Martes. 07.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: O XSC pega o estirón

Ligas Galegas: O XSC pega o estirón
Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

A igualdade de cada partido na máxima categoría Cadete, a División de Honra, fai que as vitorias ou as derrotas se diriman por pequenos detalles. Ese foi o caso da visita do Dumbria cadete ó campo do Victoria coruñés, un equipo de similar potencial, pero que inclinou a balanza ó seu favor con único tanto, un doloroso gol a balón parado no tempo de desconto do primeiro tempo. Quedan os dumbrieses na 12ª praza, con 11 puntos, con 4 de marxe sobre os postos de descenso.

Na Liga Galega Cadete, xusto triunfo do XSC no terreo de xogo coruñés de A Grela, ante un Imperátor que se viu absolutamente superado polos xalleiros no tramo final da primeira metade, onde os verde-laranxas conseguiron os seus tres tantos. Os de Corredoira ascenden ata a 12ª praza, xa con 7 puntos de marxe sobre o descenso.

E xa nos Infantís derrota dos dumbrieses na Coruña que os alonxa da zona media-alta (quedan a 6 puntos), pois xa sabemos que trala primeira volta (quedan 9 xornadas), os da metade da táboa para arriba compeitrán polo título e os de abaixo por evitar o descenso, de aí o importante que é esta parte da competición.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 10

Víctoria - Dumbría (1-0)

  • DUMBRÍA: Gabriel: Josiño, Pablo (Mario, min.41), Raúl, Fabio; Jose, Marcos, Borja; Ayoze, Luís Lojo (Gabi, min.53) e Brandón (Adrián, min.65).
  • Gol: 1-0, min.30.

O partido iniciouse cunha posesión sin perigo dos coruñeses, q ó chegar á liña de medios do Dumbría se enrredaba, e os blancos, roubaban e salian con velocidade e perigo. O plan de Juan e Joaquin, comezaba funcionando. Ós 3 minutos Brandon amenazaba sin concretar, e pouco despois era Fabio o que inquietaba o marco local cun lanzamento de falta. Neste 1° acto o Victoria apenas se achegou con algún tiro lonxano. Neste escenario, cun partido equilibrado sin moito perigo nas áreas, chegou, no alargue do 1° tempo, o gol do triunfo local. Nunha falta lateral ben botada, os atacantes estiveron máis prestos q os defensores costeiros, que penalizaron esa última falla de atención co gol da derrota.

O segundo tempo mudou de protagonismos. Era o Victoria o que se atrincheraba no seu territorio e o Dumbría o que trataba de crear. Pero caendo en demasiadas imprecisións, nun fútbol demasiado directo, que non conseguiu inquietar o rival. Nin a través do xogo, nin a través dos balóns parados, noutros momentos salvadores para este Dumbría cadete.

Liga Galega Cadete, xornada 10

Imperator - Xallas StComba (1-3)

  • XSC: Rubén, Pablo (Manuel), Alberto (Rubén Suárez), Raúl, R; Carlos Baio; Juanjo; Thiago, Carlos Rieiro, Juan Lois (Mosteiro); Grille (Guillín).
  • Goles: 0-1, min.23: Juan Lois; 0-2, min.28: Thiago; 0-3, min.37: Carlos Rieiro; 1-3, min.39.
O partido estivo marcado polo vento. Na primeira metade, co vento a favor, os xalleiros sacaron provecho do mesmo e controlaron perfectamente o tempo do partido, ata conseguir, primeiro, adiantarse no marcador nunha falta materializada por Juan Lois e terminar de deixar o partido case sentenciado cos tantos de Thiago e Carlos Rieiro. Non obstante o gol local, nun erro da zaga xalleira, fixo albergar esperanzas aos rojillos de ter opcións na segunda itad. Pero na segunda parte, o bo labor de contención do Xallas de Santa Comba, unido ás felices intervencións do meta Rubén, abortaron as posibilidades do Imperator de conseguir un mellor resultado que o 1-3 que campeó no marcador ata o final dos oitenta minutos de xogo. Un excelente triunfo nun campo complicado, que reafirma a boa dos xalleiros, con cinco xornadas consecutivas sumando puntos e escapando da zona de perigo da táboa clasificatoria e mirando aos poucos cara a posicións máis tranquilizadoras Na próxima xornada, un duro óso para os xogadores do Xallas de Santa Comba, pois visita A Fontenla o Deportivo B, o sábado ás 12 da mañá. Un bo partido, sen dúbida, onde os xalleiros buscarán manter a liña ascendente que levan actualmente e sacar provecho da mesma.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 10

Ural - Dumbría (2-0)

  • DUMBRÍA: Juan; Sergio, Berto, Toni, Samuel, Álex; Hugo, Brais Fdez; Adrián; Xan e Ángel Sestayo. Tamén xogaron: Jonathan, Alberto, Brais Martínez, Brais Tajes e Xulián.
  • Goles: 1-0, min.38; 2-0, min.79.

Claves foron os últimos instantes de cada tempo para o devir do partido. Dous goles, dos chamados psicolóxicos, ao fío do descanso e a un minuto do final do partido, decantaron o choque para os herculinos, a pesar das ocasións que tiveron os dumbrieses de empatar o choque durante a sgeunda metade.

Non foi, en todo caso, un bo partido do equipo de Pablo Conde e Huelvis. O Ural foi dominador claro do partido, sen ser fisicamente superiores, e aos costeiros non lle duraba o balón nos pés, cunha actitude, por momentos, incorrecta. Merecida derrota dos costeiros que terán que mellorar nas vindeiras xornadas.


Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios