Aguantou o tempo e puidemos vivir esta última fin de semana de outubro unhas fermosas tardes de Fútbol da Costa. E coma sempre, antes que ninguén (malia que os copiaepega sigan reproducíndose pola bisbarra) o equipo QPC trae os resultados e a crónica dunha xornada case completa, tralo comezo da 3ª e esperando que arrinque a Liga de cadetes.
Unha xornada de derbis, como o da Preferente, un dos máis esperados do ano trala revolución no XSC que deparou con varios míticos xogadores xalleiros nas filas dumbriesas. Así, o Conco vivíu unha tarde bronca, e o resultado non se moviu, deixando ao XSC na 2ª praza trala vitoria do Sada ao Ribadeo. Os xalleiros quedan a 3 dun Bergantiños que non pasou do empate ante o Estudiantil, mentres o Dumbría queda 9º a 8 do líder. Pola súa parte, o Soneira sacaba un punto tras remontar un choque que se lle puña custa arriba na primeira metade e queda 15º con 9 puntos.
Tamén traía derbi a 1ª Autonómica, e quedou en Pedra Queimada. O Malpica fixo valer a súa veteranía na categoría para sacar os 3 puntos e superar ao Baio. Quedan agora os de Baña con 16 puntos, a 5 do líder, un intratable Noia, e o Baio con 14. Con 12 está a Esteirana tralo empate na casa ante o Lamela, mentres o Camariñas caía na casa ante o Bertamiráns B. A gran nova da fin de semana foi a primeira vitoria do Ponteceso ante o Sigüeiro. Os de Mato seguen en descenso, pero esta vitoria lles pode dar moitas ás.
Xornada importante na 2ª Autonómica, con dous partidos por todo o alto. Mentres o Outes segue ao seu, 4 aspirantes víanse as caras. En San Pedro, o Sofán sacou, a base de defensa e brega 3 puntos que o deixan só na segunda praza, aínda a 5 do líder. I é que o Cee sucumbiu ante un Corme que foi explotar no San Paio de Refoxos. Levaba o Corme avisando de que viña cargado de fútbol, e o desplegou en Cee para achegarse xa realmente á zona alta. Tamén están aí arriba o Fisterra e o Zas, que vencían a Mazaricos e Cabana.
Por abaixo, primeira vitoria do San Lorenzo ante o Muros, e segunda do IDC ante un Corcubión que pecha a táboa cun só punto.
E arrincou ao completo a 3ª Autonómica tralo partido adiantado da semana pasada. Queda precisamente o Montelouro como primeiro líder tralo 4-1 ao Laxe. Con el arrincan vencendo o Baíñas, cun 1-3 ao Seaia que demostra as súas intencións; o Muxía, vencendo 3-2 ao Castrelo; e o Coristanco, que venceu en Lira. O resto remataron en empate.
Seguen intensas as Ligas Xuvenís. No Sur o Dumbría non para e puido co seu máximo perseguidor, o Fisterra, ao que deixa a 4 puntos, os mesmos que ao Cee, que vencía en Mazaricos. Esteirana e XSC mantéñense na loita por esas dúas prazas que parecen quedar pendentes se o Dumbría segue así.
Polo Norte, a igualdade segue reinando como o demostra o novo cambio de líder. O Corme toma o relevo do Malpica tralo empate destes en Baio. Un Baio que xa leva 5 igualadas e que está moito máis abaixo do que merece por xogo. Cabana e Malpica quedan a 1 do Corme, e o Ponteceso a 2.
Chegaba o Deportivo ao Conco no partido máis esperado da División de Honra Cadete e o Dumbría demostrou que pode competir a primeiro nivel. Os dumbrieses aguantaron as embestidas do cadro herculino e mantiveron un empate, quedando agora 5º por debaixo de 4 históricos de Galicia.
Non van tan ben as cousas na Liga Galega Infantil. Desta volta, o Dumbría non puido sacar nada ante o Deportivo, pero o que si sumou a súa primeira vitoria da temporada foi o XSC, que sabe que é necesario seguir sumando para a segunda liguilla por evitar o descenso.
Xa temos Semifinalistas da I Copa da Costa Cadete trala disputa dos Cuartos. Unhas semis que esperarán ata o 4 de xaneiro, pois a vindeira semana comeza a Liga.
E en infantís Corme e Cee seguen ao seu, cun Fisterra moi pegadiño.
