Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Zas acolle a festa do tenis de mesa anual co Torneo Ponciano Nieto

Zas acolle a festa do tenis de mesa anual co Torneo Ponciano Nieto
Este sábado 18 de xuño celebrarase o torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa, como xa é habitual cada ano. Terá lugar no pavillón municipal de Zas e nel participarán cerca de 70 xogadores, o máis numeroso ata o momento. Foron moitas as peticións para participar no torneo, tantas que a organización tivo que cerrar a inscripción este mércores. Aumentou o número de participantes e tamén a categoría deles, así este ano contarase coa participación de xogadores da división de honor nacional e hai que ter en conta que coincide co campionato de España e iso impide aos bos de Galicia vir a este torneo pois todos querían formar parte do familiar torneo; xa que este  destaca polo ambiente familiar que se vive ao longo de todo o día. Empezará as 9'30 da maña coa fase de grupos e as 12 terán unha parada para repoñer forzas a base de empanada, tortilla e algo máis; logo as eliminatorias finais para despois da entrega de premios disfrutar todos xuntos dunha churrascada feita nos arredores do pavillón. Aparte dos xogadores tamén compartirán a xornada os acompañantes e familiares, co cal a organización espera xuntar unhas 100 persoas.
No torneo terán a oportunidade de demostrar os membros dos equipos de Zas os seus últimos éxitos acadados nos campionatos galegos como foi o 3º posto por equipos no sub-23 disputado en Vilalba. Os zaenses 3 en Vilalba Os zaenses quedaron 3º en Vilalba

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios