O Fisober pecha a súa primeira tempada na Liga Autonómica nun meritorio 6º posto
Botouse o peche en Vimianzo á tempada de debut en Liga Autonómica do Fisober Concello de Vimianzo. Unha tempada excelente e cunha segunda volta para enmarcar onde só caeron ante os dous primeiros clasificados e competíndolles o partido ata o último segundo.
Poñen así as de Fran Toba e Iván Chans fin á primeira tempada na categoría cun increíble 6º posto.
Liga Autonómica
- Resultado: FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO, 3 - MEIGAS , 3.
- FISOBER C. VIMIANZO: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron: Olalla, Noelia e Myrella.
- Goles: 1-0 Elsa, 1-1 Sonia, 2-1 Patri, 2-2 Cova, 2-3 Cova, 3-3 Barca.
O comenzo do partido foi intenso para Fisober xa que no primeiro minuto Ana a piques estaba de marcar e solo uns segundos despois aínda dentro dese primeiro minuto unha xogada entre Ana e Patri remataba Elsa co 1 a 0.
Pero esto non foi máis ca un espellismo, xa que o partido voltouse moi trabado e de moito ida e volta pero sin ocasións claras. As de Fisober non se atopaban cómodas na pista ante un rival que sempre lle poñe as cousas moi difíciles e que é como unha pequena “besta negra”.
Os minutos pasaban e as ocasións non chegaban, atá que no minuto 11 da primeira metade era a visitante Clara a que igualaba o partido. Esto parece que espoleou un pouco os dous equipos e que aumentou o ritmo deste último partido da tempada. Un gol o que quixo respostar Barca solo un minuto despois pero non foi quen de atopar o gol.
Os minutos pasaban e a igualada continuaba. As visitantes non afroxaban pero a cinco para o final de novo Barca tivo a ocasión para adiantar as súas ,eso si pouco despois a capitana visitante Clara enviaba o balón o pau. Fisober non conforme co resultado aproveitou unha contra a trinta segundos do fin deste periodo e a combinación entre Ana e Barca tiña a Patri como goleadora a porta vacía, poñendo o 2 a 1 antes de chegar o descanso.
A segunda metade comenzou cos mesmos signos ca primeira, unha ocasión case de comenzo para a local Olalla e deseguido moitos minutos de ida e volta pero sin claridade de cara a porta por ningún dos dous equipos. Os minutos pasaban e a tempada chegaba o seu fin cando no minuto sete desta segunda metade a local Patri se atopaba co pau da portería defendida por Fany. Unha ocasión que podía poñer un tranquilizador tres a un.
As visitantes non se rendían e Cova tentou batir a Paula. Pero o ritmo do partido cambiou de cara os últimos seis minutos, sabedores que a tempada chagaba o seu fin, parece que os dous equipos se decidiron a deixalo todo na pista e mostraron uns últimos minutos cheos de empuxe, intensidade e goles.
Uns últimos minutos nos que as visitantes de Meigas quixeron dar primeiro cunha ocasión de Cova que se mostrou como a máis perigosa xogadora das visitantes nestes minutos. E aínda cos susto no corpo das de Fisober a mesma Cova conseguía empatar o partido a solo cinco minutos do fin.
Fisober non quería rematar o ano cunha igualada e lanzouse a polo partido e así Barca gozaba de dúas boas ocasións con solo un minuto de diferenza a catro e tres para o final respectivamente.
Aínda que as visitantes tampouco dixeran a última palabra e foi de novo Cova quen nunha contra definiu perfectamente e puxo un 2 a 3 que case parecía definitivo a dous minutos e cincuenta segundos para o final.
Fisober non quería rematar a tempada con derrota na casa e seguiu tentando atá o final e atopouno a trinta segundos para o final cando Barca conseguía o empate. Aínda tivo a última cando un roubo de Ana propiciou unha xogada a que non chegou Barca no último segundo.
Máis información
Novas relacionadas
- En marcha a Liga de verán de Fútbol Sala de Muxía.
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
- Os vimianceses do Dist. Barral álzanse coa Liga de FS de Cee.
- A final entre Casadas e Solteiras si que tivo tirón en Vimianzo.
Xornadas anteriores
- O Fisober confírmanse como o terceiro mellor equipo ad segunda volta na Liga Autonómica.
- O Fisober busca rematar a Liga na 6ª praza da Liga Autonómica.
- Os equipos da Costa pechan a Liga Provincial con bo sabor de boca.
- O Fisober enche o pavillón pero o fútbol sala ponse de luto.
- O Fisober de Liga Autonómica dá a cara en Vedra.
- O Ponteceso FSF non pode co Viaxes Amarelle B.
- O Viaxes Amarelle B tamén pode co Fisober.
- Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF.
Novas relacionadas
- Carta aberta do Fisober: “Compañerismo, solidariedade, fútbol, Costa da Morte. Non acabaremos nunca”.
- A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC.
- As Ligas Escolares de Fútbol Base xa en QPC.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.