1ª FUTGAL: Resultados para todos os gustos.

Diversa, para os nosos, a xornada 14 da 1ª Galicia. Cómpre destacar o vitorión do Fisterra en Tordoia. O equipo de Lobelos levaba dende abril sen gañar fóra de casa pero fixo un partido redondo, que lle permite colocarse na 5ª praza.
Destacado empate tamén do Dumbría ante o intratable líder. I é que no Conco viviuse un partidazo doutra categoría entre dous dos mellores da categoría, que rematou en táboas, demostrando que o Dumbría pode competir man a man ata co invito líder.
O outro empate da xornada viviuno a Esteirana, que lle serve par manter distancia cos de arriba e cos de abaixo.
Non puido o San Lorenzo sumar vitoria na estrea de Iván Rojo, nun choque se prevía importante ante un rival directo que deixan escapar.
Tamén colleitaron sendas derrotas Muxía, en Carral, e Castriz, na casa ante o Calo, quedando igualmente ambos equipos en zona cómoda.
Tordoia - Fisterra (0-5)
- Fisterra: Joselu, Isma, Colombia, Piti, Dani, Juan, Jano, Guille, Lobelos, Bruno e Isaac Fábregas. