Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O Viaxes Amarelle B tamén pode co Fisober

O Viaxes Amarelle B tamén pode co Fisober

Se a semana pasada machacaban ao Ponteceso FSF, esta semana as xalleiras do Viaxes Amarelle B superaban, non sen sufrimento, ás vimiancesas do Fisober B. Era o encontro da xornada na Liga Provincial, e as laranxas puideron coas rapazas de Fran Toba e Iván Chans, nun encontro moi igualado e vibrante..

Tiña doble cita o Fisober xa que o domingo enfrontábanse ao Boqueixón, e sen facer un bo partido as vimiancesas gañaron por 3-2.

Pola súa banda o Concello de Ponteceso F.S.F recibía ao C.F.S.F O Pino no Pavillón Municipal de Corme. Malia boa primeira metade, cun bo prantexamento defensivo de Barca, o resultado final foi de 0-4 a favor do equipo visitante.
Ademais, A Salina Xuventude de Esteiro caía 4-1 ante o Fervenza.

Así, O Viaxes Amarelle B segue 2ª a 1 punto do Sada; o Fisober mantese 7º pero moi lonxe do 6º clasficado; A Salina está 9ª a 4 puntos das vimiancesas; mentres que o Ponteceso continúa de penúltimo con 12 puntos.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO, 1 - VIAXES AMARELLE “B”, 2.
  • FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, Andrea, Noelia e Myrella ; tamén xogaron: Lara e María.
  • V. AMARELLE “B” : Leticia, Alba, Laura Paz, María e Laura Mosquera ; tamén xogaron Regina e Anita.
  • Goles:1-0 Noelia, 1-1 María, 1-2 María.

Partido entre filiais e derbi de proximidade moi disputado e emocionante. Comenzou o partido de poder a poder, con dous equipos que se mostraron respeto. Así nos primeiros minutos foi un toma e daca pero sen ocasións claras para ningún dos dous equipos. Eso si as de Fisober non pasaban apuros e tentaban aproveitar algo en ataque, pero sin excesivo perigo para Leticia. Mostraban a súa mellor imaxe da tempada, tuteando as de Amarelle, moi serias en todo o campo.
Xa ía boa parte desta primeira metade cando a visitante María na mellor ocasión das súas mandaba o balón o pau. Seguiron co seu bo xogo as de Fisober na súa dura loita co Amarelle.

Así a seis minutos para o final da primeira metade Noelia collía un balón por banda esquerda e cruzaba ante Leticia conseguindo poñer en vantaxe as locais. Ledicia local e control de partido.
Pero . Cando faltaban dous minutos e medio para o fin da primeira metade a visitante María aproveitaba un erro defensivo do Fisober e igualaba o marcador. E solo un minuto despois unha xogada de mala sorte aproveitaba de novo María para poñer o 1-2 e as visitantes en vantaxe. Parecía incrible pero Amarelle chegaba o descanso por diante.

Parecía que esta segunda metade ía ser aínda máis vibrante e así o foi. Dominio de Fisober e contras de Amarelle, que de novo ca bigoleadora María poñía en grandes complicacións a porteira de Fisober Eva. Convertiase a segunda metade nun ida e volta pero con ocasións preferentemente para as locais a pesares de que Amarelle aviasaba con perigo.

Chegabase así a uns últimos seis minutos cun ataque case continuo de Fisober só parado con algunha contra de Amarelle. Así un lanzamento de esquina de Myrella paseouse por toda a liña de gol sen que a local María chegara para empurrala por milímetros. A tres para o final de novo Noelia topaba ca visitante Leticia. E dous tiros lonxanos de Ylenia tampouco atopaban o premio do gol.
Desperación local despois de tanta e tan clara ocasión que non quería entrar. E aínda tiña o destino unha doble ocasión local para Noelia pero a porteira visitante Leticia foi un muro infranqueable.

Liga Pronvincial

  • Resultado: FISOBER “B” CONCELLO DE VIMIANZO, 3- BOQUEIXÓN, 2.
  • FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Noelia e Myrella; tamén xogaron : Andrea, Patri e Ana.
  • Goles: 0-1 Paula, 1-1 Ylenia, 1-2 Paula, 2-2 Ylenia, 3-2 Ana.

Xogabase o domingo o segundo partido do fin de semana para o filial do Fisober un encontro aprazado no seu día fronte a Boqueixón. E no día que menos o mereceron voltaron a senda da victoria. Voltaron as andadas despois do gran partido do día anterior fronte o Amarelle B . Quizais foi o cansanzo, ou que o rival as superou en colocación sobre a pista, ou o xogar na pouco habitual pista de Baiñas o certo foi que non se atoparon cómodas.

E por encima principiaron co resultado na súa contra, xa que a visitante Paula aproveitou un roubo de balón e poñía as súas por diante no primeiro minuto sobre a pista. Comenzaban os nervos para o filial que non sabía como botarlle a man o Boqueixón. Aos 5 minutos un dereitazo de Ylenia devolvía a igualada o electrónico. Pero o xogo local non melloraba demasiado nervosas parecían.

De novo a visitante Paula atopaba un oco na defensa local e voltaba a poner o Boqueixón por diante e de novo os nervos nas locais. Ata o punto que os adestradores do Fisober se virón obrigados a pedir un tempo morto, pero as cousas seguían sen mellorar.

