Fin de semana de estreno. Polo menos para nós e todos os seguidos do fútbol da Costa. Xa podedes ollar dende onde queirades a actualizadas ao último segundo todas as táboas (resultados, clasificacións, tendencias e cruces e ata a Liga de FS de Cee actualizada cada venres) en www.futboldacosta.com.
E comezamos o repaso desta xornada de 28 e 29 de xaneiro pola Preferente, con malas novas para os nosos 4 equipos. A máis preocupante a 4ª derrota consecutiva do Santa Comba, que non gaña dende o 2011. Hoxe caía ante o Bertamiráns e xa está na 7ª praza. Sumou outra derrota o Soneira, que levaba unha boa racha pero que non podía nun encontro ante o Santiago que podería ter suposto o empurrón definitivo para os de Miguel. E o Dumbría tampouco trouxo nada positivo de O Val. O único que sumou un puntiño foi o Xallas no complicado campo do Chantada.
Na 1ª parece que a derrota do Cee ante o Silva (4º) deixa tocados aos ceenses, que cada día ven máis lonxe a salvación. Ademais a vitoria do Villestro ante o Victoria aumenta a distancia cos de arriba. Pola súa banda o Ponteceso segue na súa liña máis positiva e vencía fíra de casa ante un dos de arriba, o Arteixo, e xa se sitúa na metade da táboa, case máis preto dos de arriba que dos de abaixo.
Na Liga da Costa non varían as cousas por arriba tras esta 20ª xornada. Se o Club do Mar vencía onte ao Pindo, semella que con algo de prepotencia segundo se queixan os carnotáns, o Camariñas respondía onte e de xeito contundente en Sofán. Por detrás o Fisterra solventaba a papeleta ante un Castriz que sempre ofrece a súa mellor cara lonxe de San Pedro.
Malpica, Corme e Baio forman xa o claro grupo de perseguidores, cun Muros que non se quere descolgar e vencía, con apuros iso si, ao Buño. Os malpicáns vencían ao Corcubión en Pedra Queimada mentres que cormeláns e baieses ofrecían un fermoso espectáculo no Cairo que remataba con empate.
Por abaixo, segue o San Lorenzo metido no pozo, e hoxe perdía unha boa oportunidade ante un Zas que vai en ascenso e xa saca 4 puntos aos de Verdillo. A derrota provocaba a dimisión de Chema Eirís no banco, pois considera que "para aliñar 11 xogadores cada semana non fai falta un adestrador". O Nantón arrincaba un punto de Esteiro mentres que o Mazaricos volvía de baleiro do Conco. Ata o Corcubión, 12º con 21 puntos, non se pode despistar ningúen porque son só 5 puntos os que o separa do propio San Lorenzo (17º).
A xornada na 3ª tamén foi intensa. O Cabana non fallaba onte ante o Muxía. Si o facía o Coristanco que non pasaba do empate ante un Laxe que no seu campo se crece. A atención hoxe estaba en Lombáns, onde o Carnota dou conta do Montelouro e se afianza na segunda praza. Por detrás segue de preto o Outes, que maetía unha manita ao Fisterra B, e que se mete definitivamente na loita é o Volantes tras vencer en Lira con claridade. O Cerqueda, que descansaba esta semana, e o Porteño, que non podía co Soneira B, quedan algo descolgados.
Remataron xa as Ligas Xuvenís, xa con todo decidido. Polo norte aínda quedaba ver quen era o campión e o Malpica dou conta do seu podería atacante e meteulle 9 a todo un Dumbría B. Ambos, xunto a Camariñas (caían os de De la Sierra ante os de Mato nun encontro que tivo absolutamente de todo, como contaremos o martes) e Baio pasarán a seguinte fase, unha liguiña cos 4 primeiros do sur, da que pasarán 2 equipos á Fase de Ascenso á Liga Galega.
No, Sur, eses equipos serán o Cee (que certificaba a súa imbatibilidade na liga e uns números realmente bos), Fisterra, Santa Comba e Soneira.
Preferente, xornada 21
| S.de Compostela | 3-1 | Soneira |
| Santa Comba | 0-1 | Bertamiráns |
| Chantada | 0-0 | Xallas |
| O Val | 3-0 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 20
| Cee | 0-1 | Silva |
| Atl. Arteixo | 1-2 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 20
| Fisterra | 2-1 | Castriz |
| Club do Mar | 4-0 | O Pindo |
| Malpica | 2-0 | Corcubión |
| Esteirana | 0-0 | Nantón |
| Dumbría B | 2-0 | Mazaricos |
| Zas | 1-0 | San Lorenzo |
| Muros | 2-1 | Buño |
| Corme | 3-3 | Baio |
| Sofán | 0-3 | Camariñas |
3ª Autonómica, xornada 24
| Laxe | 1-1 | Coristanco |
| Camelle | 3-1 | Corcoesto |
| Cabana | 3-1 | Muxía |
| Indep. Carballo | 3-3 | Alcaián |
| Lira | 0-3 | Volantes |
| Carnota | 3-0 | Montelouro |
| Fisterra B | 0-5 | Outes |
| Soneira B | 1-1 | Porteño |
| Xaviña | 1-1 | Atl. Pereiriña |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 19
| Bergantiños | 0-4 | Calasancio |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 18
| Corcubión | 5-1 | Esteirana |
| Mazaricos | 9-1 | Muros |
| Outes | 3-2 | Fisterra |
| Soneira | 3-1 | Santa Comba |
| Cee | 0-2 | Dumbría |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 22
| Baio | 2-2 | Zas |
| Cabana | 8-2 | Corme |
| Ponteceso | 5-4 | Camariñas |
| Malpica | 9-1 | Dumbría B |
| Muxía | 5-1 | Laxe |
División de Honra Cadete, xornada 19
| Colegio Hogar | 3-0 | Bergantiños |
2ª Cadete, xornada 20
| Cabana | 3-3 | Ponteceso |
| Coristanco | 2-5 | Baio |
| Esteirana | 4-1 | Santa Comba |
| Fisterra | 1-1 | Soneira |
| Muxía | 0-4 | Muros |
| Zas | 1-4 | Outes |
| Malpica | 2-3 | Cee |
| Dumbría | 12-0 | Porteño |
2ª infantil, xornada 20
| Cabana | 10-3 | Ponteceso |
| Coristanco | 5-1 | Muxía |
| Corme | 0-13 | Dumbría |
| E.M.F. Vimianzo | 2-2 | Outes |
| Fisterra | 0-3 | Santa Comba |
| Esteirana | 3-2 | E.D. Os Miudos |
| Con. de Carnota | 10-0 | Baio |
Ligas de Veteranos, xornada 18
1ª División
| Nantón | 4-1 | Bergantiños |
| Bértoa | 3-1 | Ponteceso |
| Vimianzo | 1-4 | Castriz |
| Xv. Bergantiños | 2-0 | Camariñas |
| Cabana | 1-2 | Baio |
| Buño | 0-6 | Corcubión |
| San Román | 1-0 | San Lorenzo |
2ª División
| Sofán | Aprz. | Corme |
| Porteño | 5-1 | Dep. Carballo |
| Malpica | 2-1 | At. Milagrosa |
| Leiloio | 1-2 | Corcoesto |
| Agualada | 1-2 | Coristanco |
| Muros | 3-1 | Cerqueda |
| Camelle | 3-1 | Club do Mar |
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).