Axenda futboleira dunha fin de semana de infarto


Afrontamos unha nova fin de semana sen chuvias na Costa da Morte. Así que poderemos disfrutar dunha completa xornada no fútbol costeiro. Unha xornada de infarto con varias finais, varios descensos e algún que outro ascenso en xogo. Rematan algunhas Ligas, e teremos tamén varios choques das competicións de copas, ademais da cita dos máis peques no Torneo Costa Bergantiñá de F8 e no Campionato Xogade de FS.
Comezamos a previa pola Preferente na que teremos dous partidos importantes nesta penúltima xornada. Por arriba o Dumbría pode meterse de novo na loita pola Promoción se vence precisamente ao Silva, equipo que ocupa a ansiada 4ª praza e que suma 4 puntos máis que os de Canosa, polo que ademais de gañar o domingo terán que vencer na última xornada e esperar que pinche o cadro coruñés en Sada na última xornada.
Máis importante é o partido o XSC ante un Bergantiños xa relaxado logo de celebrar a súa volta á 3ª División a pasada semana. Os xalleiros teñen que gañar para evitar os arrastres, que poden chegar ata 4, mentres esperan que algún dos equipos que promocionan consigan o ascenso que libere unha praza. Tardará en coñecer o seu futuro o cadro xalleiro pero non pode deixar de sumar de 3 en 3.
Última xornada na 1ª Autonómica, de infarto en Esteiro. O cadro blaugrana necesita gañar ao Amio, rival directo, para evitar o descenso. Non cabe outro resultado se o equipo esteirán quere seguir unha temporada máis na categoría. Os que dirán adeus á 1ª serán o Ponteceso e o Camariñas. O pechacancelas terá un derbi ante un Malpica que xa non se xoga nada pero que pechará unha enorme temporada. Mentres os camariñáns se despedirán en Lamela. O que pecha outra temporada espectacular é o Baio de Félix, que visita ao filial do Bertamiráns, ao que pode adiantar e asinar así unha 5ª praza histórica.
Última xornada de infarno e festa na Liga da Costa
Remata tamén a 2ª Autonómica e ata 5 equipos se xogan evitar o descenso. Xa co título decicido e coas Festas de San Corme CF preparadas no Cairo, a atención céntrase na parte baixa. Os dous arrastres provocados por Camariñas e Ponteceso, e un posible terceiro segundo o que faga á Esteirana, os Volantes (38 puntos), Camelle (39), Cabana (40), San Lorenzo (40) e Porteño (42) vivirán citas de infarto. Os que peor o teñen para acompañar a Corcubión e Muros son Volantes e Camelle. Os laranxas terán un derbi ante os descendidos veciños celestes, e teñen que gañar e esperar que non gañen o Camelle en Cee, o Cabana ante o Sofán nas Redondas. Cómpre estar atentos ao parte de sancións o Cabana denunciou posible aliñación indebida do Fisterra, e de darlle a razón estaría safo. Pero o partidazo da xornada será o San Lorenzo-Porteño, a vida ou morte.
En todo caso, estes clubs xa teñen preparada unha bufanda do Sofán porque o seu ascenso na Promoción liberaría un arrastre.
As opcións de permanencia
A clave, evitar a 14ª e 15ª posición. O Mazaricos (42 puntos) está practicamente salvado pois, de perder (cun empate en Zas bastaria para librarse da batalla) só podería sufrir un triple empate con Porteño e Camelle e aí será o cadro da Ponte o que quedaría na 14ª praza de arrastre.
Así, o Porteño (42) xoga en Verdillo ante o San Lorenzo (40) no partido máis importante. Con vencer ou empatar o Porteño, safa. Se perde, e empata ou gaña o Mazaricos e vence o resto, quedaría empatado co Camelle, quedando o Porteño nesa 14ª praza de posible arrastre.
Precisamente o San Lorenzo (40) tamén depende de si mesmo, pois se vence ao Porteño libra, pero se empata e gañan Cabana, Camelle e Volantes, quedaría empatado co Volantes, por riba del, iso si, por golaverage, pero ocupando a 15ª praza. Se perde, e gañan Camelle e Volantes quedaría fóra, aínda que non gañe o Cabana, co que ten perdido o golaverage.
O Cabana (40), pendente do recurso pola aliñación indebida do Fisterra, se gaña ao Sofán, libra, pero se perde e vencen San Lorenzo, Camelle e Volantes, quedaría nesa 15ª posición. Se empata e vencen os 3 quedaría empatado co Volantes, quedaría o cadro laranxa por arriba, 14º, por ter mellor golaverage xeral logo de empatar o individual.
Necesita o Camelle (39) gañar si ou si, ou empatar, que non gañe o Volantes e que perdan Cabana ou San Lorenzo, pois co Cabana o Camelle ten o golaverage xeral a favor; mentres que co San Lorenzo ten o individual a favor.
E o que só pode pensar en gañar é o Volantes (38) ante o veciño celeste, e esperar que non gañe o Camelle que perda o San Lorenzo ou que non gañe o Cabana.
Último choque da 3ª

