica

2ª Autonómica, xornada 20

Cabana S.D. 26/01 - 18:00 S.D. Castriz
S.D. Esteirana 27/01 - 16:00 Mazaricos C.F.
S.D.San Lorenzo 27/01 - 16:00 Corme C.F.
U.D. Corcubión 27/01 - 16:00 U.D. Carnota
C.D. Baio 27/01 - 16:30 Muros S.D.
U. C. Cee 27/01 - 16:30 S.D. Sofán
Volantes F.C. 27/01 - 16:30 U.D. Montelouro
Buño S.D. 27/01 - 17:00 Outes C.F.
Dumbría C.F. B 27/01 - 18:00 Sp. Zas

3ª Autonómica, xornada 20

C.F. Castrelo 26/01 - 16:00 S.D. Alcaián
S.D. Ameixenda 26/01 - 17:00 S.D. Coristanco
Camelle S.D. 26/01 - 18:30 Xaviña F.C.
Indep. Carballo 27/01 - 12:15 SDC Corcoesto
Lira C.F. 27/01 - 16:00 U.D. Cerqueda
C.D. Nantón 27/01 - 16:00 Soneira S.D. B
C.D. Baíñas 27/01 - 18:30 S.D. Laxe
  • Descansa Porteño.
  • O Fisterra B - Muxía xa queda con 0-2 ante a retirada do Fisterra B.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

S.C.D. Malpica 26/01 - 16:00 S.D. Fisterra
Ponteceso S.D. 26/01 - 16:00 Xallas StComba
Cabana S.D. 26/01 - 16:00 C.F. Dumbría

Copa da Costa, Grupo 1, xornada 2

Camariñas F.C. 26/01 - 16:00 Muxía C.F.
Outes C.F. 26/01 - 16:00 Muros S.D.
S.D. Laxe 26/01 - 16:00 C.D. Baio

Copa da Costa, Grupo 2, xornada 2

S.D. Coristanco 25/01 - 17:30 Corme C.F.
Soneira 26/01 - 12:00 U.C. Cee
S.D. Esteirana 26/01 - 16:00 Mazaricos C.F.

Liga Galega Cadete, xornada 19

C.F. Dumbría 26/01 - 16:30 S.D. Residencia
Victoria C.F. B 27/01 - 10:15 Bergantiños C.F

Liga Galega Infantil, xornada 20

C.D. San Cristobal 26/01 - 10:15 C.F. Dumbría
C.D. Conxo 26/01 - 12:00 Bergantiños C.F

1ª Cadete, xornada 12

S.D. Fisterra 26/01 - 10:00 S.D. Coristanco
Outes C.F. 26/01 - 10:30 Cabana S.D.
C.D. Baio 26/01 - 10:30 Muxía C.F.
Con. de Carnota 26/01 - 10:30 Muros S.D.
S.D. Esteirana 26/01 - 10:30 Sp. Zas
Porteño C.F. 26/01 - 12:15 U.C. Cee
Ponteceso S.D. 26/01 - 18:00 Xallas StComba

1ª Infantil, xornada 16

U.C. Cee 26/01 - 15:30 Xallas StComba
S.D. Sofán 26/01 - 16:30 C.D. Baio
E.M.F. Vimianzo 26/01 - 18:15 E.D. Os Miudos
S.D. Esteirana 27/01 - 10:30 Corme C.F.
Outes C.F. 27/01 - 10:30 Muxía C.F.
Cabana S.D. 27/01 - 10:30 As Baleas
S.D. Fisterra 27/01 - 10:30 S.D. Coristanco

Ligas de Veteranos, xornada 19

1ª División

Bértoa 27/01 - 11:00 Cabana
San Lorenzo 27/01 - 11:00 Ponteceso
Vimianzo 27/01 - 11:00 Nantón
Castriz 27/01 - 11:00 Corcubión Vet.
Xv. Bergantiños 27/01 - 11:00 Soneira
Baio 27/01 - 11:00 Zas
Camariñas 27/01 - 12:00 Coristanco
San Román 27/01 - 12:00 Bergantiños

