Luns. 06.05.2024
El tiempo

Pleno de derrotas para as familias conserveiras do balonmán costeiro

Pleno de derrotas para as familias conserveiras do balonmán costeiro

Mal partido, pero o Balonmán Camariñas conseguía unha cara vitoria ante o Novás, nun choque nos que os conserveiros perderon outro efectivo, e as baixas xa comezan a ser un problema.

Na 1ª Estatal, caía derrotado o Calvo Xiria na visita que rendeu ao Cisne na tarde do sábado, o marcador final de 31 a 25 rompe a racha de vitoria na que estaba inmerso o Calvo Xiria dende a terceira xornada da segunda volta. Este resultado engadido á vitoria do Seis do Nadal deixa a táboa clasificatoria moi aberta na loita pola segunda posición, pero con vantaxe para os carballeses que terán que loitar moito nas derradeiras catro xornadas para manterse nela.

Mentres, na 1ª División Autonómica Feminina, as de Porriño chegaron a Camariñas con moitas baixas e as conserveiras non souberon aproveitar esa circustancia para levarse os dous puntos, os nervios, as malas decisións e a pérdida de balóns foi a tónica predominante durante todo o partido.
O Goldie Xiria, pola súaparte, aguantou os primeiros 20 minutos, pero acabou goleado polo Lavadores.

1ª División Autonómica, xornada 17

  • Resultado: At. Novás - Bm. Camariñas (33-34)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Fary (9), Eusebio (1), Jaime (1), Checho (1), Ángel (2), Fabio, Borja (10), Catalán (5), Xabi (3), Damián, Antelo (2).

Un mal partido de todos, do Atl Novás, do Camariñas, dos árbitros, pero ao final a vitoria sorriu aos da Costa da Morte, aínda que sempre foron merecedores dela, xa que prácticamente todo o partido foron por diante no marcador.

O xogador camariñán Xabier Canosa tivo que ser retirado do campo no minuto 25 por unha lesión na súa perna dereita. Sensible baixa que unida á de Perón por sanción e á de Diego Alonso lesionado a pasada semana deixa a Camariñas en cadro e sen tres xogadores versátiles que posiblemente non se poderá contar con eles no que resta de tempada.

O vindeiro sábado ás 20:30 o Bm. Camariñas xoga o partido no pabellón O Areal de Camariñas contra o 6 do Nadal-Coia de Vigo.

1ª División Estatal, xornada 22

  • Resultado: CISNE BM - CALVO XIRIA (31-25).
  • Marcador: 3-1, 7-4, 9-6, 10-8, 13-10, 15-13 (descanso); 17-15, 19-17, 21-19, 25-20, 28-22, 31-25.
  • CALVO XIRIA: Iago [p], Ramón (2), Manuel (1) , Sergio (3), Chimpo (7), Gonzalo, Javier (2)- equipo inicial- Zúpez [p], Iván , Gonzalo, Calvete (1), Martín (7), Brais (2), Rubén.

O conxunto verdibranco non entrou no partido ata pasados dez minutos, as diferenzas eran xa de catro goles cando solicitou tempo morto para tratar de axustar a súa defensa e incrementar a continuidade do seu ataque. Con accións individuais rompeu a dinámica do partido e foi achegándose no electrónico. Pouco a pouco o sistema defensivo foi crecendo e a dinámica ofensiva mellorou. Faltou neses intres a paciencia necesaria para dar definitivamente a volta ao encontro. Mais se chegou ao tempo de lecer cun partido aberto e con opcións para os dous equipos e cunha desvantaxe salvable e moi positiva para como tiña comezado o encontro.

O segundo tempo foi de maior control defensivo, o ritmo era favorable aos visitantes e deste xeito chegábase ao minuto 47 de partido cun resultado de 21 a 20 e co Xiria crecendo.
Semellaba que os carballeses tiñan todas as opcións de acadar o control do partido fallou no que é a súa mellor arma, o contraataque. Cinco perdas de balón consecutivas foron unha lousa da que xa non se puido desfacer o conxunto carballés. Tirou neses intres de veteranía Dasilva acaparando o xogo de ataque dos seus e rompendo definitivamente o encontro. Os derradeiros minutos so serviron para que os pontevedreses fixeran crecer o marcador ao seu favor.

A vindeira xornada o Calvo Xiria enfróntase ao Bm Pontevedra, equipo ante o que se deixou un punto na primeira volta e no que so vale a vitoria. Agardamos que os seareiros carballeses animen aos seus dende o inicio, xa que será un factor de seguro desequilibrante.

1ª División Autonómica Feminina, xornada 23

  • Resultado: Bm. Camariñas - Bm. Porriño (21-23).
  • Parcial ao descanso: (11-11)
  • BM. CAMARIÑAS: Karen (p), Mónica (2), Sara (5), Aida (5), Cris Barreiro, Karina (3), Alicia (2). Tamén xogaron: María Oanes (1), Vero, Cris Caamaño, Cris Sande (2), Laura (1), Tina.
Primeira parte donde as de Camariñas saliron o campo con ganas pero con moitos nervios xa que enfrente esta o lider da liga e que nunca conseguiron ganarlle, perdidas de balóns e malas decisións en ataque, en defensa mellor que en ataque, pero nada o que nos teñen acostumbrados. Segunda parte que foi polo mesmo camiño e a un equipo tan forte coma o Porriño, non se lle pode dar tantas facilidades en ataque, donde tiraron de oficio para levarse os dous puntos. Salientar a boa labor de todas as xogadoras durante todo o partido ainda que non fose un dos mellores.

Para semana desprázase o equipomconserveiro a Carballal para seguir mellorando e acabar a temporada o mais arriba posible dos equipos grandes da liga.

1ª División Autonómica Feminina, xornada 23

Comentarios