Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro
Menudo final de liga que deparou a 1ª División da Ligas dos Veteranos. Todo parecía despexado para o Coristanco despois de vencer ao San Román a falta de 2 xornadas e con 5 puntos a favor. Pero o cadro verde non fixo os deberes, perdendo os dous últimos partidos e deixando o título ao San Román, que non fallaba ante o Bértoa nesta última xornada.
Queda así pois o San Román, campión desta Liga 2014-2015, retoma o paso do propio Coristanco, bicampión o curso pasado. A xornada foi tremenda, auténtica de transistores con chamadas dun campo a outro, e con tensión ata o último suspiro. I é que o San Román conseguía a vitoria con só 5 minutos para o final. Pero o seu partido remataba 5 minutos antes que o da Rocheira, polo que os xogadores do San Román estaban pendente da finalización deste partido, debido a que o Hosgran estaba gañando 0-1, pero un gol do Coristanco daríalle o campionato ao Coristanco, Isto non sucedeu aínda que a punto estivo xa que no tempo engadido nun par de saques de esquina tanto Antoniño como o central do equipo o balón foise por pouco e o San Román celebrou o título.
Por abaixo, a xornada tamén deixaba cousas, pois o Xuv. Bergantiños e o Cabana se xogaban o descenso. Noutros dous choque sde infarto cunha remontada ñepoica dos cabaneses ante o descendido Castriz deixa ao cadro Xuv. Bergantiños en 2ª División. Serán Erbecedo e Agualada os dous equipos que tomen os postos na 1ª, despois de que o Erbecedo se proclamase campión da 2º ao non fallar co Porteño.
Os Pichichis
Déixanos hoxe Modesto Parga unha completa crónica dos partidos importantes. O presidente do Comité, ademais de facer un seguemento ao pé cada xornada, fai públicos os trofeos aos pichichis. Foi Pichín, o goleador do Zas, con 25 goles, o Máximo goleador da 1ª División, mentres Toniño, do Agualada, con 40, o pichichi da 2ª.
A Copa da Costa de Veteranos 2015
E xa tivo lugar o sorteo da Copa 2015, que xa comeza xa! O cadro está sempre en www.copadacosta.com, pero xa podedes velo aquí:
San Román - Bértoa (2-1)
- SAN ROMÁN: Cotelo, Bechi, Álex, Pedro, Montelo, Óscar, Mauri, Avelino, Rubén, Víctor e Sebas. Tamén xogaron: Óscar, Marcos e Rizos.
- BÉRTOA: Maikel, Óscar, Alberto, Nico, Iván, Lista, Eusebio, Marcos, Míchel e Loureiro; Tamén xogaron: Marcos García, José Antonio e Eduardo.
- Goles: 0-1, min.43: Roberto; 1-1, min.72: Marcos; 2-1, min.85: Avelino.
Primeira parte na que o Bértoa tivo outras dúas ocasións para adiantarse no marcador con dúas faltas ao borde do área ben sacadas por Jose Antonio que Cotelo, porteiro do San Román, salvou cando se cantaba gol. Non reaccionaba o aspirante e Roberto adiantaba aos locais cando faltaba un par de minutos para o descanso.
Si espabilou o cadro do Bértoa na segunda parte, que dominou de principio a fin indo polo partido e polo título. Aos 27 minutos, o central Marcos empataba xa co equipo completamente volcado. E só faltaban 5 minutos para o remate cando Avelino facía o defintivo 2-1.
Coristanco - Hosgran (0-1)
- CORISTANCO: Chapas, Suso, Koki, Valencia, Toniño, David; Charly, Lorenzo, Maikel; Luki e Adrián. Tamén xogaron: Díaz, Alberto e Javi.
- HOSGRAN: David, Juan, Jesús, Cristian, Puñal; Jesús Rama, Juan, Esmorís, Alejandro, Caamaño e David. Tamén xogaron: Cabezas, Javi, Sergio, Ángel e Constantino.
- Gol: 0-1, min.25: David de cabeza nun saque de esquina bate ao porteiro do Coristanco Chapas que nada puido facer para evitar ese gol.