Nos Veteranos segue a cousa igualada. En 1ª División o Coristanco segue sendo líder a pesar de non pasar do empate ante o Bértoa. O Laxe, que superaba pola mínima ao Dumbría, e o Baio, que empataba no derbi zaense, quedan pegadiños. Na 2ª División, o Milagrosa segue imparable, con 3 puntos de vantaxe sobre o Malpica, que vencía o derbi en Cerqueda.
Soneira SD | 2-2 | Gal. Mugardos |
Ag. Estudiantil | 0-0 | Bergantiños C.F |
C.F. Dumbría | 0-0 | Xallas StComba |
Ponteceso S.D. | 2-1 | Sigüeiro C.F. |
S.D. Esteirana | 2-2 | C.F. Lamela |
Camariñas C.F. | 1-3 | Bertamiráns B |
S.C.D. Malpica | 2-1 | C.D. Baio |
Camelle S.D. | 2-4 | U.D. Carnota |
Volantes F.C. | 2-1 | Buño S.D.C |
Porteño C.F. | 1-3 | Outes C.F. |
S.D. Castriz | 0-1 | S.D. Sofán |
Mazaricos C.F. | 2-6 | S.D. Fisterra |
Indep. Carballo | 3-1 | U.D. Corcubión |
U.C. Cee | 0-3 | Corme C.F. |
S.D.San Lorenzo | 2-1 | Muros S.D. |
Sp. Zas | 1-0 | Cabana S.D. |
Sp. Seaia | 1-3 | C.D. Baíñas |
C.D. Nantón | 0-0 | SDC Corcoesto |
Lira C.F. | 1-2 | S.D. Coristanco |
Muxía C.F. | 3-2 | C.F. Castrelo |
U.D. Cerqueda | 0-0 | S.D. Ameixenda |
U.D. Montelouro | 1-4 | S.D. Laxe |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 9
Xallas StComba | 5-1 | Muros S.D. |
C.F. Dumbría | 3-0 | S.D. Fisterra |
Mazaricos C.F. | 2-6 | U.C. Cee |
Soneira S.D. | 4-1 | Lira C.F. |
- Descansan Outes e Esteirana.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 9
S.D. Coristanco | 1-0 | Muxía C.F. |
Ponteceso S.D. | 6-0 | Porteño C.F. |
Corme C.F. | 7-1 | Camariñas F.C. |
C.D. Baio | 1-1 | S.C.D. Malpica |
S.D. Laxe | 1-2 | Cabana S.D. |
C.F. Dumbría | 1-1 | R.C. Deportivo |
C.F. Dumbría | 1-3 | R.C. Deportivo |
Montañeros B.G. | 1-3 | Xallas StComba |
Bergantiños C.F. | 5-0 | C.D. Foz |
- A: Coristanco – Cabana (3-3) * Pasa o Coristanco por penaltis tras quedar 6-5.
- B: XSC – Cee (3-0).
- C: Muros – Esteirana (4-1).
- D: Fisterra – Zas (6-1).
Polo tanto as Semifinais serán o 04-01-2014:
- Coristanco - XSC.
- Muros - Fisterra.
S.D. Sofán | 1-6 | S.D. Fisterra |
C.D. Baio | 0-2 | Ponteceso S.D. |
Muxía C.F. | 3-1 | Outes C.F. |
Corme C.F. | 4-3 | S.D. Coristanco |
Cabana S.D. | 3-5 | U.C. Cee |
E.M.F. Vimianzo | 1/11 - 17:30 | E.D. Os Miudos |
Ligas de Veteranos, xornada 7
Ponteceso | 2-0 | Xv. Bergantiños |
Nantón | 1-10 | San Román |
San Lorenzo | 0-0 | Soneira |
Baio | 2-2 | Zas |
Camariñas Vet | 0-5 | Cabana |
Bértoa | 0-0 | Coristanco |
Laxe | 2-1 | Dumbría |
Muros | 1-0 | Castriz |
Poniente | 9-2 | Vimianzo |
Dep. Carballo | 1-2 | Camelle |
Buño | 0-5 | Sofán |
Cerqueda | 1-3 | Malpica |
Agualada | 0-1 | At. Milagrosa |
Corme | 2-8 | Erbecedo |
Leiloio | 2-2 | Porteño |
Laxe | 0-5 | Cances |
A Piña | 4-2 | Rus |
Sp. Brea | 1-1 | Cereo |
Peña Galicia | 1-3 | Xornes |
Sp. Seaia | 0-0 | Baldaio |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).