Nova fin de semana completa de Fútbol costeiro, con ligas e copas en competición (saben que os cadros ligueiros están sempre en www.futboldacosta.com e os copeiros en www.copadacosta.com e toda a actualidade no Facebook do Fútbol da Costa).
Derbi na Pref.
Así que comezamos o repaso da Previa pola Preferente - Senra Sport, xa que despois boa xornada pasada os Dumbría e XSC enfróntase nun fermoso derbi en Fontenla, que será, sen dúbida, un dos partidos da xornada por todo o que implica, con moitos ex xogadores dun equipo no contrario, e onde se botará en falta ao lesionado Doro.
Derbi vital para a Esteirana
Teremos novo derbi na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra que ademais se presenta como unha final para Esteirana se quere subir ao último tren da salvación. O Corme, tras 10 xornadas sen perder, visita o Xosé Luís Vara. Polo demais, Baio e Sofán esperan un empate entre Unión e Puebla e poder recortar arriba na pelexa pola promoción, pero non o terán fácil nos seus choques, pois o cadro carballés recibe a todo un líder, un Villestro cun pé na Preferente, e o Baio visita ao Cordeiro, 7º na táboa. E na zona morna ao Soneira tócalle gañar e ao Malpica tócalle facerlle un favor á Esteirana vencendo ao Lesende.
Finalísima en San Andrés na Liga da Costa
Na 2ª Autonómica - ES Bazarra si que teremos o gran partido da xornada, e pode que unha das finais da temporada na Liga da Costa. O líder, Zas, recibe ao 2º, o Outes, con 4 puntos de marxe entre ambos cando quedan 4 xornadas para o remate. Partido por todo o alto en San Andrés, con dous equipazos que chegan ademais moi bos momentos, cun Zas con 7 vitorias seguidas e 10 vitorias e 1 empate nos últimos 11 partidos, e un Outes que chega con 5 vitorias nos 6 últimos choques.
Atentos estará o san Lorenzo que non pode fallar na súa visita á Grixa, ant eun Porteño algo máis relaxado, e o Castriz, que apura as súas últimas opcións de meterse de novo na pelexa.
Xa por abaixo, 3 equipos andan no lío por evitar unha praza segura e outra pendente da Esteirana que provocarían o descenso. O Cabana, cun punto máis que Seaia e Montelouro, visita ao Volantes, o Seaia recibe ao Fisterra e o Montelouro ao Ponteceso, tres bos equipos pero que non teñen nada en xogo.
O Cerqueda, a 4 puntos
Ten o Cerqueda o título da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira moi preto e máis estará se vence en Laxe. Pero se ben o título está encamiñado, hai dúas fermosas en loita pendentes cando quedan 6 xornadas. O Ameixenda ten que aproveitar que descansa o Coristanco para dar un paso adiante na pelexa polo ascenso directo, e non pode fallar en Vimianzo ante o Castrelo. Por detrás, dous choques a cara de can entre os 4 equipos que loitan por 3 prazas de Promoción: Corcubión-Nantón e Muxía-Lira.
As Copas base
Finde de auténtica vertixe copeira, trala que coñeceremos os semifinalistas das copas xuvenil, cadete e infantil. En xuvenís, só o Dumbría ten a clasificación encarrilada, polo que os choques na tarde sabatina no Cubaleiro, na Saliña e no Hermanas Patiño serán fantásticos.
En Cadetes, a atención centrarase no Corme-Cabana, unha vez que Fisterra, Ponteceso e Cee teñen moitas papeletas para meterse nas semis. E en Infantís, con Fisterra e XSC practicamente clasificados, o Outes quere facer valer a súa vantaxe ante o Sofán mentres Coristanco e Ponteceso teñen un partido completamente aberto.
Camiño do título nos Veteranos
Despois da final da semana pasada, o Coristanco só necesita un punto para finiquitar o título cando restan dúas xornadas para o remate. Estaremos atentos, porque ademais por abaixo tamén hai cousas en xogo.
| Xallas StComba | 19/04 - 18:00 | Dumbría |
| Sofán | 19/04 - 17:00 | Villestro |
| Soneira | 19/04 - 17:00 | Flavia |
| Esteirana | 19/04 - 17:00 | Corme |
| Lesende | 19/04 - 17:30 | Malpica |
| Cordeiro | 19/04 - 18:00 | Baio |
| Camelle | 18/04 - 17:00 | Buño |
| Cabana | 18/04 - 17:00 | Volantes |
| Porteño | 19/04 - 17:00 | San Lorenzo |
| Seaia | 19/04 - 17:00 | Fisterra |
| Cee | 19/04 - 17:00 | Baíñas |
| Montelouro | 19/04 - 17:00 | Ponteceso |
| Castriz | 19/04 - 17:00 | Mazaricos |
| Carnota | 19/04 - 17:00 | Camariñas |
| Zas | 19/04 - 18:00 | Outes |
| Corcubión | 19/04 - 17:00 | Nantón |
| Laxe | 19/04 - 17:00 | Cerqueda |
| Muxía | 19/04 - 17:30 | Lira |
| Castrelo | 19/04 - 19:0 | Ameixenda |
| Dumbría | 18/04 - 17:00 | Pab. Ourense |
| Boiro | 18/04 - 11:00 | Xallas StComba |
| Residencia | 18/04 - 12:00 | Dumbría |
| Cabana | 17/04 - 19:15 | Zas |
| Corme | 17/04 - 19:30 | Coristanco |
| Baio | 17/04 - 20:00 | Vimianzo |
| Cee A | 17/04 - 19:00 | Os Miúdos A |
| Dumbría | 18/04 - 11:00 | Esteirana A |
| Cee B | 18/04 - 11:00 | As Baleas |
| Fisterra | 18/04 - 12:00 | Esteirana B |
| Outes A | 18/04 - 16:00 | Lira |
| Sofán | 18/04 - 18:30 | Dumbría B |
| XSC A | 19/04 - 12:00 | Os Miúdos B |
| Cee | 17/04 - 18:00 | Os Miúdos A |
| Dumbría | 18/04 - 10:00 | Esteirana |
| Fisterra | 18/04 - 11:00 | XSC B |
| Cee B | 18/04 - 12:00 | As Baleas |
| Outes | 18/04 - 17:00 | Lira |
| XSC A | 19/04 - 11:00 | Os Miúdos B |
| Dumbría | 16/04 - 18:30 | Corcubión |
| Baio | 17/04 - 18:00 | Esteirana |
| As Baleas | 17/04 - 18:30 | Outes |
| Lira | 18/04 - 12:30 | Fisterra |
| Cee | 21/04 - 19:00 | Xallas StComba |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 29
| At. Milagrosa | 19/04 - 10:00 | Zas |
| Laxe | 19/04 - 11:00 | San Lorenzo |
| Dumbría | 19/04 - 11:00 | Ponteceso |
| Hosgran | 19/04 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
| Cabana | 19/04 - 11:00 | Coristanco |
| San Román | 19/04 - 11:00 | Castriz |
| Baio | 19/04 - 11:00 | Bértoa |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 29
| Nantón | 19/04 - 11:00 | Vimianzo |
| Poniente | 19/04 - 12:00 | Leiloio |
| Cerqueda | 19/04 - 11:00 | Porteño |
| Sofán | 19/04 - 12:00 | Agualada |
| Dep. Carballo | 19/04 - 11:00 | Buño |
| Corcoesto | 19/04 - 10:30 | San Isidro-Razo |
| Camariñas | 19/04 - 12:00 | Erbecedo |
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).