O Ameixenda reclama a prórroga


Xa analizamos o partido da volta da Final da Fase de Ascenso a 2ª Autonómica que daba lugar á gran festa do Seaia. Unha festa que queda estes días pendentes do Comité de Competición, unha vez que o Ameixenda decidíu presentar alegacións.
Alegacions por non teren xogado a prórroga, unha vez que o colexiado ao comezo do partido aseguraba que de empataren a 1, igual que na ida, habería prórroga e despois penaltis.
Pero, remataron os 90 minutos co empate a 1, e cun Ameixenda que nese momento estaba máis forte que o Seaia (ollo, merecidísimo vencedor nos penaltis e en ningún momento o Ameixenda quere ir contra do equipo malpicán), aparecen os rumores e os teléfonos. Resulta que o día anterior La Voz publicara que non habería penaltis, pero a información baseábase nunha circular que segundo o Ameixenda é “explícita para os partidos da primeira elimiantoria do 23 e 27 de abril”.
Deste xeito, o Ameixenda entende que de non haber unha circular específica con indicacións para a final, o regulamento é o habitual para esta clase de competicións, con prórroga e penaltis.
E aquí, no medio da confusión, apareceron as chamadas por teléfono, e aquí é onde hai que criticar a incompetencia dos colexiados (tamén na semifinal de infantís o árbitro non sabía se podía ou non deixar cambiar un xogador de campo polo porteiro na tanda de penaltis…). Finalmente o colexiado decidiu obviar a prórroga e ir directamente aos penaltis.
Terá que decidir esta semana o Comité que facer, pero o que parece claro é que houbo unha neglixencia no campo, pois os dous equipos contaban ca prórroga, e ambos reservaron forzas, cambios… para os 30 minutos extra que finalmente non houbo, cando o colexiado adiantar ao comezo do partido que si que habería en caso de empate.
Veremos o que acontece no vindeiro parte de sancións, unha vez que neste temos xa a retirada do Sofán da Copa, para centrarse na Fase de Ascenso, e temos a aceptación das alegacións do Cabana por parte do Comité, por aliñación indebida do fisterrán Bruno na vitoria por 1-2 da penúltima xornada. Cambia pois a táboa final da 2ª Autonómica, co Outes ascendendo á 4ª praza, en zona Champions, o Fisterra descendendo á 5ª posición, e o Cabana, cos 3 puntos, finaliza o curso como 9º.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- O Sofán retírase da Copa.
- Copa Xuvenil: O Corme tivo que loitar a finalísima ante un gran Muros e enfrontarase ao potente Dumbría.
- Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa.
- O Sofán xa ten rivais para a Fase de Ascenso á 1ª.
- A gran festa do ascenso do Seaia viviuse en autobús.
- 2ª Autonómica: O Volantes mira cara 3ª.
- 1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns.
- Preferente: O XSC ten pé e medio na 1ª Autonómica.
- Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda.
- Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).