mércores. 13.11.2024
El tiempo

Resultados dunha fin de semana futboleira de cromos

Resultados dunha fin de semana futboleira de cromos
Cerqueda-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Menuda fin de semana!! Foi todo un pracer facer de Santa Comba e da "/articulo/corcubion/a-noite-das-estrellas-do-futbol-da-costa/20131203090533074204.html">Gran Gala do Álbum de Cromos o punto de encontro de todo o Fútbol da Costa. Foi moi agradable ver xa fotos e fotos polas redes sociais dos cromos!! Tendes xa un repaso da gala, pero como esto non ten parada, xa repasamos unha nova xornada, esta a cabalo entre novembro e decembro.

E comezamos o repaso pola Preferente, que tiña o ollo posto nas Eiroas para ver a proba do Dumbría no campo do líder. Ao final, empate que mantén ao Bergantiños no máis alto e deixa ao Dumbría na 8ª praza, a 9 puntos do 3º clasificado. Mala, malísima a xeira do XSC que sumou a súa 5ª derrota consecutiva, desta volta en Riveira. Ademais, o Soneira sumou só un puntiño en casa ante o Castro e perderá a Basti para a vindeira xornada pola súa expulsión.

O partido da xornada, marcado pola necesidade, era na 1ª Autonómica. O Hermanas Patiño acollía o choque entre Camariñas e Ponteceso, e tras un choque tremendamente tenso o cadro local quedou cos puntos e sae dos postos de descenso, deixando ao Ponteceso pechacancelas e a 5 da salvación.
Polo demais, dous empates, do Malpica en Amio e do Baio en casa co Lamela, e unha derrota, da Esteirana en Agolada, quedando os tres en posicións cómodas.

A 2ª Autonómica mirou ao Carral, onde o derbi carballés era unha das citas máis interesantes. Foi o Sofán o que fixo valer a súa superioridade na táboa para quedar cos puntos e segue a 4 dun Outes que non baixa a marcha. A 2 do Sofán queda o Zas tralo seu empate co Volantes, mentres que Corme e Cee quedan a 8 do cadro sofanista.

Primeira derrota, e severa, do Baíñas na 3ª Autonómica, que o deixa empatado co Montelouro, que vencía nun campo difícil como é o de Xaviña de Cerqueda, ante un equipo cerquedán que non está tendo sorte. Parece que o Lira tamén está amosando as súas armas e xa se pon con 13 puntos, a só 2 do liderato, e cun de vantaxe sobre o Seaia, sorpresa da temporada, e Coristanco.

No tocante aos Xuvenís, polo Gr.3, o Dumbría segue ao seu, e foi a Esteirana a gran protagonista da fin de semana ao vencer o choque máis importante en Fisterra, deixando a 6 puntos da liguilla ao cadro fisterrán É o XSC o que marca o pase á liguilla, tras vencer, sufrindo, ao Outes. Ademais, o Cee, que descansaba, queda a 5 do cadro xalleiro.
Polo Norte, no Gr.4 o Cabana vencía ao Malpica e queda 2 puntos por abaixo pero cun partido menos. O Corme queda tamén a 2 tras vencer ao Castriz, quedando agora o Ponteceso a 3 dos dous equipos que marcan o psae á Liguilla tras non pasar do empate en Laxe. O Coristanco vencía ao Baio e estará pendente de posibles tropezos dos de arriba.

Derrota do Dumbría da División de Honra Cadete e vitoria do cadro dumbriés no derbi da Liga Galega Infantil.

Mentres, en Cadetes segue líder o Muros tralas 5 primeiras xornadas, tras vencer no derbi ás Baleas. Por detrás chega pegado o Fisterra.
Nos Infantís sorprendentes empates do Corme e do Fisterra en Muros ante os Miúdos e co Coristanco, respectivamente, que os deixan a 2 puntos do Cee, que machacaba ao Ponteceso.

Nos Veteranos, o Laxe segue liderando a 1ª División tras vencer con solvencia ao Baio. O Coristanco queda a 3 puntos tras non pasar do empate ante o Ponteceso. O Soneira, xa está aí.
En 2ª División, o Milagrosa vai como unha moto, pero Corcoesto, a só 2 puntos, Malpica e Camelle a 4 e Erbecedo a 5, non o deixan escapar.

E para rematar, na Liga Intermunicipios de Bergantiños, o Cances afiánzase no máis alto ao vencer ao segundo clasificado con rotundidade. Queda agora o Cereo a 4 puntos, os mesmos que o Baldaio.

Preferente, xornada 15

Atl. Riveira 2-1 Xallas StComba
Soneira 0-0Castro
Bergantiños 1-1 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 13

Amio 0-0 Malpica
Baio 0-0 Lamela
Camariñas 2-1 Ponteceso
Agolada 2-0 Esteirana

2ª Autonómica, xornada 13

Fisterra 3-1 Muros
Cabana 2-4 Corme
Camelle 1-3 Castriz
Porteño 1-1 Mazaricos
Volantes 1-1 Zas
Sofán 2-1 San Lorenzo
Carnota 2-2 Cee
Outes 6-0Indep. Carballo
Buño 5-0 Corcubión

3ª Autonómica, xornada 6

Corcoesto 0-1 Muxía
Castrelo 0-5 Seaia
Cerqueda 0-1 Montelouro
Lira 2-0 Nantón
Coristanco 3-1 Laxe
Ameixenda 4-0 Baíñas

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 14

Xallas StComba 1-0 Outes
Dumbría 6-0Soneira
Muros 5-2 Lira
Fisterra 2-4 Esteirana
  • Descansa Cee.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 14

Corme 3-1 Castriz
Cabana 3-1 Malpica
Coristanco 1-0 Baio
Laxe 4-4 Ponteceso
Camariñas 3-3 Porteño
  • Descansa Muxía.

División de Honra Cadete, xornada 12

Montañeros 3-1 Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 12

Xallas StComba 2-3 Dumbría

Liga Cadete, xornada 5

Fisterra 7-0 Outes
Baio 0-4 Coristanco
Cabana 4-3 Cee
Zas 5-1 Muxía
As Baleas 1-4 Muros
Xallas StComba 10-1 Corcubión
  • Descansa Esteirana.

Liga Infantil, xornada 13

Cee 14-0 Ponteceso
Sofán 2-4 Cabana
E.M.F. Vimianzo 7-7Muxía
Os Miudos 4-4 Corme
Fisterra 3-3 Coristanco
Outes 1-5 Esteirana
  • Descansa Baio.

Ligas de Veteranos, xornada 12

1ª División

Cabana 3-1 Xv. Bergantiños
Castriz 0-0 San Lorenzo
Soneira 2-1 Muros
Zas 5-2 San Román
Coristanco 1-1 Ponteceso
Dumbría 4-0 Nantón
Laxe 3-0 Baio
Bértoa 2-0 Camariñas Vet

2ª División

Sofán 1-4Leiloio
Malpica 1-1 Camelle
Erbecedo 4-1 Dep. Carballo
Porteño 4-1 Buño
Corme 0-3 Cerqueda
Agualada 3-0 Corcoesto
At. Milagrosa 6-0 Poniente
  • Descansa Vimianzo.

Liga Intermunicipios, xornada 9

Peña Galicia 5-1 A Piña
Laxe 2-5 Sp. Seaia
Valenza 1-2 Sp. Brea
Cances 5-2 Cereo
Xornes 2-2 Baldaio
  • Descansa Rus.

Novas relacionadas


O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios