mércores. 30.04.2025
El tiempo

Convocada a reunión para a Copa da Costa Xuvenil

Convocada a reunión para a Copa da Costa Xuvenil
Imaxe da final da Copa da Costa Xuvenil 2014 entre Corme e Dumbria-Foto-Jorge parri

Terá lugar este vindeiro martes 31 de marzo, ás 20:15 en Baio, o sorteo da X Copa da Costa Xuvenil.

E son varias as cousas que sorprenden, pois a sosa Liguilla copeira, que deixará a 3 equipos de 13 fóra dos Oitavos, aínda non remata ata o xoves 2 de abril, en plena Semana Santa.

Ademais, curioso é o feito de que os mellores equipos da categoría, os da recén rematada Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, teñan que esperar.

Máis problemas terán aínda os dous equipos clasificados para a fase, Dumbría, flamante campión, e Os Miúdos, que se metía nunha agónica última xornada, O caso é que como a Liga remata tan pronto e só se poden reforzar antes das últimas 4 semanas, xa se quedaron sen posibilidade de fichar en febreiro, mentres os equipos da Coruña ou Santiago aínda poden ata abril. Ademais, se caen na primeira eliminatoria (se se enfrontan xa tería que saír un), quedarían sen competir ata o comezo da Fase, algo negativo para todo o Fútbol da Costa, non só para estes equipos.

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios