Vimianzo e Cee demostraron que o atletismo xa é deporte de masas na Costa da Morte
Segue o atletismo convertíndose en deporte de masas na Costa da Morte. Esta fin de semana puidémolo comprobar por partida doble, con dúas carreiras de grandísimo nivel. En Vimianzo tivo lugar a I Legua Irmandiña, no marco da completa programación do Asalto ao Castelo, mentres que en Cee celebrouse unha nova Carreira do Circuito Correndo pola Costa da Morte. Foi o calor protagonista, pero así e todo, os tempos foron estupendos e case medio millar de persoas "gastaron zapatilla".
Estreando a Legua Irmandiña
Quen mellor que Pedro Nimo para estrear o alto do podio da Legua Irmandiña. O santiagués impuxo un ritmo espectacular e entrou en meta cos xustos 19 minutos. Por detrás foron chegando César Vázquez Agra, de Zas, Iván Rego Pose, Cayetano Garcís Blanco, Martín Regueira Rellán, de Laxe, José Antonio Señarís, de Carballo, o primeiro corredor vimi-irmandiño, Damián Espasandín Lema, Vimianzo, así como José Buján Blanco, de Outes, Manuel Francisco Canosa Lires, de Camariñas e Asier Vázquez Santos, tamén de Vimianzo.
Moi boa a presencia costeira entre os case 150 participantes, como podemos comprobar nos resultados da Legua Irmandiña. Ademais deste vídeo das chegadas, tendes un bo álbum de fotos da Legua no Fb do Concello de Vimianzo:
Carreira en Cee
Menuda calor fixo o sábado en na Carreira de Cee. Pero non impediu que os que mandan no Circuito se viñeran arriba con forza. Participaron máis de 120 corredores na proba dos 10K, pero en total foron arredor de 400 os atletas. Sorprendeu o herculino Abdelkader Bouguerroudj, que se impuxo por diante de Míchel Antelo, o de Vimianzo que estivo preto da cabeza. Por detrás, Albertou Carou Carril, de Bertamiráns, o carballés Javier Seoane, o muradán Manu Dosil, e o coristanqués, o campión do circuito do ano pasado, Cristian Muíño.
Houbo ademais dous corredores en cadeira de rodas, que levaron sendas ovacións, o carballés Luis Miguel Bardanca e a pequena ceense Sara Vieites.
Como vai o Circuito Correndo pola Costa da Morte
Ollando o Circuito, atopamos ao vimiancés Damián Espasandín, de DAFIT entrenamento personal y ocio, en cabeza, con 4 probas disputadas, como o ceense José Manuel Lago Ces. Javier Martínez Lago, de Vilaseco, segue de preto.
Novas relacionadas
- Outes, Carballo, Cee, Ponteceso e Cabana preparan as zapatillas para as súas Carreiras do Circuito Provincial.
- Vimianzo bate marcas de afección polo atletismo.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Unha Carreira para integrar.
- Os Vikingos e as Bicis tomaron os montes de Carnota por Semana Santa.
- Muros tamén se prepara para a súa Carreira do Espíritu Santo.
- Case 400 atletas no comezo en Camariñas do II Circuito Correndo pola Costa.
- En marcha o II Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
- Os Irmandiños tamén saben correr a súa Legua.
- Dumbría e Pedro Nimo únense ao Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015.
- O coristanqués Cristian Muíño, campión do I Circuito Correndo pola Costa da Morte despois de vencer en Muxía.
Máis novas
- Dous pontecesáns na proba de aventura máis esixente do mundo.
- Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- 2014: 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
- A Federación Galega de Atletismo premia ao Concello de Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).