Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A fervenza de Miñóns de Buxantes

Cascada Ribeiro de Miñóns copia
Cascada Ribeiro de Miñóns
O Modesto Patrimonio: A fervenza de Miñóns de Buxantes

Polo medio do lugar de Miñóns de Buxantes pasa un regato que o divide en dous barrios: Lugar de Abaixo ou Lugar Grande e o Lugar de Arriba, coñecido tamén como Lugar Pequeño. Este regato é coñecido como Rego de Miñóns e máis adiante toma o nome de Río do Ribeiro. Ten unha lonxitude duns 4 Qm. e as súas augas baixan en pequenas cascadas polo val coñecido como O Ribeiro de Miñóns para desembocar no río principal que vén de Buxantes, próximo ao lugar de Fadibón.

Paralelo a este río, polo lateral esquerdo, existe un camiño moi relaxante cuberto de árbores que sae deste lugar de Fadibón e conduce ao lugar de Miñóns, ruta ideal para facer sendeirismo. Pola marxe dereita existe outro regato duns 1,5 Qm. que nace na paraxe dos Cons e desemboca no de Miñons en forma de cascada cun desnivel duns 15 m. formando unha ruídosa fervenza.

Este regato, antes de caer en cascada, alimenta un muíño coñecido como Muíño da Franca, construído sobre o ano 1946.

50.- Muíño de Carreira (Miñóns) copia
Muíño de Carreira

Cruz do M. de Carreira copia
Cruz do Muiño de Carreira

Neste treito de río existían, pola marxe esquerda, sete muíños fariñeiros, todos eles na actualidade en estado ruínoso; ímolos enumerar: Muíño da Legüiña, cercano ao lugar; Muíño de Sendón, construído sobre o ano 1940; Muíño da Sueira, desfeito pola riada do 5-01-1988; Muíño do Medio, construído sobre o ano 1905; Muíño de Carreira, reconstruído sobre o ano 1920 sobre o solar doutro moi antigo do s. XVII coñecido como Muíño do Ribeiro.

Segundo o Catastro antigo era de Dominga Cerván, máis coñecida como “A Cervana”, que debía ser tía-avoa do meo avó Modesto e viúva de Pedro Piñeiro do lugar de Miñóns. Este muíño daba servizo a unha parte dos veciños do lugar, correspondéndolle unha peza cada sete días.

O Muíño Vello tamén era un muíño veciñal moi antigo e según o catastro coñecíano como “Muíño Vello do Riveiro”, compartido con José Sampayo, José de Cerván e Ana Pérez, viúva de Juan Sendón. Descoñecemos o ano en que foi destruído por unha riada.

Por último está o Muíño de Brunio, construído sobre o ano 1934 que aínda se mantén en pé.

Miñóns copia

Outros artigos no "Modesto Patrimonio"

Patrimonio Pindexo

Comentarios