Domingo. 31.05.2020
El tiempo

Un Maratón de Sangue consegue un 50% máis de doazóns en Fisterra

Un Maratón de Sangue consegue un 50% máis de doazóns en Fisterra
Maraton de sangue en Fisterra

Encantados estamos cas novas propostas que se están desenvolvendo polos centros de ensino da bisbarra neste último ano. Un dos que máis nos presta foi o #FisterraDoa, un proxecto dende o IES Fin do Camiño que mestura compromiso con solidariedade. Foron os alumnos os creadores dunha campaña de fomento da doazón, tan necesaria sempre, creando un verdadeiro maratón de sangue á chegada do bus da doazón este pasado mércores 20 de maio.

Ademais, a campaña foi un éxito total, pois conseguiuse un 50% mais de doazóns e 12 novos primeiros doantes. Había lista de espera durante moitas horas do #Maratondesangue para subir ao bus, con todos os mestres doando e numeroso veciños.

Un exercicio de solidariedade no que os alumnos, que son os máis importantes, aprenderon moitísimo.

Alumnas do IES Fin do Camino no proxecto FisterraDoa A directora do IES Fin do Camino doando no FisterraDoa Ata Manin doou no FisterraDoa

Novas fisterrás

Bos exemplos escolares

Malos exemplos no ensino

Fonte

comentarios