Última xornada do 2014, pero non o último suspiro do Fútbol costeiro, pois saben que o martes 30 a Selección da Costa xogará contra o Coruxo nun Partido Benéfico artellado por QPC. Desto daremos conta mañá nunha presentación oficial ás 19.00h no Museo Terra do Xallas.
Pero polo de pronto, toca analizar como quedan as cousas despois desta última xornada. E comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, na que os nosos pechano ano demostrando a súa irregularidade. O Dumbría volvía case na súa visita ao Escairón, un dos da zona baixa, e deixa escapar o grupo da Promoción, que agora lle queda a 5 puntos. Pola contra, o XSC recuperaba a senda da vitoria na casa ante a Sarriana, outro en descenso, e se coloca a só un punto dos dumbrieses.
Rematamos o ano con líder costeiro na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. O Sofán sumaba a súa 9º vitoria, de 9 partidos, no Carral, e finaliza o ano de líder destacado, con 38 puntos, con 6 de vantaxe sobre o Puebla. Un éxito total dando conta de que o cadro carballés estrea categoría.
Ademais, era unha xornada especial pois se disputaba o era o partido 1500 da historia do C.D. Baio, pero a tarde non foi boa no Platas Reinoso. O cadro de Félix caía 0-4 ante un rival directo, o Unión, que queda a só 1 puntos dos baieses, deixando o liderato xa a 10.
A xornada tiña derbi costeiro, e o Soneira deu a relativa sorpresa no Cairo, ante un Cairo que parecía remontar posicións nas últimas xornadas.
O Malpica pecha o curso cun empate sen goles na casa ante o Cordeiro, mentres a Esteirana comerá as uvas en descenso, despois de caer ante o Agolada. 6 puntos son os que separan aos de Pedrosa da salvación.
A última xornada do ano deixou, na 2ª Autonómica - ES Bazarra, a segunda derrota do líder, o San Lorenzo, e tivo que ser no sempre complicado campo como o de Xaviña de Buño. Un cadro malpicán que queda na 5ª praza a 9 do liderato, mentres polo medio quedan o Castriz, que se aúpa á 2ª praza tras vencer en Carnota e aproveitar o empate do Zas en Ponteceso; emailo Outes, que vencía ao Seaia e queda a só 8 do San Lorenzo. Pecha a zona alta o Volantes, que vencía de novo ao Porteño e queda a 10 puntos.
Na zona baixa, Montelouro e Camelle necesitan un cambio de cara ao ano novo, pois non dan sinais de vida. E de feito, o Montelouro xa destituiu a Jurjo e anda na procura dun novo adestrador. O Camariñas daba conta do cadro loureán e podía respirar un pouco, deixando agora ao Carnota como equipo que marca a salvación. con 6 de vantaxe sobre os camelláns e 7 sobre os de Louro.
Xa na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, pendentes do Cerqueda-Coristanco que se disputa ás 20:00h, o Ameixenda deixou escapar dous puntos e pecha o ano no seu peor momento, despois da primeira derrota colleitada a semana pasada. Os de Manolín quedan a só 4 puntos do Corcubión, que non fallaba ante o Castrelo. Ademais, o Lira reponse da inxusta sanción que sufría a semana pasada e vencía en Nantón por 3-4.
Quedan só 2 xornadas para o remate das Ligas Xuvenís e a cousa aínda ten emoción. CO Dumbría ao seu na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, a pelexa parece que vai estar entre a Esteirana e Os Miúdos pola 3ª praza que dá acceso á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. I é que o XSC non fallou en Arliña, e ten 3 puntos sobre os muradáns, que vencían en Corcubión, e 5 sobre a Esteirana, que non pasaba do empate en Outes. Veremos quen falla menos.
Xa polo Norte, o Camariñas daba o salto ao liderato vencendo nas Redondas, nun partido marcado pola pronta expulsión do meta cabanés. Ambos conxuntos, en todo caso, xa están clasificados para a Liguilla. A loita agora está entre Porteño e Corme, e pode que o Zas. O Porteño caía en Ponteceso, e o Corme vencía en Malpica, quedando agora a só 3 puntos dos da Ponte, e cun Corme-Porteño na última xornada que pode ser de infarto. O Zas está a 4 do Porteño así que aínda ten opcións.
Nas Ligas Autonómicas, non puido ser peor a última xornada do ano, con triple derrota, e algunha das duras.
