O Calvo Xiria mantense na pelexa pola 2ª praza mentres o Goldie cede o liderato


Viña marcada a xornada pola suspensión do choque da categoría Sénior entre o BM Camariñas Conservas Boya e Teucro.
Os que si xogaron, e sumaron dous puntos importantísimos, foron os do Calvo Xiria, que seguen pelexando pola 2ª praza da 1ª División.
En categoría feminina, o Bm. Encaixe caía ante o Caselas, pero a pesar da boa pelexa das conserveiras non lles servíu para seguir subindo postos.
Tampouco tivo sorte o Goldie Xiria. Foi de menos a máis o equipo carballés nun duelo igualado onde se xogaban o primeiro posto do Grupo diante do Balonmán Cangas. Pero acabou caendo e con esta derrota o Goldie cede a primeira posición ao seu rival, pero terá unha nova oportunidade cando visite as terras do Morrazo.
1ª División Estatal, xornada 16
- Resultado: Bm. Pontevedra - Calvo Xiria (26-29)
- Marcador cada cinco minutos: 2-2, 4-6, 5-8, 7-8, 11-10, 13-13 descanso, 14-15, 14-19, 15-22, 19-25, 22-27, 26-29.
- CALVO XIRIA: Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (2), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (3), Brais Puñal, Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (7), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (6), Sergio Facal (2), Gonzalo Pombo (4), Julián López, Mario García de Seárez.
Acadou a vitoria o Calvo Xiria no partido ante o Bm. Pontevedra disputado este domingo en Pontevedra. Dous puntos que lle permiten seguir na carreira polo ansiado segundo posto, na que están inmersos cinco equipos. O partido comezou ben para os intereses carballeses, que entre a fluidez en ataque que xeraba moi boas situacións de lanzamento e unha defensa que se impoñía ao ataque pontevedrés obtiña unha vantaxe no marcador de catro goles.
Pero unha troco no sistema defensivo local rompeu o ritmo ofensivo do Xiria, e viu coma o seu rival foi quen de se por enriba aproveitando catro minutos de superioridade numérica. Mais o paso polo vestiario serviu para ordenar as ideas e cun parcial de 1-0 o Calvo Xiria rompeu o partido e tivo uns quince minutos finais cómodos, permitíndose baixar o seu ritmo, o que aproveitou o Vitaldent para maquillar o marcador.
1ª División Galega Feminina
- Resultado: Bm Encaixe - Bm Caselas (21-24).
- Marcador cada 5´: 1-1, 3-2, 5-5, 6-8, 7-9, 9-11 descanso 10-14, 12-17, 14-18, 14-20, 16-20 e 21-24.
- BM CAMARIÑAS: Nerea e Miriam (P) Oanes 2, Barreiro 3, Andrea, Carril 6, Vero, Sande, Caamaño, Laura 7, Karina 3, Ogando, Cristina.
- Resultado: Goldie Xiria - Balonmán Cangas (23-24).
- Parcial ao descanso: (11-14).
- Goldie Xiria: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Jessica Posse 6, María Gómez 1, Adriana Gómez 5, Angela Pena, Zeltia Landeira 3, Natalia Solis, Patricia García, Juana Garrochena 6, Lucía Vilariño 2, Tamara Pombo, Sheila Ferreiro e Cris Gende.
- Balonmán: Dous equipos líderes e dous ben colocados.
- De vitorias pola mínima e empates polémicos.
- Case pleno na xornada do balonmán costeiro.
- O Bm. Camariñas levou o derbi co Goldie Xiria.
- O Bm. Camariñas asalto o liderato.
- O Bm pecha con vitoria unha primeira volta espectacular.
- O Bm. Camariñas acariña o liderato e disfruta da Selección.
- Camariñas prepara a súa San Silvestre.
- A Festa do Balonmán encheu Camariñas.
- Porriño deixou tocado aos equipos de balonmán camariñáns.
- O Bm. Camariñas prepara con vitorias o asalto ao liderato.
- As camariñás puideron coas carballesas no derbi do balonmán costeiro.
- Bm: Preparando o derbi feminino.
- Os equipos do Bm. Camariñas seguen medrando.
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria seguen firmes.
- O BM Encaixe celebra con vitoria unha doble convocatoria coa Selección Galega
- Doble vitoria para os camariñáns e doble derrota para os carballeses na xornada de balonmán.
- Camariñas e Carballo comezaron a sentir a emoción do balonmán.
- Os dous equipos do Bm Camariñas arrincan unha nova tempada coa canteira como base.
- A familia Xiria recibe unha Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Españoña de Balonmán.
- O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Balonmán Xiria, Balonmán Camariñas, Goldie Xiria e Bm. Encaixe.
Este sábado recibían as camariñanas o equipo do Caselas, encontro no cal os dous equipos loitaban por subir postos na clasificación. O partido, disputado no anexo do Areal polo mal estado da pista principal, non saíu como están acostumadas as palilleiras, a falta de continuidade e os erros individuais provocaron que o equipo non encontrara a claridade de cara a portería. O equipo non saíu concentrado e non atopou o sitio na cancha o que permitía que o equipo visitante xogase con comodidade. Mesma tónica na segunda parte sen que as do Encaixe atoparan facilidade nos seus ataques deixando o marcador nun 21-24 a favor das visitantes.
Destacar unha vez máis as distintas intervencións da gardameta Nerea e as baixas das dúas gardametas e a de Aida.
1ª División Galega Feminina
No inicio de encontro, o Cangas sorprendeu co xogo cos pivotes, conseguindo goles fáciles e lanzamentos de 7 metros, a vez, o Xiria non daba encontrado con facilidade a portería rival ante o 6:0 con superioridade en altura do equipo visitante. 6 goles tiveron de vantaxe as canguesas nesta primeira parte, ata que o Goldie reestruturou a defensa e imprimiu maior ritmo ao ataque, pechándose este primeiro tempo con 11 a 14.
Os mellores minutos do equipo víronse, coa reincorporada Lucía Vilariño nas filas do Goldie, en posición de avanzada e con resposta no lanzamento de Jessica e Juana no ataque, e permitiron igualar o encontro a 19 goles a falla de 10 minutos para o final. Con todo por decidir, cambiou o criterio arbitral, prexudicando en exceso as carballesas que habían subido o nivel defensivo, o que provocou que o equipo xogase en inferioridade a maior parte final do encontro, pese a elo, o Goldie tivo nas más de Tamara o derradeiro lanzamento para empatar o encontro, que foi detido pola porteira canguesa Lorena.