Sábado. 05.10.2024
El tiempo

E Murphi segue xogando contra o Fisober

E Murphi segue xogando contra o Fisober
Fisober da 2 Nacional

Recuperou este sábado en Vimianzo o Fisober partido aprazado da terceira xornada que o enfrontaba o 4 Arcos Logroño. Un Fisober que está nese momento da tempada Lei de Murphy, na que a sorte non as acompaña, se algo pode saír mal está saíndo mal tanto nos partidos como no tema de lesións. Desta volta foi Patri a que non remata un choque que acababa en empate.

Ademais, ooutra derrota para as pontecesanas, a terceira desta tempada para as xogadoras de Barca e Curro, que marcharon do Pavillón cun sabor agridulce xa que, a pesar do abultado resulado, non fixeron un mal partido.

Mentres, o filial do Fisober xa adiantara o seu partido da xornada 9ª á semana pasada, polo que quedan para o seguinte sábado os choques entre Villa de Cee e A Baña, e o Estradense-Concello de Ponteceso para ás 17:00h.

2º División Nacional, xornada 3

  • Resultado: FISOBER F.S.F. - 4 ARCOS LOGROÑO: 4-4.
  • FISOBER: Anabel, Patri, Elsa, Ana e Noelia; tamén xogaron: Raquel, Inés e Olalla.
  • Goles: 1-0 Elsa, 1-1 Amor, 2-1 Inés, 2-2 Ana, (descanso), 2-3 Ana Sesma, 3-3 Raquel, 4-3 Ana, 4-4 Elena.
  • Se no anterior partido debutaba Martina na portería, esta semana tocoulle debutar como títular en Segunda División a outra porteira do filial Anabel. E iso que o partido comezou ben para as locais xa que Elsa no primeiro minuto marcaba o primeiro gol do partido cun balón que se colou pola mesma escadra.

    O Fisober dominaba e as visitantes defendían no seu campo na busca de roubar e saír a contra. Aos tres minutos era Patri a que enviaba un balón o pau. Aos seis minutos despois dunha longa posesión as locais nin recordaban que a xogada comezara na súa porteira e xogaron con ela, co conseguinte libre indirecto que aproveitou Amor para igualar o partido.
    O partido non mudou posesión e control local e as visitantes tentando aproveitar algunha contra. E no minuto nove era Inés a que volvía a poñer en vantaxe as locais.
    Pero a xogada chave do partido foi a dez para o fin desta primeira metade, cando Joanna facía unha forte entrada a Patri lesionándoa no nocello esquerdo, non podendo continuar no partido e a espera da visita o trauma para saber o alcance da lesión. Segunda amarela para a visitante.

    Pero o Fisober entrou en shock pola lesión da compañeira e non foi quen de aproveitar a superioridade, sen apenas crear perigo neses dous minutos. Co paso dos minutos foi voltando a situarse o conxunto local e continuou co dominio, pero unha contra a dous para o fin desta primeira metade unha contra visitante era finalizada por Ana e de novo igualada no electrónico ca que se chegou o tempo de lecer.

    A volta de vestiarios, continuou o partido como se viña disputando na primeira metade e a local Inés tivo dúas grandes oportunidades unha despois dunha xogada de Noelia a que non chegou e a segunda cun lanzamento o pau. Todo empeoraba para as da Costa cando os catro minutos desta segunda metade Noelia vía a segunda amarela por unha protesta. E as visitantes si aproveitaron a superioridade cun gol de Ana Sesma para o dous a tres.

    Tocáballe remar na dificultade as locais. Solo dous minutos despois Raquel aproveitaba unha combinación do equipo para lograr o empate a tres. Dende aquí ata o fin foi un dominio total da posesión polas locais e as visitantes que apenas chegaban nalgunha contra. A posesión e o dominio non era quen de superar a ferrea defensa das rioxanas e cando a superaban aparecía a súa porteira.
    Parecía que o partido remataría con igualada a tres , cando a dous para o fin a capitana local Ana conseguía de gran lanzamento o cuarto gol para as da Costa despois de tanto sufrimento e parecía que a vitoria.
    Pero non era o día e pouco lles durou a ledicia xa que a un e medio para o fin un gran lanzamento da visitante Elena, poñía de novo a igualada no electrónico co cal se chegou o fin do partido.

    Liga Provincial, xornada 7ª

    • Resultado: 5 Coruña FS - Concello de Ponteceso FSF (8-2)
    • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Alba, Ana, Laura e Bea.
    • Goles: Melania (3), Gloria, Raquel, Ana, María Elena, Bea (p.p.) para as locais e Alba e Carla para as visitantes.

    Comezou o rival co dominio do balón, e ós poucos minutos conseguiu adiantarse no marcador, pero as visitantes conseguiron darlle a volta ó marcador poucos minutos despois, primeiro cun tanto de Alba, que bate á porteira tras un bo pase da porteira Salomé, e o segundo, obra de Carla tras unha contra. Tiveron varias ocasións os dous equipos, pero era o 5 Coruña o que empataba o partido e que, 2 minutos antes de chegar ó descanso, volvía a poñer o luminoso ó seu favor.

    A segunda metade comezaba como a primeira, só que co Ponteceso tendo menos ocasións. Pero outra vez eran as locais as que conseguían aumentar aínda máis a súa distancia con dous tantos casi seguidos. Tiveron un par de ocasións as pontecesanas por medio de Martina e Carmen, pero non souberon aproveitalas e a dura defensa das rivais impediu que gozasen dalgunha oportunidade máis.
    Tres goles das coruñesas nos últimos 10 minutos, 2 de tiro de falta, fixeron que o marcador final fose de 8-2 a favor delas. As pontecesanas non marcharon moi contentas nin co resultado, nin coa arbitraxe, pero están concentradas para conseguir os 3 puntos no próximo partido.

    Máis información

    Máis novas

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios