Crónica e resultados dunha fin de semana copeira no Fútbol da Costa


Fermosa tarde de fútbol esta na Costa da Morte. Con moitos frontes e moi importantes, como as finalísimas das Copas Xuvenil e Infantil, o comezo dos Oitavos da Copa ou a última xornada na Preferente.
E precisamente, comezamos o repaso pola Preferente, que deixa ao XSC cun pé e medio na 1ª Autonómica. Os xalleiros sumaron un punto que de pouco lles vale, unha vez que O Val caía ante o Bergan, pero esa 14ª posición non lle vale para evitar os arrastres. Terá que esperar e tifar con Viveiro ou co Silva para que algún consiga o ascenso á 3ª División.
Mentres, Dumbría e Soneira despedían a temporada cun derbi pero mantendo as súas liñas. O ano que vén, o Soneira competirá na 1ª Autonómica.
Fin de semana de Copa
A Copa da Costa foi a gran protagonista da fin de semana. E con relativas sorpresas, como a goleada do Corme ao Soneira, dous equipos que se verán o ano que vén as caras na 1ª. Os cormeláns teñen un pé en Cuartos, como o Dumbría, que goleaba ao Buño en Xaviña e tamén encarrilou a eliminatoria. O Malpica, co seu 0-2 en Ara Solis, tamén ten un pé na seguinte rolda, mentres que as Outes-Cee, Baio-Ponteceso e XSC-Ameixenda deixaron todo para a volta. Destacar ese Ameixenda que , despois do varapau da Liga, sacou forzas de flaqueza e apretou a todo un cadro xalleiro.
Tarde de Copas Base en Vimianzo
Acollía o Municipal vimiancés unha fermosa tarde de Copa, coas finais de Xuvenís e Infantís. Doble presencia cormelá, polo que as bancadas tiñan unha tinguida cor azulona. Pero non puideron levantar ningún título a marea cormelá, con dúas derrotas tras facer unha grandísima campaña.
En Infantís foi o Cee, cunha manda de siareiros tamén de azul, o que levou a I Copa da Costa Infantil, tras vencer por un apurado 3-2 ao cadro cormelán. Era favorito o cadro ceense tras gañar a Liga, e non fallou.
De seguido, tocáballe o turno aos Xuvenís. E o Dumbría fixo gala tamén do seu poderío e vencía, apuradamente, a un correoso Corme. Impresionante este Dumbría que por agora leva gañado todo o xogado: liga regular, liga de campións e Copa. Só lles queda pechar o ano cun histórico ascenso á Liga Galega.
Esta semana traeremos as crónicas dos dous partidos.
Ligas Base
E acabou a temporada o Dumbría da División de Honra Cadete, e o fixo na liña deste último treito de liga, caendo. Un equipo que ten feitos os deberes xa dende hai tempo, tras unha primeira volta espectacular competindo cos grandes clubes galegos. O cadro dumbriés remata na 11ª praza.
A que aínda non acaba é a Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, na que os nosos sumaron novas derrotas, pero seguen en situacións diferentes. O XSC ten case imposible a salvación mentres que o Dumbría depende de si mesmo nestes 4 últimos partidos que restan.
4 partidos restan tamén para que acaben as Ligas Norte de F8. En Alevíns o Cabana segue líder co Vimianzo pegado, mentres que en Benxamíns é o Sofán o que persegue a un Cabana que domina o norte.
Copa de Veteranos
Arrincaron os Oitavos da Copa dos Veteranos sen demasiado sobresalto. Parece que Soneira, Dumbría e Laxe son os únicos que meteron terra de por medio e se achegan aos Cuartos, pero o resto de eliminatorias seguen igualadas
Preferente, xornada 38
Dumbría | 5-0 | Soneira |
Xallas StComba | 0-0 | Viveiro |
Copa da Costa, Ida dos Oitavos

- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
Copa da Costa Xuvenil, Final
Dumbría | 2-1 | Corme |
- Podedes ver como queda o cadro actualizado en www.copadacosta.com.
I Copa da Costa Infantil, Final
Cee | 3-2 | Corme |
- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
División de Honra Cadete, xornada 34
Lalín | 2-0 | Dumbría |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 14
Calasanz | 5-0 | XSC |
Viveiro | 2-1 | Dumbría |
1ª Cadete, xornada 26
As Baleas | 2-9 | Cee |
Coristanco | 3-1 | Outes |
Muros | 3-0 | Muxía |
Corcubión | 0-4 | Esteirana |
Baio | 1-1 | Cabana |
Xallas StComba | 4-0 | Zas |
- Descansa Fisterra.
Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 14
EF Corcubión | 3-5 | Muxía |
Baio | 0-12 | E.M.F. Vimianzo |
As Baleas | 1-3 | Cabana |
Sofán | 2-0 | Coristanco |
- Descansa Corme.
Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 14
Baio | 1-2 | E.M.F. Vimianzo |
As Baleas A | 1-8 | Cabana |
Ponteceso | 1-6 | Muxía |
Sofán | 2-1 | Coristanco |
Corme | 2-0 | As Baleas B |
Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Oitavos

- Podedes ver como queda o cadro completo en www.copadacosta.com.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- O Ameixenda reclama a prórroga.
- O Sofán retírase da Copa.
- Copa Xuvenil: O Corme tivo que loitar a finalísima ante un gran Muros e enfrontarase ao potente Dumbría.
- Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa.
- O Sofán xa ten rivais para a Fase de Ascenso á 1ª.
- A gran festa do ascenso do Seaia viviuse en autobús.
- 2ª Autonómica: O Volantes mira cara 3ª.
- 1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns.
- Preferente: O XSC ten pé e medio na 1ª Autonómica.
- Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda.
- Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).