Martes. 15.10.2024
El tiempo

Balonmán: De vitorias pola mínima e empates polémicos

Balonmán: De vitorias pola mínima e empates polémicos

Tan fantásticas como apuradas as vitorias dos equipos camariñáns. Os chicos vencían na casa do Seis do Nadal por un 21-22, sumando sous puntos de ouro ante un rival sempre incómodo, mantendo así o liderato, cun punto de vantaxe sobre un Porriño que ten ademais, un partido máis.
En categoría feminina, as carballesas gañaban apuradamente ao Bueu Atl. e se mantén na 4ª praza, a 5 puntos dos postos de arriba.

Por Carballo, tamén gañaban as féminas, pero a atención estaba no derbi provincial entre o Calvo Xiria e o OAR Coruña. Un partido que se decidía nos intres finais, cunha polémica decisión que deixaba ao cadro carballés cun empate que lle sabe a inxusta derrota.

1ª Autonónomica, xornada 13

  • Resultado: Seis do Nadal - Bm. Camariñas (21-22).
    • BM CAMARIÑAS: Bruno (p), Fabio, Jaime, Eusebio, Héctor (1), Alan (7), Catalán (7), Antelo (1), Damián, Fari (1), Perón (2) e Xabi (3).

    Na visita do Conservas Boya á casa do Seis do Nadal, atopáronse os conserveros coa mesma horma do seu zapato, ane un rival que xoga o mesmo balonmano que o Camariñas, cunha defensa forte e rápidas transiscións do balón, foi unha loita de titanes, con alternancias sucesivas no marcador, que deixaban claras as forzas de cada equipo, o Seis do Nadal, cuarto clasificado e o Camariñas, segundo, aínda que con dous partidos menos que o seu rival, deron clara mostra da súa situación na táboa clasificatoria, cun balonmano efectivo, áxil e contundente, onde as defensas foron as protagonistas en todo momento, destacando sobre os demais, os dous porteiros, Bangueses por parte viguesa e Bruno por parte Camariñana, na cancha Loureiro e Jacobo foron os destacados do Seis do Nadal e por parte do Aboiar, Alan e Catalán.

    A próxima fin de semana, xornada dobre, o sábado en casa ante o Lavadores, un partido relativamente fácil, e o domingo visita a Pontedeume, outro partido clave onde se enfrontarán primeiro e quinto, con polémica incluída polo adiamento do partido no seu día.

    1ª División Estatal, xornada 16

    EMpate polemico entre Calvo e OAR
    • Resultado: Calvo Xiria - OAR CORUÑA (27-27).
    • CALVO XIRIA 27 (14 + 13): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (6), Brais Puñal (1), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (4), Sergio Facal (6), Gonzalo Pombo, Mario García de Seárez (2), Iván Campos, Julián López.

    Empezou o partido moito máis centrado o conxunto coruñés, que sen ter que traballar demasiado no seu ataque conseguía unha e outra vez favorables posicións de lanzamento, mentres que o ataque carballés regalaba un feixe de balóns que se caían das mans ou se perdían en accións sen transcendencia nin dificultade. Así seguiu o partido até o minutos vinte cinco no que repentinamente púxose a traballar o cadro local, acadando un parcial de 5 a 1, que permitía que o Xiria marchase diante no electrónico, 14-13, despois dos primeiros trinta minutos con menor intensidade no que vai de liga.

    O paso polo vestiario non modificou demasiado o visto na primeira metade, se ben os verdibrancos foron diante no marcador, e semellaba que podían encarrilar o encontro. Mais o troco de porteiro no OAR votou por terra esta expectativa, xa que foi quen de deter oito balóns de seis metros nos derradeiros quince minutos, namentres os carballeses so foron quen de marcar cinco goles nese período. Os erros no lanzamento están a ser unha verdadeira lousa este ano paro o Calvo Xiria, que necesita de fabricar demasiadas opcións claras para acadar goles, e de novo pagou cun punto este feito na tarde do sábado.

    Pero coma en todo derbi houbo tamén tempo para a polémica. A falla de sete segundos recolleu un rexeitamento Brais que o deixou solo na liña de seis metros nunha clara ocasión de gol, e nese intre o adestrador visitante solicitou tempo morto de xeito ilegal, cometendo a mesa o grave erro de concedelo. Pero máis grave foi o erro dos colexiados –que até ese momento fixeran unha boa arbitraxe- xa que non cometeron un erro de apreciación senón de coñecemento do regulamento que deben aplicar, xa que pararon o partido e logo de informarse da situación non concederon o tempo morto, mais de maneira inexplicable sinalaron un golpe franco a prol do Xiria, cando o regulamento ordena que ese tipos de accións sexan castigadas con sete metros. Un regalo para o equipo visitante que se levou un dos puntos en xogo e que deixa moi tocado ao Calvo Xiria na loita por achegarse a un dos dous primeiros postos.


    1ª División Galega Feminina

    • Resultado: BM. Encaixe - Bueu At (31-30).
    • BM. CAMARIÑAS (31): Gloria e Sara (gardaredes); María (2), Laura (7), Sara Carril (10), Aida (5), Cris Barreiro (5), Cristina Caamaño, Alicia Ogando (2), Andrea, Nerea, Tinita, Verónica, Isabel e Cristina Sande.

    Unha nova vitoria do Bm Encaixe Boya fronte o Bueu Atle cun apretado 31-30. Boa entrada no pavillón do Areal para recibir ó Bueu. Durante todo o encontro as de Camariñas foron por diante pero non foron quen de abrir unha boa renda.

    Unha frouxa defensa con moitos desaxustes permitía ó Bueu ir a remolque pero sin soltarse das palilleiras. “O importante deste encontro son os dous puntos que sumamos. A vindeira fin de semana esperanos un gran encontro fronte o Sar de Redondela, e ahí veránse as opcións que temos nesta fase pola loita do título. De todas formas o equipo está traballando moi ben asi que seguiremos loitando”.

    1ª División Galega Feminina

    • Resultado: Goldie Xiria - S.D. Balonmán Tui (22-18)
    • Marcador cada 5 min: /1-0/ /3-2/ /5-4/ /8-7/ /11-8/ /14-9/ /16-11/ /17-13/ /20-13/ /21-16/ /22-16/ /22-18/
    • Goldie Xiria 22 (12): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 1, Jessica Posse 5, Sara Pombo 5, María Góme, Juana Garrochena 2, Cristina Gende 1, Adriana Gómez 5, Patricia García, Marta Regueira, Zeltia Landeira 2, Natalia Solís 1, Sheila Ferreiro e Raquel Gómez.

    Gran partido o realizado polas xogadoras do Goldie Xiria este sábado ante un rival que a pasada tempada se había amosado con moita superioridade fronte as carballesas. O Goldie segue a comandar a clasificación deste grupo, e a próxima semana viaxará ao Deza a medirse contra o Balonmán Lalín.

    O Xiria era consciente do duro compromiso e saíu motivado e concentrado a disputar o encontro, moi metido en labores defensivas e con moita continuidade no ataque. Pese a dominar durante todo o encontro, non era capaz de distanciarse no marcador ata ben chegado o descanso onde adquiriu unha vantaxe de 5 goles, 14 a 9. O bo facer de Jessica no central, unido ao eficacia das extremos Sara e Adriana, facían que a vitoria non peligrase para o Goldie, que superaba a uns dos seus principais rivais por facerse coa primeira praza deste Grupo pola Clasificación.


    Máis información

    Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios