Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Axenda e previa dunha fin de semana futboleira con máis de 80 partidos

Axenda e previa dunha fin de semana futboleira con máis de 80 partidos
Imaxe do Malpica-Baio de Wash Calvo

Segunda semana de novembro e volve unha fin de semana cargadisima de actualidade deportiva. De feito, xa temos máis partidos ca nunca, xa temos 80, con máis categorías en competición e derbis importantes. De feito, xa temos 24 Ligas inseridas na nosa plataforma www.futboldacosta.com.

Comezamos o repaso a esta xornada pola 10ª xornada da Preferente - Senra Sport. Xa non hai excusas, e os nosos teñen que comezar a escadar posicións pois teñen equipo para estar máis arriba da 13ª e 14ª praza. O Dumbría non pode o sábado en Dorneda, ante un equipo que está por debaixo na táboa. Mentres, o XSC recibe a visita dun histórico en horas baixas, o Betanzos, ao que non pode permitir saír do descenso.

Teremos novo derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Corme, despois de 4 derrotas seguidas, dúas precisamente en derbis ante Baio e Sofán, recibe a un Malpica que vén de menos a máis dende a volta de Baña ao banco, pero que aínda non saíu do descenso, estando, iso si, a só 2 puntos dos cormeláns, que mesmo chegaron a ser líderes. Por arriba, o líder terá unha complicada saída no campo do Piloño, 4º clasificado, agora que xa sabe o que é gañar fóra de casa. Ademais, o Baio, tras perder o liderato, recibe ao Agolada.
Quere o Soneira manter a boa liña das últimas xornadas, pero o terá complicado no campo dun dos de arriba, o Villestro. E a Esteirana, despois de sumar a súa primeira vitoria, quere seguir sumando de 3 en 3 para sair do descenso, e terá que vencer ao filial do Bertamiráns, o equipo que precisamente marca a salvación nestes momentos, e que conta con 5 puntos de vantaxe sobre os esteiráns.

Moi bos partidos os que nos ofrece a fin de semana na 2ª Autonómica - ES Bazarra. O líder San Lorenzo, tras 7 vitorias e un empate nos últimos 8 partidos, recibe a todo un Cee, no que se supón unha boa pedra de toque para os de Pedro Gómez. Pero o choque máis igualado será o que protagonicen o Castriz, 2º, co Volantes, 7º. E o terceiro de arriba, o Zas, visita a un Camelle moi necesitado que suma dous partidos sen perder. O Buño visita ao Seaia, e o Outes, que leva tamén 7 partidos sen perder, terá un sempre complicado derbi sureño co Carnota.
Por abaixo, o Ponteceso, tras 6 derrotas seguidas, recibe a un Mazaricos que leva, pola contra, 7 patrtidos sen perder. EO Fisterra-Montelouro case será unha final.

Arrinca a 2ª, das 4 voltas da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O Ameixenda, con 8 puntos de vantaxe, visita a un irregular Nantón, que quere, como o resto de equipos do grupo perseguidor, aproveitar que descansa o 2º, o Cerqueda. Aí estarán atentos o Lira, tras 3 derrotas consecutivas, e que non pode fallar ante un Castrelo que leva 5 empates pero aínda non venceu un partido. O mesmo lle acontece ao Coristanco ante o Laxe, o pechacancelas. O Muxía-Corcubión será un dos choques máis igualados, pois o cadro roxiño aínda ten opcións de meterse na loita, pero non está a ter sorte nas últimas xornadas.

Comeza tamén a segunda volta nos Xuvenís. Na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, o xa destacado líder, o Dumbría, visita a un Corcubión con 0 puntos. Os Miúdos, agora 2º, terá un difícil choque ante o Fisterra, que aínda ten opcións de loitar polas 3 primeiras prazas. O mesmo lle acontece ao XSC na súa visita ao Cee, pois de vencer o cadro ceense meteríase de cheo na pelexa. Polo medio queda a Esteirana, que non pode fallar co Muxía se non quere perdelo tren.
Polo Norte, ca igualdade como protagonista (7 equipos en 5 puntos), todos os choques son importantes. Choques directos serán o Zas - Porteño e o partidazo entre Cabana e Corme. Ademais, o Camariñas non pode perdoar ao pechacancelas Malpica, o Ponteceso menos aínda (está a 5 do líder e pecha o grupo que loitan polas 3 prazas) ante o Laxe, e o Coristanco ante o Baio.

Sábado de fútbol autonómico no Conco. Pola mañá xogarán o Dumbría Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría ante o Calasanz, equipo que suma os mesmos 6 puntos que os costeiros. E pola tarde, o fará o equipo da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, recibindo a outro histórico, o Racing de Ferrol, tralo impresionante punto colleitado na Madroa. Ademais, o XSC da Liga Galega Cadete quere seguir a boa liña ante o Montañeros.

Duelo por todo o alto na 1ª Cadete, cun partidazo entre o Cabana, 2º a 2 puntos do líder, o propio Corme. Ademais, por detrás, outro choque directo entre As Baleas e Fisterra, 3º e 4º queren seguir pelexando polas dúas prazas que dan acceso á Fase de Ascenso.
Pero é que en 1ª Infantil, triple enfrontamento entre os 3 de arriba e os 3 de abaixo: o líder XSC enfróntanse ao pechacancelas, Coristanco; o Fisterra a outro de abaixo, o Sofán; e Os Miúdos ante o Zas, penúltimo.