Tivo que ser de novo Ylenia con outro dereitazo a que rescatara as súas e voltara a igualar o tanteador. Domiñaba o filial pero sen moito sentido nen moita claridade. Eso si nos últimos segundos desta primeira metade de novo Noelia non era quen de superar a porteira visitante Rocío, chegandose ca igualada o descanso.

A segunda metade comenzaba cunha nova ocasión da local Noelia a que respondía case acto seguido a bigoleadora visitante Paula. Parecía máis tolo este periodo porque a tamén bigoleadora local Ylenia probaba a porteira visitante. Pero logo destes primeiros minutos de ida e volta o partido voltou a ser como na primeira metade. A boa colocación visitante era un muro infranqueable para as de Fisober e aínda por encima unha xogada das do Boqueixón levaba o balón o longueiro, amedentrando as locais.

O partido parecía abocado o empate cando a sete para o final Ana atopouse cun balón na area e despois de levarse o balón a base de rexeites desfacía a igualada.
Dende aquí ata o final empuxe do Boqueixón, que incluso xogou os últimos catro minutos con porteira-xogadora pechando o Fisober na súa area pero a sorte este domingo acompañounas e conseguiron a victoria despois de moito sufrimento.

Liga Provincial

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF, 0 - O Pino, 4
  • CONCELLO DE PONTECESO F.S.F.- Salomé, Silvia, Cris Santos, Mónica e Martina (cinco inicial). Tamén xogaron, Chris, Paula e Carmen.
  • Goles: 0-1 (min. 29); 0-2 (min. 33); 0-3 (min. 35); 0-4 (min. 49)

Partido moi trabado o visto na tarde noite do sábado no Municipal de Corme. O Ponteceso, como ven sendo costumbre nas últimas xornadas, mantén a plaga de lesións e problemas de varias xogadoras para poder xogar. O que fixo que en este partido se desplazaran 6 xogadoras de campo, das cales Martina xogou lesionada e Carmen e Chris xogaron levando máis de un mes sen entrenar polo falecemento dun familiar.

Con esta panorama, o equipo Pontecesán saíu ó campo coa premisa fundamental de defender forte e saír ó contragolpe cando tuvera ocasión, e así transcurríu toda a primeira parte, ademáis das lesións xa existentes, Martina, nos primeiros minutos do partido, recae nuinha lesión muscular e o equipo Pontecesán queda sen cambios.
O Pino intentaba una e outra vez perforar á defensa Pontecesán, pero unas veces as xogadoras de campo e outras o bó facer de Salomé, fixeron que se chegara ó descanso co empate a cero no marcador.

Nesta parte foi moi protestado polos dous equipos o colexiado, posto que sempre se equivocaba nas decisións. E como él dixo “aínda que me dé cuenta que me he equivocado, lo pitado, pitado está y no se puede cambiar”.

Con este panorama comenzaba a segunda parte de igual maneira que rematou a primeira, as santiaguesas levaban ó peso do partido e as Pontecesáns defendíanse con orde e bastante estáticas para aguantar sen cambios o resto do partido.

Foi no minuto 4 deste segundo tempo, cando as santiaguesas se adiantarían no marcador, foi nunha boa xogada colectiva de o Pino, axudada por una fallo na marcaxe da cierre local, que fixo que Cecilia, encarara a Salomé e subirá o primeiro da tarde ó marcador.
Non se viñeron a baixo as xogadoras de Barca e Curro, e nos seguintes minutos, subiron líneas e tuveron tres boas ocasións para marcar, dúas en xogadas ensaiadas de córner e saque de banda, e a outra nunha boas acción de Carmen e Chris que reaparecían despois de ausentarse nos últimos 4 partidos.

Cando mellor estaban xogando ás Pontecesáns, chegaría a xogada polémica da partido. Xogada típica da pívot visitante, pugnando coa cierre pontecesán de espaldas a portería no borde da área, intenta girarse para chutar a portería e o balón váiselle pola línea de fondo, a xogadora marcha correndo para o seu campo para facer o repliegue defensivo, e despois de pitar varias veces o árbitro o que todos pensamos que é saque de meta, cando ámbolos equipos, nos damos conta de que o que pita é penalti, ante o asombro de locais, visitantes e público. Salomé, noutra boa intervención, pararía o tiro de penalti pero Laura marcaría no rechace ó segundo da tarde.
Dous minutos despois, e pola pérdida de concentración das locais por todas estas acción, chegaría o terceiro das santiaguesas. A partir de aí, as locais foron descaradamente ó ataque pero aínda que tuveron varias ocasión, non foron quen de marcar.

Vindeira cita

Liga Autonómica

  • F.S.F. Mesón Río Ulla - Fisober F.S.F.: 26/03/2011 ás 18:30h no Municipal de Vedra.

Liga Provincial

  • C.F.S.F. O Pino - Fisober F.S.F. "B": 26/03/2011 ás 20:00h no Pabellon C.P.I. O Pino .
  • Sobrado Xuv. Pan. Vázquez - Concello de Ponteceso.
  • Viaxes Amarelle F.S. - Manureva Tall. Mundo.
  • Salina Xuventude F.S.F. - Boqueixón F.S.: 26/03/2011 ás 19:00h no Pabellon Jose Lago.

Novas relacionadas

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios