Ponte de Fútbol da Costa en estado puro


Espectacular chega esta ponte de maio no Fútbol da Costa, con sesión copeira e ligueira por igual. Arrincaremos o venres 1 de maio coa volta da Copa da Costa (saben que os resultados os subiremos a www.copadacosta.com), pero a fin de semana completarase sábado e domingo cas copas base e as competicións ligueiras, e que actualizaremos en www.futboldacosta.com.
Volve a Copa
Comezamos a previa pola #CopadaCosta 2015, pois temos a volta dos Dezaseisavos. Xa temos un equipo en Oitavos, o San Lorenzo, que xa adiantou a súa eliminatoria co Muxía e espera un duro rival, un Corme que xa encarrilou a eliminatoria ante a Esteirana, que na ida estaba pensando na Liga. Temos xa algún equipo coa eliminatoria encarrilada, como o Sofán, que aposta con forza por esta competición e chega a Muros cun claro 3-0. Ou o Baio, que leva o mesmo resultado a Mazaricos. Pero o resto de eliminatorias están tremendamente igualadas, con algunha que se prevé espectacular, como un Dumbría-Zas, con vitoria dun gol para uns zaenses que teñen que pensar tamén na Liga, ou un Soneira-XSC que chega a Vimianzo cunha pequena vantaxe xalleira.
A Preferente
Cando quedan 4 xornadas da Preferente - Senra Sport, parece que os nosos poden centrarse na Liga, pois están en zona de ninguén, e teñen partidos complicados, o Dumbría en Noia e o XSC recibindo a un Estudiantil ao que pode adiantar e meterse na metade da táboa.
Unha 1ª case sentenciada
Pouco en xogo na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, no que pode ser unha xornada triste, a xornada que certifique o descenso da Esteirana, ao que non lle chegou este fantástico sprint final. O cadro blaugrana recibe ao Agolada e mesmo a vitoria non sería suficiente para evitar a perda da categoría. Polo demais, interesante derbi entre Soneira e Corme coa 8ª praza en xogo, mentres un pouco máis arribca o Baio loitará pola 3ª praza ante o Unión. Ademais, o Malpica visita a un Cordeiro que está 4 puntos por encima.
Xornada de infarto na Liga da Costa
Penúltima xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra e todo en xogo, e con sospeitas en cada campo. Por arriba, os 3 seguen en plena pelexa, con apenas 2 puntos de marxe, co título e a segunda praza, de Promoción, en xogo. O Zas non pode fallar ante un Ponteceso sen nada en xogo; o Outes ten que gañar ao Seaia ao que pode mandar a 3ª; e o San Lorenzo recibe a un Buño que tampouco se xoga nada.
E por abaixo, pode ser xornada de descensos. O Seaia, se cae ante o Outes dirá adeus á categoría case con toda probabilidade, debido ao arrastre da Esteirana. Pero ademais, o Montelouro ten que gañar si ou si ao Camariñas e esperar que Cabana (que recibe ao Baíñas) ou Porteño (que recibe ao Volantes) fallen, para ter opcións na última xornada. En todo caso, o ascendo do equipo que vaia á Promoción salvaría unha desas dúas prazas de descenso, pero iso non se saberá ata xuño.
A polo título da 3ª e a Promoción
Quedan 4 xornadas para o remate da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e co Cerqueda xa ascendido, quere festexar o título en Arliña, pero o Muxía se xoga a Promoción, co Lira (ao que lle toca descansar), Nantón (que terá unha difilísima saída á Rocheira) e Corcubión, o equipo que a día de hoxe quedaría fóra dos postos e que ten que gañar o derbi ante o Ameixenda para volver a meterse. Pero é que Ameixenda e Coristanco se xogan o ascenso directo. Con 3 puntos parte de vantaxe o cadro ceense para o final de tempora, pero parece que a pelexa será fermosa, cun Coristanco-Ameixenda na penúltima xornada.
A polas finais das Copas base
Fantástica se presenta a fin de semana copeira nas categorías Xuvenil, Cadete e Infantil. En Xuvenís, Esteirana e Coristanco xogaranse todo na Salina despois do empate da ida . Ese será o foco máis intenso, saber se o Corcubión culmina a sorpresa neste final de Liga e se mete na final ante, probablemente, un Dumbría doutra categoría, que xa venceu 0-2 na ida ante o XSC.
En Cadetes, ten o Cee un pé na final, pero Fisterra e Corme xogarán a cara de can o pase. Mentres que en Infantís, XSC e Outes case que certificaron na ida o seu pase.
Unha final na Liga Galega Cadete
Afronta o XSC a penúltima xornada da Liga Galega Cadete na mañá do venres en San Pedro de Castriz como unha final. recibe ao Arteixo, na zona media-alta pero sen nada en xogo, e necesita os 3 puntos para evitar o descenso. Os seus rivais, o Orillamar, 2 puntos por debaixo e que marca o descenso, recibe ao veciño herculino Calasanz, que tampouco se xoga nada, mentres o Vilalbés, 3 por encima, recibe a todo un Depor B, polo que de vencer chegará á última xornada dependendo de si mesmo e con vantaxe.
O F8, a tope
Continúan as Ligas de F8 en marcha. Mentres polo Norte andamos no ecuador, no Sur afrontamos a penúltima xornada. Xa co título Benxamín decidido pero aínda cas prazas da Copa en xogo, a atención centrarase na Liag Alevín Sur, con Cee A e Outes man a man, pelexando polo título con 2 puntos a favor do cadro ceense. Os dous terán difíciles compromisos ante XSC A e Esteirana A.
Arrinca a Copa de Veteranos
Despois do agónigo final da Liga, chega xa a Copa da Costa dos Veteranos 2015, tamén actualizada en www.copadacosta.com.
Copa da Costa, volta dos Dezaseisavos