Péchase a temporada tamén na 3ª, coa grandísima final da Promoción de Ascenso á Liga da Costa. Dúas afeccións moi noviñas, como as do Ameixenda (2 anos de historia) e Seaia (esta é a primeira temporada en competición) enfróntanse nunha gran festa do auténtico fútbol costeiro. O 1-1 da ida en Malpica deixa todo aberto para unha gran festa, tralos dous temporadóns feitos por ambos equipos.
As Copas e torneos copan o fútbol base
Coñeceremos esta fin de semana os finalistas da Copa da Costa Xuvenil. O Dumbría xa ten os dous pés na final tralo 0-4 da ida en Esteiro. Pero polo outro lado do cadro, a tarde do sábado, a da festa en Corme, abrirá cun duelo fermosísimo entre o cadro azulón e o Muros, despois do vivo 4-4 da ida.
Penúltimo partido para o Dumbría na División de Honra Cadete ante o Coruxo para intentar recuperar un pouco unha mala segunda volta. Mentres na Liga Galega Infantil, na loita por evitar o descenso, o Dumbría descansa e espera que o Bergantiños non falle ante o Oroso, gran rival dos dumbrieses no G.1. Mentres, no Gr.2, un XSC xa practicamente afundido, enfrontarase ao líder o grupo, o Racing.
Temos tamén cita importante nas semifinais da I Copa da Costa Infantil. Coñeceremos a finalísima este domingo, na que seguramente estará o Corme, tras endosar un un 0-8 aos Miúdos. En Cee, o cadro local ten vantaxe do 1-2 da ida ante o Fisterra.
En categorías inferiores afrontamos a recta final dos grupos norte, e temos tamén o Torneo de Fútbol 8 Costa Bergantiñá, que se celebrará en Xaviña, Buño.
E tamén teremos a volta da Previa da Copa da Costa de Veteranos.
Preferente, xornada 37
Soneira | 11/05 - 18:00 | Dubra |
Silva | 11/05 - 18:00 | Dumbría |
Bergantiños | 11/05 - 18:00 | Xallas StComba |
1ª Autonómica, xornada 34
Bertamiráns B | 10/05 - 17:00 | Baio |
Ponteceso | 11/05 - 17:00 | Malpica |
Esteirana | 11/05 - 17:00 | Amio |
Lamela | 11/05 - 18:00 | Camariñas |
2ª Autonómica, xornada 34
Corcubión | 10/05 - 18:00 | Carnota |
Corme | 10/05 - 19:00 | Outes |
Zas | 11/05 - 17:00 | Mazaricos |
Cee | 11/05 - 17:00 | Camelle |
San Lorenzo | 11/05 - 17:00 | Porteño |
Muros | 11/05 - 17:00 | Volantes |
Cabana | 11/05 - 17:00 | Sofán |
Buño | 11/05 - 17:00 | Fisterra |
Promoción de Ascenso 3ª Autonómica, Ida da Final
1-1 | Seaia - Ameixenda | Sáb. 18:30h |
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semis

- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
División de Honra Cadete, xornada 33
Dumbría | 10/05 - 18:00 | Coruxo |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 13
XSC | 10/05 - 11:30 | Racing |
1ª Cadete, xornada 25
Cabana | 08/05 - 19:30 | As Baleas |
Esteirana | 09/05 - 19:00 | Muros |
Zas | 10/05 - 16:00 | Fisterra |
Outes | 11/05 - 11:00 | Xallas StComba |
Muxía | 11/05 - 11:00 | Coristanco |
Cee | 11/05 - 11:30 | Corcubión |
I Copa da Costa Infantil, Ida das Semis

- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Torneo de Fútbol 8 Costa Bergantiñá, en Xaviña, Buño

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 13
Corme | 09/05 - 20:00 | Baio |
Cabana | 09/05 - 20:30 | Sofán |
Coristanco | 10/05 - 18:00 | EF Corcubión |
E.M.F. Vimianzo | 13/05 - 17:45 | As Baleas |
- Descansa Muxía.
Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 13
As Baleas B | 09/05 - 18:30 | Muxía |
Corme | 09/05 - 19:00 | Baio |
Cabana | 09/05 - 19:30 | Sofán |
Coristanco | 10/05 - 17:00 | Ponteceso |
E.M.F. Vimianzo | 13/05 - 18:30 | As Baleas A |
Copa da Costa de Veteranos, volta da previa

- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Buño acolle o Torneo de Fútbol 8 Costa Bergantiñá.
- Copa Xuvenil: O Dumbría sentenza a final adiantada mentres Muros e Corme empantan.
- 2ª Autonómica: O Corme proclámase campión e a zona baixa ferve.
- Promoción de 3ª: Os nervios deixan todo para a volta.
- 1ª Autonómica: A Esteirana ten que gañar na última xornada.
- Preferente: O Dumbría non chega e o XSC complícase.
- Resultados e crónica dunha xornada que deixa ao Corme como novo Campión da Liga da Costa.
- Sábado de ponte moi futboleiro.
- O 1 de maio, cheo de Fútbol na Costa.
Artigos relacionados
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).