Veteranos: O Coristanco retoma o mando a falta de 3 xornadas


Descansan esta Semana Santa (queda algún partido aprazado) pero é que a cousa daba un vuelco esta pasada fin de semana, a falta de só 3 xornadas para o remate da 1ª División. I é que parece que pesou a responsabilidade no San Román, e con todo de cara, deixou levar os puntos a un necesitado Xuv. Bergantiños do seu campo, e ve como o Coristanco lle rouba a primeira praza na que levaba 8 xornadas.
O Coristanco non fallaba na súa visita ao Baio e suma agora 2 puntos máis que o seu rival, e buscará revalidar o seu título de liga do ano pasado, no que ademais foi campión da Super Copa. E parece que serán os dous equipos os que pelexen ata o final pois o Dumbría, que vencía ao Soneira este pasado domingo, e o Milagrosa, que superaba ao Laxe, quedan xa a 7 do liderato. Dous equipos que, xunto a Hosgran e San Lorenzo tiveron opcións ata estas últimas semanas, pero aos que os tropezos non lles permitiron chegar con opcións á recta final.
Quedan, polo tanto, 3 xornadas de infarto. Pero todos os ollos estarán na Rocheira o vindeiro domingo 12 de abril. Alí o Coristanco recibe ao San Román, nun choque no que pode estar media liga. O cadro verde xa venceu na ida, e unha vitoria lle deixaría o camiño máis que listo cara o título. Pero a vitoria do San Román o poría de líder a falta de só dúas xornadas.
Por abaixo, a cousa aínda está tensa. 3 equipos en apenas 2 puntos, pelexando por evitar o descenso. O Cabana estaba fóra dos postos de descenso a semana pasada pero a súa derrota ante o Ponteceso, e as vitorias do Castriz en Bértoa e do Xuv. Bergantiños ante o ata ese día líder San Román, deixan ao cadro cabanés de pechacancelas. A vindeira xornada, un Xuv. Bergantiños-Cabana de infarto e na última saltarán chispas no Castriz-Cabana.

Erbecedo e Agualada, cos dous pés na 1ª
Mentres, parece que a 2ª División está finiquitada. Erbecedo e Agualada xa practicamente teñen o ascenso asegurado, pois sacan 9 e 8 puntos ao 3º, o Corcoesto. Queda o título en xogo entre os dous conxuntos, pero o máis importante é que ambos xogarán, case con toda seguridade, na 1ª o ano que vén.

Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com
Novas dos Veteranos
- X.24: Paso aberto ao San Román.
- X.20: : Veteranos: 5 equipos en 3 puntos ante un duelo no cumio.
- X.13: O CD Hosgran afianza o seu mandato.
- X.9: Apretando o alto da táboa.
- X.4: Veteranos: O Hosgran e o San Isidro-Razo mantéñense intratables.
- 2014: O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- 2013 – 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
- 2012 – 2013: O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).