2ª División

At. Milagrosa 27/01 - 09:45 Sofán
Camelle 27/01 - 10:00 Corcoesto
Laxe 27/01 - 10:00 Poniente
Leiloio 27/01 - 11:00 Porteño
Buño 27/01 - 11:00 Agualada
Corme 27/01 - 11:00 Malpica
Dep. Carballo 27/01 - 18:30 Cerqueda

Xadrez

Este domingo 27 de xaneiro de 2013 as pezas de xadrez peregrinarán a Muxía, e alí atoparánse cunha gran cantidade de amigos desfrutando da súa compaña. A vila da Barca acolle a gran final, a 7ª proba e clausura, do 1º Circuíto de Xadrez Costa da Morte Concello de Muxía, que organiza o Concello de Muxía e o Club Xadrez Cabo Touriñán.


Fútbol Sala

2ª División Estatal: A FERVENZA F.S.F. - FISOBER F.S.F.: sábado, 26 de enero de 2013 - 20:00 - P.M. DEL ENSANCHE.

Liga Provincial:
- BeArt 5 Coruña F.S. - Concello de Ponteceso F.S.F.: sábado 26/01/2013 ás 19:15 no Municipal Novo Mesoiro.
- Fisober F.S.F. "B" - Esteirana: sábado 26/01/2013 ás 16:00 no Municipal de Vimianzo.


Balonmán

Este sábado hao BM. Camariñas terá que afrontar un difícil partido ante o Artai-Poio en Pontevedra, que determinará o estado de forma dos camariñáns. Os pontevedreses veñen de caer os dous partidos da Liguilla ante o líder, o Carballal, e o Bm. Pontevedra.


Volei

Este sabado en Dumbría:
- 10:30 h Infantil femenino Manuela Rial – Liceo La Paz.
- 10:30 h Cadete masculino Voleibol Dumbría – IES Ames.
- 12:00 h Cadete femenino Voleibol Dumbría – Liceo La Paz.
- 12:00 h Infantil masculino Manuela Rial – Rianxo.
- Os máis pequenos xogaran outra xornada de concentración o sábado pola mañá en Noia.


Baloncesto

- 2ª División Sénior Feminina: A.A. SANTA MARIA MAR - E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE: domingo 27 ás 12:00h.
- 2ª División Sénior Masculino:: COSTA DA MORTE - C.B. ENSANCHE: aprazado para o 10 de febreiro.
- 2ª División Cadete Feminina: ACB COSTA DA MORTE - CALASANCIAS: domingo 27 ás 17:00h en Brens.
- 2ª División Cadete Masculino: C.B. ARTEIXO - ACB COSTA DA MORTE: domingo 27 ás 10:00h.
- 2ª División Infantil Feminina: ACB COSTA DA MORTE - MERCEDARIAS CORUÑA: sábado 26 ás 17:00h en Brens.
- Mini Basket Alevín Feminino: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - VALES VILLAMARÍN: sábado 26 ás 11:00h en Coruña.
- Mini Basket Alevín Masculino: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - HIJAS DE JESUS: sábado 26 ás 11:00h na Coruña.


Tenis de mesa

En 2ª aprázase os encontros frente ao Club del Mar pois unha das súas xogadoras está coa selección galega nun torneo en Cataluña.

En 3ª galega en Zas, no ximnasio do CPI a partires das 16’00h.:
- Concello de Zas O Gsaiteiro – Cambre Promesas;
- Concello de Zas O Pinar – Cambre Promesas (sobre as 18:00h).


Taekwondo

Mentres, o clube non para. Este sábado 26 de xaneiro celebrarase en Cangas o Campionato Galego sub 21 coa participación duns noventa deportistas entre os que destacan varios medallistas a nivel estatal. O Club taekwondo Arte e Movemento presenta a 4 deportistas.


Máis información

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios