Domingo. 12.05.2024
El tiempo

O Máis Deporte levou a Copa Maratón da Liga de FS de Cee

O Máis Deporte levou a Copa Maratón da Liga de FS de Cee
O Mais Deporte campion da Copa Maraton de FS de Cee

Non facía apenas unha semana que remataba a Liga de FS de Cee co título para os fisterráns da Cantina. Pero o pavillón ceense volveu encherse de vida para acoller a XXVIII Edición Copa Maratón Fútbol Sala Sénior de Cee.

E gran acollida durante toda a fin de semana para ver a gran festa do FS da comarca fisterrá. Dende o sábado ás 15:00h ata o domingo 21:30, que tivo lugar a finalísima, 19 partidos se disputaron, con especial atención, por suposto, á gran final, que despertou gran interese (300 persoas paroxim-) e que foi moi disputado.

As dúas semifinais foron de infarto, e ambas se decidiron na tanda de penaltis dando conta a igualdadade dos equipos. Metéranse na finalísima o Montaxes Quintaplast despois de superar ao Est. Raquel (o equipo muxián tivo a liga tamén na man moitas xornadas); e o Máis Deporte-Xardín, que vencía ao campión do curso, os fisterráns da Cantina.

Foron finalmente os amigos ceenses do Máis Deporte, que apostan ademais por patrocinar o fútbol costeiro, os que vencían ao cadro formado por xente da Pereiriña e Cee. O Máis Deporte sentenciou nos últimos 10 minutos da 2ª metade, cando marcou as distancia levándose o trofeo de campión.

O Montaxes Quintaplast 2 da Copa Maraton de FS de Cee 2015 Arbitros e organizadores da Copa Maraton de Cee XXVIII Maraton-Copa FSala Cee 2015

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios