O Fisober confírmanse como o terceiro mellor equipo ad segunda volta na Liga Autonómica
Importantísima vitoria do Fisober na súa visita a Santiago en partido aprazado da Liga Autnómica fronte a un Funeraria Apostol. Os santiagueses xogábanse o terceiro posto e por conseguinte entrar en Copa. Pero o excelente traballo de todo o equipo de Fran Toba e Iván Chans levounas a un triunfo que as pon no 6º posto da clasificación a falta de unha xornada e cuns números excelentes na segunda volta na que nunha clasificación virtual serían terceiras.
Liga Autonómica
- Resultado: FUNERARIA APOSTOL, 1 – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO, 2
- FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron: Eva, Alba e Olalla.
- Goles: 0-1 Patri, 1-1 Ángela, 1-2 Patri.
O partido comenzaba como se prometía intenso e xa no primeiro minuto as locais conseguían colocar un balón por encima de Ana o cal Antía mandaba o longueiro cando xa superara a porteira visitante Paula. Pero non tardou en respostar Fisober e Patri adiantaba as visitantes polo único oco que lle deixaba a porteira.
Fune apretaba e tentaba pechar a Fisober que saía en perigosas contras e así Barca atopaba un pase a Patri que erraba unha inmellorable ocasión. Todo isto ocorría nos primeiros cinco minutos, conscientes da importancia, o encontro tiña un ritmo frenético. Fune non tardaba en respostar e Teresa probaba a seguridade da porteira visitante Paula.
Seguiron uns minutos algo máis calmados no que Fisober controlou ben as acometidas das locais que parecían tomarse un respiro no seu forte ritmo. Aos dez minutos da primeira metade unha combinación das de Fisober deixou a Ana na área onde recortou a unha rival e o seu tiro que xa se cantaba coma gol foiselle por milímetros. Esta xogada pareceu expolear as locais que nos últimos dez minutos desta primeira metade foron un vendaval de xogo e ocasións no que solo a porteira visitante Paula e a sorte foi quen de contelas.
Así encadeábanse inmellorables ocasións para Mirian primeiro, logo foi Alba quen non foi capaz de batir a Paula, seguía unha ocasión para Montse. A cinco para o final era Belén quen mandaba o balón o pau. Pouco despois era de novo Mirian quen tiña dúas oportunidades de marcar case seguidas.
Cando parecía que o peor do temporal de xogo local pasara e as de Fisober chegarían en vantaxe o intermedio, unha perda de balón en ataque propiciou un contrataque local tres para un que materializou Ángela no 1 a 1 a só catorce segundos do final.
O tempo de lecer axudou a clarexar as cousas as de Fisober para frear o ataque local. Así na segunda metade seguíu a controlar o xogo Fune pero sin a claridade nin o dominio tan aplastante do fin da primeira metade. Fisober pasou os primeiros dez minutos deste periodo sin apenas pasar agobios, pero tamén sin apenas crealos. Foi nese minuto dez cando a goleadora local Ángela puxo novamente a proba a Paula.
Pero todo trocou no minuto catorce desta segunda metade cando Belén non foi quen de adiantar ás locais e na contra Patri encarou a porteira local Nerea e cando xa se lle ía tivo que parar o balón ca man fora do área coa conseguinte expulsión o ser ocasión manifesta de gol.
A xogadora local Alba puxose de porteira. Ante esta circunstancia Fune decidiu xogar con porteira xogadora para tentar levarse o partido cos riscos que isto ocasiona.
Fisober defendeu con solvencia a situación e incluso cando roubaba tentaba sorprender dende lonxe como o fixo Patri a tres para o final.
Pouco despois unha excelente combinación en ataque de Ana, Barca e Patri era culminada por esta última no 1 a 2 cando só quedaban un minuto e vintesete segundos para o final. O Fisober aguantou o resultado ata o final e levouse unha vitoria de prestixio que as encarama a sexta posición, a falta dunha xornada, no seu ano de debut na Liga Autonómica.
Vindeira e última cita
A vindeira semana o Fisober C. Vimianzo recibirá o FC Meigas de Ames ás 20:00 h no Municipal de Vimianzo no que será o último partido da tempada, unha vitoria aseguraría oa 6ª praza.
Máis información
Novas relacionadas
- O Fisober busca rematar a Liga na 6ª praza da Liga Autonómica.
- Os equipos da Costa pechan a Liga Provincial con bo sabor de boca.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
- Os vimianceses do Dist. Barral álzanse coa Liga de FS de Cee.
- A final entre Casadas e Solteiras si que tivo tirón en Vimianzo.
Xornadas anteriores
- O Fisober enche o pavillón pero o fútbol sala ponse de luto.
- O Fisober de Liga Autonómica dá a cara en Vedra.
- O Ponteceso FSF non pode co Viaxes Amarelle B.
- O Viaxes Amarelle B tamén pode co Fisober.
- Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF.
Novas relacionadas
- Carta aberta do Fisober: “Compañerismo, solidariedade, fútbol, Costa da Morte. Non acabaremos nunca”.
- A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC.
- As Ligas Escolares de Fútbol Base xa en QPC.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.