Fin de semana pasada por auga a que nos espera. Pero os campos da volta non paran, e terán moito que drenar.
Arrincamos o repaso da xornada pola Preferente - Senra Sport, onde os nosos terán choques moi igualados. O reforzado XSC quere continuar coa súa ascensión meteórica, e non pode fallar ante deses equipos da zona alta que ten precisamente a tiro, un Dubra con 4 puntos máis que os xalleiros e que roza a promoción.
O Dumbría, agora un punto por debaixo dos verdes e laranxas, visitan o campo do Arzúa, sempre un rival complicado que chega practicamente empatado no medio da táboa.
Volven os derbis á 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. E o fai co choque entre o líder, un Sofán que vén de caer en Bertamiráns, e o pechacancelas, unha Esteirana tremendamente necesitada de puntos, pero que chegará ao Carral sabendo que ninguén arrincou ata agora nin un só. O Baio ten un choque directo na parte alta, ante o Villestro, 2º a 4 do Sofán, e con 4 de vantaxe sobre os baieses. Partido fundamental para as aspiracións do equipo de Félix. O Malpica xoga ante o Piloño para seguir escadando posicións. Ademais, o Soneira quere manter a súa xeira en Sigüeiro mentres o Corme busca recuperar o seu fútbol ante un Amio en descenso.
O partidazo da xornada será o Outes-San Lorenzo da 2ª Autonómica - ES Bazarra. O líder visita o campo do 2º clasificado, un Outes que pode deixar en 2 a vantaxe dos carballeses.
Polo demais, Zas, Castriz, Volantes e Buño, atentos a calquera tropezo, enfróntanse a Carnota, Cee, Fisterra e Montelouro.
E comeza a 3ª volta (si, terceira) da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Mentres traballamos na aplicación do www.futboldacosta.com para actualizar as táboas, achegamos os partidos dunha xornada que se xoga integramente en sábado. O Cerqueda descansa, polo que o Ameixenda, se non falla ante o Nantón, pode volver a coller o liderato. O Corcubión non pode deixalo escapar e terá que vencer ao Muxía. O Lira non quere deixar entrar ao Castrelo na pelexa e o Coristanco non pode fallar ante o pechacancelas.
Nova páxina para os Xuvenís
Arrinca a segunda fase dos Xuvenís. Os campións estrean a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, cun Cabana-Dumbría sempre interesante, un XSC-Camariñas que medirá a calidade dos campións do norte, e un Porteño- Os Miúdos que enfronta aos dous novatos nestas esferas.
Ademais, arrinca tamén a Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil con interesantes derbis como o Esteirana-Outes, posiblemente dous dos favoritos, ou o sempre intenso Cee-Corcubión.
Moita base
Recibe o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría aos amigos do Coruxo, e os de Joaquín Quintáns e Juan Purrúa buscarán unha vitoria que se lles atraganta nas últimas 5 xornadas. O XSC, despois da tranquilizadora vitoria da semana pasada na Liga Galega Cadete, terá unha complicadísima saída ante un Conxo segundo na táboa. Ademais, o Dumbría da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría disfrutará un dos premios do ano, a visita ao Mundo do Fútbol da Abegondo para enfrontarse ao Depor. As 8 derrotas que suma o equipo nos últimos partidos deixan ao equipo necesitado de puntos para afrontar a segunda fase, estando agora a 4 xornadas para o remate da primeira.
Xa nas Ligas Locais, haberá enfrontamentos na parte alta da 1ª Cadete, como o Cabana-As Baleas, ou o Ponteceso-Cee. E na 1ª Infantil tamén haberá un par de XSC-Esteirana e Os Miúdos-Corme moi interesantes.
Os que tampouco paran son os peques. Na F8 Alevín Costa Sur, cun oco aberto entre os 4 que se meten na seguinte fase e o resto, o Dumbría B, quere afianzar esa vantaxe ante o Sofán. O Outes busca manter o liderato ante o Lira en Lombáns. É líder tamén o Outes na F8 Benxamín Costa Sur, pero empatado co Fisterra e co Cee B. Os tres terán saídas complicadas ante o Lira, o XSC B e Os Miúdos A.
De Veteranos
Non quere levantar o pedal do acelerador o líder da a href="http://www.futboldacosta.com/?deporte=1&temporada=6&tc=102">1ª División. O Hosgran visita ao Bértoa, e atentos a un tropezo estarán os Coristanco, que non pode fallar en Laxe, e San Román, que visita ao Zas.
Xa na 2ª, co Agualada ao seu, a loita parece estar pola segunda praza de ascenso, na que os implicados non poden fallar. O Erbecedo recibe ao pechacancelas, o Sofán, o Porteño recibe a outro da zona baixa como é o Nantón. E o San Isidro-Razo recibe a un Cerqueda que se pode meter na pelexa de gañar.
| Xallas StComba | 18/01 - 16:00 | Dubra |
| Arzúa | 18/01 - 17:00 | Dumbría |
| Malpica | 18/01 - 15:30 | Piloño |
| Sigüeiro | 18/01 - 16:00 | Soneira |
| Corme | 18/01 - 16:00 | Amio |
| Baio | 18/01 - 16:00 | Villestro |
| Sofán | 18/01 - 16:30 | Esteirana |
| Camariñas | 18/01 - 16:00 | Cabana |
| Mazaricos | 18/01 - 16:00 | Seaia |
| Baíñas | 18/01 - 16:00 | Camelle |
| Volantes | 18/01 - 16:00 | Fisterra |
| Carnota | 18/01 - 16:30 | Zas |
| Ponteceso | 18/01 - 16:30 | Porteño |
| Buño | 18/01 - 17:00 | Montelouro |
| Castriz | 18/01 - 17:00 | Cee |
| Outes | 18/01 - 17:00 | San Lorenzo |
| Corcubión | 17/01 - 16:00 | Muxía |
| Laxe | 17/01 - 16:00 | Coristanco |
| Castrelo | 17/01 - 18:00 | Lira |
| Ameixenda | 17/01 - 18:00 | Nantón |
| Porteño | 17/01 - 16:00 | Os Miudos |
| Xallas StComba | 17/01 - 16:00 | Camariñas |
| Cabana | 17/01 - 18:00 | Dumbría |
| Esteirana | 17/01 - 15:30 | Outes |
| Cee | 17/01 - 16:00 | Corcubión |
| Fisterra | 17/01 - 16:00 | Castriz |
| Malpica | 17/01 - 16:00 | Zas |
| Coristanco | 18/01 - 12:00 | Ponteceso |
| Baio | 17/01 - 16:00 | Corme |
| Dumbría | 17/01 - 16:30 | Coruxo |
| Conxo | 17/01 - 18:15 | Xallas StComba |
| Deportivo | 17/01 - 12:00 | Dumbría |
| Os Miudos | 17/01 - 10:00 | Sofán |
| Fisterra | 17/01 - 10:00 | Baio |
| Corme | 17/01 - 10:30 | Coristanco |
| Cee | 17/01 - 11:00 | Ponteceso |
| Cabana | 17/01 - 16:00 | As Baleas |
| Esteirana | 18/01 - 11:00 | Outes |
| Coristanco | 17/01 - 11:00 | Ponteceso |
| Xallas StComba | 17/01 - 10:30 | Esteirana |
| Zas | 17/01 - 16:00 | Fisterra |
| Vimianzo | 17/01 - 16:00 | Outes |
| Sofán | 17/01 - 19:15 | Cabana |
| Os Miudos | 18/01 - 10:30 | Corme |
| Dumbría B 16/01 - 19:15 | Sofán |
| Lira | 17/01 - 11:00 | Outes A |
| Esteirana A | 17/01 - 11:00 | Dumbría |
| Esteirana B | 17/01 - 12:00 | Fisterra |
| As Baleas | 17/01 - 12:00 | Cee B |
| Os Miúdos A | 17/01 - 13:00 | Cee A |
| Os Miúdos B | 17/01 - 13:00 | XSC A |
| Lira | 17/01 - 10:00 | Outes |
| Esteirana | 17/01 - 10:00 | Dumbría |
| As Baleas | 17/01 - 11:00 | Cee B |
| Os Miúdos A | 17/01 - 12:00 | Cee A |
| Os Miúdos B | 17/01 - 12:00 | XSC A |
| XSC B | 17/01 - 12:30 | Fisterra |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 17
| Sp. Zas | 18/01 - 11:00 | San Román |
| Baio | 18/01 - 11:00 | Cabana |
| Bértoa | 18/01 - 10:00 | Hosgran |
| Castriz | 18/01 - 11:00 | Dumbría |
| Coristanco | 18/01 - 10:00 | Laxe |
| Ponteceso | 18/01 - 11:00 | At. Milagrosa |
| San Lorenzo | 18/01 - 11:00 | Soneira |
- Descansa Xuv. Bergantiños.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 17
| Vimianzo | 18/01 - 11:00 | Corcoesto |
| Dep. Carballo | 18/01 - 09:30 | Camariñas |
| Erbecedo | 18/01 - 11:00 | Sofán |
| San Isidro-Razo | 18/01 - 11:00 | Cerqueda |
| Buño | 18/01 - 11:00 | Poniente |
| Agualada | 18/01 - 11:00 | Malpica |
| Porteño | 18/01 - 11:00 | Nantón |
Novas relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).