Mentres, nas Ligas Locais, o Corme pecha o ano coa maior vantaxe no alto da 1ª Cadete, despois de vencer en Baio, e aproveitar o tropezo do Cabana en Ponteceso. Mentres, na 1ª Infantil é o XSC o que pecha o ano no máis alto.
E nos peques, o Outes pecha o ano de líder na F8 Alevín Costa Sur e na F8 Benxamín Costa Sur. Complicada foi a vitoria do cadro da Serra onte ante o Sofán, como vemos neste fantástico vídeo de Lúis González.
E xa nos Veteranos, había un choque fantástico no alto da 1ª División para pechar o ano. E o Coristanco demostrou por que é o actual campión, e venceu de goleada ao líder, o Hosgran, que aínda así remata de líder, con 4 puntos sobre os coristanqueses. o Dumbría non aproveitou o resultado ao empatar en casa co Xuv. Bergantiños.
Mentres, na 2ª División, Agualada, Porteño, Erbecedo e San Isidro-Razo acabaron con vitorias e manteñen a loita polo ascenso.
Escairón | 2-1 | Dumbría |
Xallas StComba | 4-0 | Sarriana |
Sofán | 3-1 | Silleda |
Baio | 0-4 | Unión |
Corme | 1-2 | Soneira |
Malpica | 0-0 | Cordeiro |
Agolada | 3-0 | Esteirana |
Volantes | 3-1 | Porteño |
Fisterra | 6-1 | Camelle |
Ponteceso | 0-0 | Zas |
Mazaricos | 0-1 | Cee |
Camariñas | 4-1 | Montelouro |
Carnota | 1-2 | Castriz |
Buño | 1-0 | San Lorenzo |
Outes | 3-1 | Seaia |
Baíñas | 3-2 | Cabana |
Ameixenda | 1-1 | Muxía |
Castrelo | 0-4 | Corcubión |
Nantón | 3-4 | Lira |
Cerqueda | 1-0 | Coristanco |
Corcubión | 2-5 | Os Miudos |
Fisterra | 2-5 | Dumbría |
Castriz | 0-3 | Cee |
Muxía | 1-3 | Xallas StComba |
Outes | 0-0 | Esteirana |
Coristanco | 1-3 | Laxe |
Cabana | 0-4 | Camariñas |
Baio | 0-4 | Zas |
Malpica | 0-4 | Corme |
Ponteceso | 5-1 | Porteño |
Atl. Arteixo | 3-0 | Xallas StComba |
Racing Ferrol | 8-0 | Dumbría |
Fisterra | 0-5 | Cee |
Outes | 0-3 | As Baleas |
Ponteceso | 2-1 | Cabana |
Esteirana | 4-2 | Muxía |
Baio | 0-8 | Corme |
Coristanco | 2-1 | Sofán |
Corme | 8-1 | Ponteceso |
Cabana | 1-0 | Os Miudos |
Cee | 0-1 | Xallas StComba |
Sofán | 3-2 | Vimianzo |
Esteirana | 2-0 | Coristanco |
Outes | 4-1 | Zas |
Dumbría B | 5-3 | Dumbría |
Esteirana B | 0-7 | Cee A |
As Baleas | 1-2 | XSC A |
Esteirana A | 14-0 | Cee B |
Outes A | 3-2 | Sofán |
Lira | 1-11 | Fisterra |
Os Miúdos A | 4-5 | Os Miúdos B |
Outes | 3-2 | Sofán |
XSC B | 9-0 | Cee |
As Baleas | 3-6 | XSC A |
Esteirana | 2-3 | Cee B |
Os Miúdos A | 13-1 | Os Miúdos B |
Lira | 4-16 | Fisterra |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 15
At. Milagrosa | 4-3 | Soneira |
Laxe | 2-1 | Ponteceso |
Dumbría | 2-2 | Xv. Bergantiños |
Hosgran | 3-6 | Coristanco |
Cabana | 3-1 | Castriz |
San Román | 1-0 | Bértoa |
Baio | 0-7 | Zas |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 15
Malpica | 2-2 | Leiloio |
Poniente | 0-5 | Porteño |
Cerqueda | 1-3 | Agualada |
Sofán | 3-1 | Buño |
Camariñas | 0-2 | San Isidro-Razo |
Corcoesto | 3-5 | Erbecedo |
Dep. Carballo | 1-3 | Vimianzo |
Novas relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).