E a semana pasada arrincaban as Ligas de F8 Costa Sur (as do Norte non o farán ata febreiro), nas categorías de Alevín e Benxamín.
Ollo, que seguen en liza as LCFs de FS, pero que non traemos aquí pois os horarios son coordinados entre os equipos.

Xa nos Veteranos, teremos unha xornada importante na 1ª División, porque descansa o líder, un Hosgran que saca 4 puntos ao seu máximo persegudiro, o Zas, e 5 ao grupo que comanda o Coristanco. Precisamente ambos protagonizarán o partidazo da xornada, pero tamén haberá que ter o ollo posto no San Román-Soneira, un clásico.
Tamén haberá dous partidos directos. O líder, Agualada, visita ao que foi líder as primeiras xornadas, o novato San Isidro-Razo, agor 4º a 3 puntos. Os dous do medio, Erbecedo e Porteño tamén se verán as caras, loitando todos por manterse nas dúas prazas de ascenso.


Preferente - Senra Sport, xornada 10

Dorneda 08/11 - 16:30 Dumbría
Xallas StComba 09/11 - 16:30 Betanzos

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 10

Piloño 09/11 - 16:00 Sofán
Villestro 09/11 - 16:00 Soneira
Bertamiráns B 09/11 - 16:15 Esteirana
Baio 09/11 - 16:15 Agolada
Corme 09/11 - 16:15 Malpica

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 10

Camelle 08/11 - 16:15 Zas
Porteño 09/11 - 16:15 Cabana
San Lorenzo 09/11 - 16:15 Cee
Fisterra 09/11 - 16:15 Montelouro
Volantes 09/11 - 16:15 Castriz
Baíñas 09/11 - 16:15 Camariñas
Ponteceso 09/11 - 16:15 Mazaricos
Seaia 09/11 - 17:00 Buño
Outes 09/11 - 17:00 Carnota

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 10

Muxía 09/11 - 16:15 Corcubión
Lira 09/11 - 16:15 Castrelo
Nantón 09/11 - 16:15 Ameixenda
Coristanco 09/11 - 16:45 Laxe
  • Descansa Cerqueda.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 10

Cee 08/11 - 11:00 Xallas StComba
Os Miudos 08/11 - 16:15 Fisterra
Esteirana 08/11 - 16:15 Muxía
Outes 08/11 - 16:15 Castriz
EF Corcubión 08/11 - 16:15 Dumbría

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 10

Zas 08/11 - 11:30 Porteño
Camariñas 08/11 - 16:15 Malpica
Laxe 08/11 - 16:15 Corme
Coristanco 08/11 - 16:15 Baio
Cabana 08/11 - 18:00 Corme

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 9

Dumbría 08/11 - 16:30 Racing Ferrol

Liga Galega Cadete, xornada 9

Xallas de Santa Comba 08/11 - 12:00 Montañeros

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 9

Dumbría 08/11 - 10:15 Calasanz

1ª Cadete, xornada 9

Os Miudos 08/11 - 10:30 Muxía
Coristanco 08/11 - 10:30 Esteirana
Outes 08/11 - 10:30 Ponteceso
Cabana 08/11 - 16:00 Corme
As Baleas 08/11 - 16:00 Fisterra
Sofán 09/11 - 12:15 Cee

1ª Infantil, xornada 9

Ponteceso 08/11 - 16:00 Vimianzo
Zas 08/11 - 16:30 Os Miudos
Coristanco 09/11 - 10:30 Xallas StComba
Fisterra 09/11 - 10:30 Sofán
Corme 09/11 - 10:30 Cee
Esteirana 09/11 - 10:30 Cabana
  • Descansa Outes.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 2

Dumbría A 07/11 - 18:15 XSC A
Fisterra 08/11 - 12:00 Cee A
Dumbría B 08/11 - 12:00 Os Miúdos A
Lira 08/11 - 12:00 As Baleas
Esteirana A 08/11 - 12:00 Esteirana B
Cee B 08/11 - 16:00 Sofán
Outes A 09/11 - 13:00 Os Miúdos B

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 2

Dumbría 07/11 - 19:15 XSC A
Fisterra 08/11 - 11:00 Cee
Esteirana 08/11 - 11:00 XSC B
Lira 08/11 - 13:00 As Baleas
Cee B 08/11 - 17:00 Sofán
Outes 09/11 - 12:00 Os Miúdos B
  • Descansa Os Miúdos A.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 9

Dumbría 09/11 - 11:00 Laxe
Cabana 09/11 - 11:00 At. Milagrosa
San Román 09/11 - 11:00 Soneira
Baio 09/11 - 12:00 San Lorenzo
Bértoa 09/11 - 12:00 Ponteceso
Castriz 09/11 - 11:00 Xv. Bergantiños
Zas 09/11 - 11:00 Coristanco
  • Descansa Hosgran.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 9

Cerqueda 09/11 - 10:00 Poniente
Sofán 09/11 - 10:00 Malpica
Camariñas 09/11 - 11:00 Nantón
Dep. Carballo 09/11 - 12:00 Leiloio
Erbecedo 09/11 - 11:00 Porteño
San Isidro-Razo 09/11 - 11:00 Agualada
Vimianzo 09/11 - 11:00 Buño
  • Descansa Corcoesto.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios