mércores. 30.04.2025
El tiempo

Previa dunha xornada cargada de Fútbol da Costa

Previa dunha xornada cargada de Fútbol da Costa
Baio e Sigueiro no Pratas Reinoso a semana pasada-Foto-Santi Soneira

Pasada por auga chega esta última fin de semana, previa dunha Semana Santa onde teremos parón en moitas competicións. Pero rematamos marzo con xornada completa, despois dunha semana tremendamente convulsa tralo pasamento de Álex Pombo ao que todo o Fútbol da Costa lle rende estes días homenaxe.
Precisamente o Malpica aprazou o seu partido ante o Agolada, que se xogará o domingo de Semana Santa.

E non queda outra que segur adiante, e toca analizar a previa destanova xornada e comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport. Os dous equipos non pode fallar esta fin de semana pois teñen rivais en zona de descenso e unha derrota, sobre todo xalleira, complicaríalle moito as cousas aos de Coméndez.

Xa na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra e co citado aprazamento do choque malpicán, hai partidos importantes pola zona baixa. A Esteirana poderá case que saír do descanso se vence no Xosé Luís Vara ao Flavia, un equipo asequible, e conta ademais co posible favor dos Baio, que visita ao Lesende, e Sofán, que recibe ao Amio, rivais directos dos blaugrannas na loita polo descenso. Ademais, o Corme quere seguir a súa escalada de 8 xornadas sen perder en Sigüeiro, outro equipo da zona baixa, mentres o Soneira quere dar a de cal ante o Bertamiráns B, ao que pode superar na táboa e meterse 6º.

Quedan só na 2ª Autonómica - ES Bazarra 6 partidos para o remate. E a cousa ferve. O líder, o Zas, visita un dos campos máis difíciles da categoría como é o Fisterra, e atentos estarán os seus tres perseguidores. O Outes visita a un moi necesitado Montelouro; o San Lorenzo visita ás Redondas, e o Castriz recibe ao Baíñas nun fermoso derbi.
Por abaixo, ademais dos choques do Montelouro e do Cabana contra os de arriba, o Seaia ten ocasión de escapar do cadro loureán se vence ao Camelle, mentres o Porteño visita o sempre complicado campo de Xaviña.

O partido da semana xogarase no cumio da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O Ameixenda recibe ao Cerqueda, e se unha vitoria o achegaría ao liderato para pelexar polo título, unha derrota o deixaría a mercé dun Coristanco que vén forte por detrás e quere pelexar o ascenso directo. Pero ollo, que o cadro coristanqués enfróntase a un ferido e necesitado Corcubión, que está inmerso na loita pola Promoción, co Lira e Nantón, que teñen, a priori, saídas asequibles ante Laxe e Castrelo, os dous equipos da categoría que non conseguiron unha regularidade boa.

Xornada a medias en Xuvenís

Tremenda a situación do fútbol xuvenil. Remataba a Liga dos campións co título do Dumbría e o pase dos Miúdos á Fase de Ascenso. Pero dase a circunstancia que os 6 mellores equipos da categoría terán que descansar esta semana, por obrigas dun calendario feito ás presas, ata que remate a Liguilla da Copa, que o fará en Semana Santa.

Toca esta a penúltima xornada da Liguilla copeira, e a Federación convoca para este vindeiro luns 31 de marzo a reunión ás 20:15h en Baio para celebrar o sorteo da X Copa da Costa Xuvenil, para o que aínda non se saberán os integrantes, pois a pelexa parece que seguirá viva ata a última xornada a non ser que venzan Zas e Ponteceso e caian Malpica ou Cee.

Cadetes e infantís

Recibe o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría ao Lalín para certificar definitivamente a salvación, pois o cadro do Deza marca o descenso. Máis importante se cabe é o choque do XSC na Liga Galega Cadete, pois recibe ao Eume, pechacancelas, e non pode deixarse estes puntos tremendamente vitais para manter a categoría na súa pelexa cun Orillamar que recibe ao 3º da táboa. Tamén no Conco, o sábado pola mañá, o Dumbría Infantil recibe, xa case sen opcións de manter a categoria, a todo un Lugo.

Na comarca, toca a volta dos Oitavos da II Copa da Costa, con 4 choques en Cadetes e outros tantos en Infantís. Saben que as actualizamos ao momento en www.copadacosta.com.

O F8 en marcha

Coma motos van os peques do F8. Máis interese teñen, por agora, as Ligas do Sur, que afrontan a recta final, pois rematan a comezos de maio mentres as do Norte, que comezaron en febreiro, non o fan ata xuño. Así que polo Sur, Cee e Outes pelexan en Alevíns, mentres que en Benxamíns o Fisterra vai tremendamente destacado.

Nova xornada vital nos Veteranos

E seguen as Ligas de Veteranos tremendamente igualadas. Na 1ª, o líder visita a un necesitadísimo de puntos Xuv. Bergantiños, en plena pelexa por evitar o descenso co Cabana e Castriz. Espera un tropezo o Coristanco, situacdo a un só punto, e que visita a un Baio sen moito en xogo.
Ademais, na 2ª División haberá dous choques importantísimos. Cos Agualada e Corcoesto destacados, o líder ten que visitar ao Corcoesto, 3º da táboa a 8 puntos, e que de vencer se metería de cheo na pelexa polo ascenso a falta de outras 3 xornadas. Ademais, O Erbecedo non o terá fácil contra o San Isidro-Razo.


Preferente - Senra Sport, xornada 30

Betanzos29/03 - 17:00Xallas StComba
Dumbría29/03 - 17:00Dorneda

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 29

Sofán29/03 - 16:30Amio
Soneira29/03 - 16:30Bertamiráns B
Lesende29/03 - 16:30Baio
Sigüeiro29/03 - 16:30Corme
Esteirana29/03 - 17:00Flavia

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 29

Cabana28/03 - 16:00San Lorenzo
Seaia29/03 - 16:30Camelle
Montelouro29/03 - 16:30Outes
Buño29/03 - 17:00Porteño
Cee29/03 - 17:00Volantes
Castriz29/03 - 17:00Baíñas
Carnota29/03 - 17:00Ponteceso
Camariñas29/03 - 17:00Mazaricos
Zas29/03 - 18:00Fisterra

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 29

Ameixenda28/03 - 16:30Cerqueda
Laxe29/03 - 17:00Lira
Corcubión29/03 - 18:00Coristanco
Castrelo29/03 - 18:30Nantón
  • Descansa Muxía.

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 12

Esteirana28/03 - 12:00Cee
Corme28/03 - 16:30Ponteceso
Malpica28/03 - 16:30Castriz
Coristanco28/03 - 16:30Outes
Fisterra28/03 - 16:30Corcubión
Muxía28/03 - 17:00Zas
  • Descansa Baio.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 29

Dumbría28/03 - 17:00Lalín

Liga Galega Cadete, xornada 29

Xallas StComba29/03 - 11:30Eume

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 7

Dumbría28/03 - 12:00Lugo

Copa da Costa Cadete, ida dos Oitavos

Copa da Costa Infantil, ida dos Oitavos


F8 Alevín Costa Norte, xornada 5

Vimianzo27/03 - 19:15Coristanco
Baio28/03 - 10:00Muxía
Corme30/03 - 18:30Zas
  • Descansa Cabana.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 20

Dumbría B26/03 - 19:30Fisterra
Esteirana A28/03 - 11:00Cee A
Outes A28/03 - 11:15Dumbría
Esteirana B28/03 - 16:00XSC A
Os Miúdos A28/03 - 16:00Sofán
Lira28/03 - 17:00Cee B
As Baleas28/03 - 17:00Os Miúdos B

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 20

XSC B26/03 - 18:00XSC A
Esteirana28/03 - 10:00Cee
Outes28/03 - 10:15Dumbría
Lira28/03 - 16:00Cee B
As Baleas28/03 - 16:00Os Miúdos B
Os Miúdos A28/03 - 17:00Sofán
  • Descansa Fisterra.

F8 Prebenxamín Costa, xornada 5

Dumbría26/03 - 18:30Fisterra
As Baleas27/03 - 18:30Lira
Cee28/03 - 12:30Esteirana
Baio28/03 - 13:00Outes
Xallas StComba28/03 - 17:00Corcubión

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 27

Laxe29/03 - 11:00At. Milagrosa
Dumbría29/03 - 11:00Soneira
Hosgran29/03 - 11:00San Lorenzo
Cabana29/03 - 11:00Ponteceso
San Román29/03 - 11:00Xv. Bergantiños
Baio29/03 - 11:00Coristanco
Bértoa29/03 - 11:00Castriz
  • Descansa Zas.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 27

Vimianzo29/03 - 11:00Malpica
Poniente29/03 - 11:00Nantón
Sofán29/03 - 11:00Leiloio
Camariñas29/03 - 11:00Porteño
Corcoesto29/03 - 11:00Agualada
Dep. Carballo29/03 - 11:00Buño
Erbecedo29/03 - 11:00San Isidro-Razo
  • Descansa UD Cerqueda.

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios