E xa estamos de venres e quédanos por diante unha nova xornada completa de Fútbol costeiro. Despois de ver como andan as táboas dos pichichis, comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, con dous choques complicados para os nosos. O XSC visita o mítico campo de Cantalarana, para enfrontarse a un histórico en horas baixas, o Viveiro. Mentres, o Dumbría recibe ao Sada, 7º, na táboa, partido fundamental para medir as aspiracións reais dos de Canosa.
Partidazo teremos na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra coa visita do líder, o Sofán, á Pobra. O cadro da Barbanza atópase 3º a 7 dos carballeses, polo que o partido parece unha finalísima, pois se pode apretar todo ou o cadro de Josiño pode pegar un salto de cara a asegurar, cando menos, a promoción. Por detrás, o Baio quere unirse de novo á pelexa e non pode fallar na súa visita a un dos de abaixo, o Silleda. Ademais, o Soneira quere volver ser o vendabal en casa e poderá sumar ante o Lesende. Terá o Malpica unha visita, a priori, doada, ante un dos que ocupan postos de descenso, como é o Amio, e de paso poder facer un favor á Esteirana, que terá que visitar a un Cordeiro da zona alta. Ademais, o Corme terá tamén outra saída moi difícil, ante o Villestro, 2º a 4 do líder.
Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra, coas obras iniciadas do céspede artificial en Agra da Filgueira, teremos bos partidos. Como o choque do líder ante o novo Baíñas de Pablo Mallón, aínda en proceso de renovación. Ou o Fisterra-Outes, que medirá o verdadeiro potencial dun Outes tras 5 vitorias seguidas, incluída a última ante o líder. Un ollo teremos tamén no Zas-Castriz, 4º contra 3º, e ambos con claras aspiracións a todo; e outro no Volantes-Buño, 5º contra 6º.
Así e todo, o partidazo da xornada xóganse na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder, Ameixenda, contra o segundo e que perdeu o liderato esta pasada semana por mor de descansar, o Cerqueda. Partidazo en Xaviña de Buño.
Xa nos Xuvenís, volveremos a ver os grandes partidos que vimos este ano polo norte, entre Camariñas e Cabana que se enfrontan na Liguilla Previa á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil.
Poderá escalar un posto se o Dumbría vence no Val Miñor, ante o seu predecesor na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría. Mentres o XSC quere manter a boa liña dos últimos partidos na Liga Galega Cadete na súa visita ao filial do Lugo. Máis difícil o terá o Dumbría Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, pois recibe a un dos de arriba na antepenúltima xornada da primeira fase. Os de Huelvis e Conde necesitan sumar se queren afrontar, con garantías, a Fase por evitar o descenso, onde contan os puntos colleitados.
Xa nas Ligas Locais, teremos bos partidos na 1ª Cadete, como o Ponteceso-Fisterra, ou As Baleas-Corme. E en 1ª Infantil, o Fisterra-Os Miúdos será o gran choque, ademais do Corme-XSC.
Viveiro | 25/01 - 16:30 | Xallas StComba |
Dumbría | 25/01 - 16:30 | Sada |
Cordeiro | 25/01 - 16:00 | Esteirana |
Silleda | 25/01 - 16:00 | Baio |
Soneira | 25/01 - 16:30 | Lesende |
Amio | 25/01 - 16:30 | Malpica |
Villestro | 25/01 - 16:30 | Corme |
Puebla | 25/01 - 16:30 | Sofán |
Cabana | 24/01 - 18:00 | Carnota |
Cee | 25/01 - 16:00 | Montelouro |
Seaia | 25/01 - 16:00 | Camariñas |
Porteño | 25/01 - 16:00 | Mazaricos |
Camelle | 25/01 - 16:00 | Ponteceso |
San Lorenzo | 25/01 - 16:00 | Baíñas |
Fisterra | 25/01 - 16:00 | Outes |
Zas | 25/01 - 16:30 | Castriz |
Volantes | 25/01 - 16:30 | Buño |
Lira | 25/01 - 16:00 | Laxe |
Nantón | 25/01 - 16:30 | Castrelo |
Coristanco | 25/01 - 16:45 | Corcubión |
Cerqueda | 25/01 - 17:00 | Ameixenda |
E.D. Os Miudos | 24/01 - 16:00 | Xallas StComba |
Camariñas | 24/01 - 16:00 | Cabana |
Dumbría | 24/01 - 16:15 | Porteño |
Outes | 24/01 - 10:00 | Cee |
Zas | 24/01 - 12:00 | Coristanco |
Castriz | 24/01 - 16:00 | Esteirana |
Baio | 24/01 - 16:00 | Malpica |
Muxía | 24/01 - 16:00 | Corme |
Ponteceso | 24/01 - 18:00 | Fisterra |
Val Miñor | 24/01 - 12:00 | Dumbría |
Lugo B | 25/01 - 12:00 | Xallas StComba |
Dumbría | 24/01 - 12:00 | Galicia Caranza |
Coristanco | 24/01 - 10:30 | Muxía |
Outes | 24/01 - 16:00 | Os Miudos |
As Baleas | 24/01 - 18:00 | Corme |
Sofán | 24/01 - 18:45 | Cabana |
Baio | 25/01 - 10:30 | Esteirana |
Ponteceso | 25/01 - 11:00 | Fisterra |
Esteirana | 23/01 - 18:30 | Vimianzo |
Ponteceso | 24/01 - 16:00 | Zas |
Cabana | 24/01 - 16:00 | Cee |
Fisterra | 25/01 - 10:00 | Os Miudos |
Outes | 25/01 - 10:30 | Sofán |
Corme | 25/01 - 11:00 | Xallas StComba |
Dumbría | 24/01 - 11:00 | Esteirana B |
Cee B | 24/01 - 11:00 | Os Miúdos A |
Fisterra | 24/01 - 12:00 | As Baleas |
Outes | 24/01 - 13:00 | Esteirana A |
Cee A | 24/01 - 13:00 | Os Miúdos B |
Dumbría B | 24/01 - 18:00 | Lira |
Sofán | 25/01 - 09:45 | XSC A |
Dumbría | 24/01 - 10:00 | XSC B |
Cee B | 24/01 - 10:00 | Os Miúdos A |
Fisterra | 24/01 - 11:00 | As Baleas |
Outes | 24/01 - 12:00 | Esteirana |
Cee | 24/01 - 12:00 | Os Miúdos B |
Sofán | 25/01 - 10:45 | XSC A |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 18
Cabana | 25/01 - 10:00 | San Román |
Hosgran | 25/01 - 11:00 | Baio |
Dumbría | 25/01 - 11:00 | Bértoa |
Laxe | 25/01 - 11:00 | Castriz |
At. Milagrosa | 25/01 - 09:45 | Xv. Bergantiños |
Soneira | 25/01 - 10:00 | Ponteceso |
San Lorenzo | 25/01 - 11:00 | Zas |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 18
Camariñas | 25/01 - 11:00 | Corcoesto |
Sofán | 25/01 - 12:00 | Dep. Carballo |
Cerqueda | 25/01 - 11:00 | Erbecedo |
Poniente | 25/01 - 10:00 | San Isidro-Razo |
Malpica | 25/01 - 11:00 | Buño |
Nantón | 25/01 - 11:00 | Agualada |
Leiloio | 25/01 - 11:00 | Vimianzo |
Novas relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
|