Bo partido de ambos equipos onde o Coristanco estábase xogando ser campión de Liga. Cun empate éralle suficiente para ser campión, pero ese gol aos 25 minutos da primeira parte tocou a moral dos xogadores do Coristanco que durante uns 15 minutos logo dese gol, o Hosgran puido conseguir dous goles máis en dúas ocasións claras ante o porteiro Chapas pero unha íase fóra por pouco e a outra a para o porteiro.
Na segunda parte o Coristanco non era quen de superar a presión do Hosgran, que dominaba o partido durante os primeiros minutos. Pero a partir deses 15 minutos o Coristanco adiantaba as liñas defensivas e conseguía meterse enriba da portería do Hosgran. Pero con poucas ocasións para facer o empate que lle valería para ser campión. Xa no tempo de desconto e a propósito que o San Román gañara o seu partido, eses cinco minutos de xogo foi un pesadelo para o porteiro do Hosgran, xa que en dúas ocasións unha por parte de Toniño de cabeza e outra de Luki o balón marchouse por pouco. O Coristanco notou moito a baixa da súa goleador Carliños e acabou sucumbindo deixando escapar o título.
Xuv. Bergantiños - Dumbría (4-3)
Xogábase o descenso io Xuv. e foi gañado en todo o momento do partido, pero dependía do Cabana do resultado que se dese neste partido para non baixar a 2ª división. Na primeira parte era equipo de primeira e ata a falta de poucos minutos seguía sendo equipo de primeira por que o Cabana estaba perdendo o seu partido ante o Castriz, primeiro por 0-1 despues 0-2, pero o Cabana na segunda parte consegue empatar o partido e cando faltaba moi pouco para finalizalo consegue o 2-3 que, con este resultado final, descenden a 2ª Division o Castriz e Xuv. Bergantiños.
Castriz - Cabana (2-3)
Partido moi disputado no campo do Castriz, onde o equipo local por medio Álvaro aos 15 minutos da primeira parte adiántase co 1-0. Na segunda parte aos 10 minutos Álvaro dálle máis vantaxe ao Castriz, poñendo o resultado de 2-0, minuto 20 desta segunda parte. Tocaba remar ao Cabana, que recortaba o resultado facendo o 2-1 por medio do seu xogador Iván, e só 3 minutos despois empata o partido Luís. Ca soga ao pescozo, cando só faltaba cinco minutos para a finalización do partido Maifre marcaba un gol que vale un ano, e slvaba ao Cabana, que aínda sufriría, pois xa no tempo de desconto nun tiro desde fóra do área por parte de Álvaro para Castriz pegaba no poste.
Erbecedo - Corcoest (2-1)
- ERBECEDO: Juan, Bruno, Andrés, Marcelino, Martín, Mauri, Luís, Sande, Rubén, David e Pablo. Tamén xogaron: Amarelle, Roberto, Abreu e Muíño.
- CORCOESTO: Pablo, Manolo, Couto, Germán, Avelino, Martín, Rodrigo, Pablo Vázquez, Pichuco, Cabana e Pouso. Tamén xogaron: Toniño e Miguel.
Moito público no campo do Cereo onde se viu un gran partido. Aos dez minutos do primeiro tempo adiántase o Corcoesto nun saque de esquina por mediación de Pouso e a falta de poucos minutos para o descanso empataba o partido Ruben. Pero cando faltaba pouco para a finalización do mesmo leste mesmo xogador Rubén dálle a vitoria ao Erbecedo, un gol que vale un campionato de 2ª División.
Ligas dos Veteranos en www.futboldacosta.com
Novas dos Veteranos
- X.28: O Coristanco venceu na finalísima co San Román e repetirá título.
- X.27: O Coristanco retoma o mando a falta de 3 xornadas.
- X.24: Paso aberto ao San Román.
- X.20: : Veteranos: 5 equipos en 3 puntos ante un duelo no cumio.
- X.13: O CD Hosgran afianza o seu mandato.
- X.9: Apretando o alto da táboa.
- X.4: Veteranos: O Hosgran e o San Isidro-Razo mantéñense intratables.
- 2014: O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- 2013 – 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
- 2012 – 2013: O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos de Modesto Parga, presidente do Comité de Fútbol Veteranos da Costa.