O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela
Este pasado sábado, a familia Anorthosis facía de anfitriona na organización do "VIII Torneo amistoso Ponciano Neto”, denominado tamén este ano Memorial Ramón Varela, en memoria do xogador, adestrador e amigo da familia, recientemente falecido. De feito, estiveron presentes a viuda e fillos de Ramón Varela, que fixeron compañía aos xogadores coa súa presenza durante toda a xornada.
Un torneo deses que “fomentan o bo rollo e o compañerismo neste belo deporte”, como recoñecen os responsables dos equipos participantes, que louban a impecable organización do “mestre de cerimonias” Stevo Lema. “Tendes oro aí con el”, din do bravo “pater familias” zaense.
Ao torneo asistiron xogadores dalgúns clubs, entre eles, Cambre, HÍpica, Lalín, Breogán-Oleiros e o propio Anorthosis Vimianzo.
Moito tenis de mesa pero tamén paróns gastronómicos para recuperar forzas a base de tortilla, chorizos (non políticos), empanada e bebidas. Todos loubaron o labor dos cociñeiros!
Pesaba a atoritlla e a cerveza perto tocaba seguir adiante co torneo. O gañador e tricampeón consecutivo do torneo foi Javi Canzobre, do Breogán Oleiros, que volvendo dunha lesión venceu a Edgar, do Cambre T.M., nun magnífico encontro xogado por ambos xogadores. O 3º e 4º posto disputárono Dani Sánchez e Indalecio do Cambre T.M., conseguindo Indalecio o terceiro posto e Dani o cuarto, o quinto posto foi para Manuel do Lalín T.M. O primeiro posto da outra liga conseguiuno Curro Monroy.
A entrega de trofeos tivo o seu momento emotivo coa entrega dun recordo conmemorativo á viuda e fillos de Ramón Varela, do cal todos se lembraron. Todos os xogadores e xogadoras recibiron o seu recordo por participar.
Clasficación
- 1º.- Javi Canzobre do Breogán Oleiros.
- 2º.- Edgar Ramos Prata do Cambre TM.
- 3º.- Indalecio Vázquez do Cambre TM.
- 4º.- Dani Sánchez do Breogán Oleiros.
- 5º.- Manuel Fernández do CTM Lalín.
- 6º.- Roi Martínez do Anorthosis Vimianzo.
- 7º.- Gonzalo Martínez do Anorthosis Vimianzo.
Miguel Rey do Anorthosis Vimianzo. - 9º.- Francisco Monroy do Hípica Coruña.
- 10º.- Breogán Soto do CTM Lalín.
- 11º.- José Luis López do Breogán Oleiros.
Juan Pardiñas do Hípica Coruña. - 13º.- Samuel Alvite do Cambre TM.
Pontigo do Breogán Oleiros.
Raúll Alvite do Cambre TM.
Inmaculada Mora do Breogán Oleiros. - 17º.- Sergio Sanchez do Cambre TM.
- 18º.-Ramón Casas do Breogán Oleiros.
- 19º.- Alberto Méndez do CTM Lalín.
José Sánchez do Hípica Coruña. - 21º.- José Ramón Delgado do CTM Lalín.
Fernando Losada do Breogán Oleiros.
Torneo Infantil
Tamén organizaron un torneo infantil do que a gañadora, Miriam Domínguez, será xogadora do Anorthosis Vimianzo para a próxima temporada, para xogar na 1ª División Nacional femenina, xunto ás pequenas Ana e Laura. Esta foi a clasificación:
- 1ª.- Miriam Domínguez do Dubratambre .
- 2ª.- Ana García do Anorthosis Vimianzo.
- 3ª.- Laura Quintáns do Anorthosis Vimianzo.
- 4º.- Manuel Costa do Anorthosis Vimianzo.
- 5º .- Javi de Mazaricos.
- 6º.- Brais Blanco do Anorthosis Vimianzo.
- 7º.- Joel Quintáns do Anorthosis Vimianzo.
- 8º.- José Angel de Mazaricos.
- 9º.- Raúl López do Anorthosis Vimianzo.
- 10º.- Martín de Mazaricos.
Crónicas da temporada
- Un título e moi boas sensación nos Provinciais para a familia Anorthosis.
- As rapazas do Aluminios Xeal conseguen o ascenso á 1ª División Nacional.
- O Anorthosis remata unha gran temporada á espera de coñecer os postos de ascenso.
- As pequenas do Aluminios Xeal salvan unha xornada de luto da familia Anorthosis.
- A caravana do tenis de mesa soneirán parou en Vimianzo.
- O Anorthosis aférrase á loita polo ascenso.
- As rapazas do Aluminios Xeal lideran a 2ª Nacional de tenis de mesa.
- O Anorthosis déixase o liderato en Oleiros.
- O Anorthosis volve a tomar o mando.
- Centos de rapaces fixeron do tenis de mesa unha festa en Zas.
- O Anorthosis tropezou.
- O Anorthosis retoma o camiño do ascenso.
- Un tropezo que non impide soñar co ascenso do Anorthosis.
- O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional.
- Zas foi o centro do tenis de mesa provincial.
- Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá.
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.