Preferente - Senra Sport, xornada 35
Noia | 03/05 - 17:00 | Dumbría |
Xallas StComba | 03/05 - 18:00 | Estudiantil |
1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 33
Soneira | 03/05 - 12:00 | Corme |
Silleda | 03/05 - 17:00 | Sofán |
Unión | 03/05 - 17:00 | Baio |
Esteirana | 03/05 - 17:00 | Agolada |
Cordeiro | 03/05 - 18:00 | Malpica |
2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 33
Camelle | 02/05 - 17:00 | Fisterra |
Cabana | 02/05 - 17:00 | Baíñas |
San Lorenzo | 03/05 - 17:00 | Buño |
Porteño | 03/05 - 17:00 | Volantes |
Seaia | 03/05 - 17:00 | Outes |
Cee | 03/05 - 17:00 | Mazaricos |
Montelouro | 03/05 - 17:00 | Camariñas |
Castriz | 03/05 - 17:00 | Carnota |
Zas | 03/05 - 18:00 | Ponteceso |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 33
Corcubión | 02/05 - 16:30 | Ameixenda |
Laxe | 02/05 - 17:00 | Castrelo |
Muxía | 03/05 - 17:30 | Cerqueda |
Coristanco | 03/05 - 18:00 | Nantón |
- Descansa Lira.
Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semis

Copa da Costa Cadete, Volta das Semis

Copa da Costa Infantil, Volta das Semis

Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 33
Xallas StComba | 01/05 - 12:00 | Atl. Arteixo |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 9
Muxía | 30/04 - 19:45 | Zas |
Coristanco | 02/05 - 10:00 | Cabana |
Vimianzo | 02/05 - 18:15 | Corme |
- Descansa Baio.
F8 Alevín Costa Sur, xornada 25
Outes | 29/04 - 19:00 | Esteirana B |
Dumbría A | 30/04 - 19:00 | As Baleas |
Dumbría B | 01/05 - 11:30 | Esteirana A |
Cee B | 01/05 - 12:00 | Os Miúdos B |
Lira | 02/05 - 11:00 | Sofán |
Fisterra | 02/05 - 16:00 | Os Miúdos A |
Cee A | 03/05 - 11:30 | XSC A |
F8 Benxamín Costa Sur, xornada 25
Dumbría | 30/04 - 18:00 | As Baleas |
Cee B | 01/05 - 11:00 | Os Miúdos B |
Lira | 02/05 - 12:00 | Sofán |
Fisterra | 02/05 - 17:00 | Os Miúdos A |
Cee | 03/05 - 10:30 | XSC A |
Outes | 04/05 - 19:00 | XSC B |
F8 Prebenxamín Costa, xornada 9
Dumbría | 29/04 - 19:00 | Xallas StComba |
As Baleas | 01/05 - 11:00 | Esteirana |
Fisterra | 02/05 - 11:00 | Outes |
Lira | 02/05 - 11:00 | Corcubión |
Baio | 02/05 - 16:30 | Cee |
Copa da Costa de Veteranos, ida da Previa

- Consultar horarios en www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Corcubión e Esteirana deixan todo para a volta mentres o Dumbría mete un pé na final da Copa da Costa.
- Ligas Galegas: A dignidade segue vestindo de branco.
- 3ª Autonómica: O Cerqueda certifica un histórico ascenso.
- 2ª Autonómica: Zas, Outes e San Lorenzo manteñen o pulso mentres Montelouro e Seaia complican a salvación.
- 1ª Autonómica: A Esteirana di adeus cos deberes feitos.
- Preferente: Xa pensando na Copa.
- Resultados e análise dunha xornada clave no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).