Luns. 04.11.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Dúas vitorias que puideron sen tres

Ligas Galegas: Dúas vitorias que puideron sen tres
O Dumbria consegiu a primeira vitoria na Liga Galega Infantil Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Xa era hora. Ata 5 xornadas tardaron en estrear o taboleiro de vitorias os equipos dumbrieses da División de Honra Cadete e Liga Galega Infantil. Esta semana, tras varias merecéndoo, sumaron 3 puntos fundamentais na casa para irse colocando en zona tranquila da táboa.

Non tivo tanta sorte o XSC da Liga Galega Cadete, que sufría dous erros arbitrais que o deixaban sen puntos.

Imos repasando os partidos cos seus adestradores.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 5

  • Resultado: Dumbría - Areosa (2-0)
  • DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Fabio, Pablo, Raúl, Jose, Ayoze (Adrián, min.41), Marcos, Brandón (Eloy, min.57=, Borja e Luís (Mario, min.65).
  • Goles: 1-0, min.11: Marcos dende 25 metros; 2-0, min.39: Brandón.

Gran partido do Dumbría ante un rival moi complicado, que chegaba situado na 3ª posición da tabla clasificatoria. Unha primeira metade na que o segundo gol local, obra de Brandón tras roubarlle a pelota ó porteiro visitante Pablo, no último segundo da primeira parte, foi clave para o trancurso do partido.

Antes, ós 11 minutos un gran disparo de Marcos desde 25 metros sorprendía ó meta visitante facendo subir o primeiro gol ó marcador. O Areosa só dispuso dunha ocasión nesta primeira parte tras un disparo que marchou por riba do longueiro. Logo do descanso o equipo local buscaría o terceiro tanto que non chegaría a pesar de dispoñer de ocasións claras de gol.

Colleita así a primeira vitoria o equipo de Juan Purrúa e Joaquín Quintáns.

Liga Galega Cadete, xornada 5

  • Resultado: Xallas StComba - Viveiro (1-2)
  • XSC: Ángel, Rubén (Guillín, min.40), Alberto, Pablo, Raúl, Carlos Claro, Juanjo, Juan Lois, Carlinhos, R (Manuel, min.65), Grille (Rubén Sánchez, min.20).
  • Goles: 1-0, min.14: Carlos Claro; 1-1, min.20: penalti inexistente coa expulsión do meta Angel; 1-2, min.81: gol fantasma, tras pegar o balón no larguero e ser despexado polo meta Rubén sobre a liña de meta.
  • Expulsión: o meta Ángel no min.20 nunha xogada moi dubidosa.

Dúas erróneas decisións arbitrales deron ao traste coas posibilidades do Xallas de conseguir o seu primeiro e merecido triunfo na competición, nun partido no que os xalleiros foron moi superiores ao seu rival, sobre todo na segunda metade, e cun xogador menos, pero o balón non quixo entrar na meta visitante, con tres lanzamentos aos paus e tres intervencións do meta do Viveiro que resultaron vitais.

Adiantouse o XSC nun remate de Carlos aproveitando un erro do porteiro, que máis tarde sería o mellor do seu equipo, pero un penalti nunha acción moi confusa, e precedida de fóra de xogo, propiciou a expulsión do meta Angel e o empate inmerecido do Viveiro.

Lonxe de amilanarse, os locais sacaron todo o seu orgullo e a base de intensidade, ritmo e bo xogo puxeron contra as cordo a un Viveiro que vía como unha e outra vez os xalleiros creaban ocasións de gol, pero os paus e o meta visitante encargáronse de abortalas.

Xa co tempo cumprido, unha nova decisión arbitral, nesta ocasión do asistente, outorgaron un segundo gol ao Viveiro cando o balón aínda non traspasara a liña de meta, e deu o inxusto triunfo aos visitantes, deixando aos de Corredoira empatado cos dous últimos clasificados da Liga Galega.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 5

Huelvis e Pablo Conde cos infantis do Dumbria
  • Resultado: Dumbría - Lalín (3-2).
  • DUMBRÍA: Juan (Breo, min.75); Xan (Brais Mtnez, min.60), Sergio, Toni, Samuel; Berto (Sebas, min.55), Brais Fdez, Adrián, Ezequiel (Xulián, min.70), Álex (Hugo, min.55) e Brais Tajes.
  • Goles: 1-0, min.2: Brais Tajes culmina cun sorprendente centro-chut desde a dereita un pase largo de Adrián; 2-0, min.39: Adrián cruza coa dereita diante do porteiro unha boa asistencia de Brsis Tajes. 2-1, min.75; 2-2, min.79; 3-2, min.84: Hugo bate por baixo o porteiro visitante tras un pase de Brais Fernández.

Primeira vitoria dos infantís do Dumbría nun partido de película. E non polo ben que xogaron os de Conde e Huelvis, senón pola incertidumbre, a emoción os cambios de dominio, e, porque non dicilo, polo final feliz para os locais.

Comezou o Dumbría moi intenso, agresivo na recuperación e veloz no ataque. A primeira vez que o mediocampo blanco buscou o seu dianteiro Brais Tajes, atopouse cunha sorprendente e efectiva resolución do dianteiro camariñán. Arrancada en velocidade, e centro- chut desde a banda dereita q sorprendeu polo primeiro pau ó despistado meta do equipo do Deza.

O que nos primeiros 10 minutos era un claro dominio local, foise transformando en pequenas dúbidas defensivas, co consiguinte cambio de inercia no xogo. O Lalín fíxose co control, e comezou a cercar con perigo o marco de Juan, que tivo q intervir con acerto nun par de oportunidades, e que se viu axudado polos postes noutras 2 veces, antes da media hora. Na parte final do primeiro tempo, o Dumbría sacudiuse o dominio visitante, e tras unha boa combinación entre Tajes e Adrián, chegaba o segundo gol xusto antes do descanso. 2-0, no intermedio, e aparente tranquilidade.

Ou non. O segundo tempo comezou con equilibrio e coa sensación q edtsba mais cerca o 3° local que o 1° visitante. Pero non chegou a sentenza dumbrinesa e os nervios por acadar a victoria comezaron a atenazar ós rapaces costeiros. O Lalín encerrou por momentos ós locais, que tiraban contras pero non sentenciaban. Así, a falta de 5 minutos, nun córner o Lalín recurtaba distancias. Máis nervios e mais agobios para os locais, que a cando casi só quedaba o desconto recibian o mazazo do empate. Falta ó borde da área local, á que respondía Breogán cunha gran parada. Cando os xogadores locais celebraban esa acción, no corner conseguinte e tras varios rexeites, o Lalin facía o 2-2.

Só quedaba o desconto, e cando casi os 2 equipos firmaban o empate( o Dumbría coa sensación de perder 2 puntos, e o EF Lalín coa de gañar 1), o elegante centrocampista Brais Fernández recollia un saque de banda préto da área visitante, e tras desfacerse de 2 contrarios, filtraba un sutil pase entre a defensa dezana, que recibía Hugo, que marcaba por baixo ante a desesperada saida do meta visitante. Ahí acabou o encontro. Nin tempo dou para sacar de centro. Entre a desolación do Lalín e a algarabía do Dumbría, chegaban os primeiros puntos para os locais.

Co ánimo de ser xustos, quizais en partidos anteriores os infantís costeiros mereceran mellor sorte en canto a puntos; quizais a mesma que mereceu a EF Lalín o sábado no Conco para repartir o botín da puntuación. Pero esta vez, a fortuna e o acerto de Hugo deixaron os tres ountos na casa.

Crónicas das Ligas Aurtonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios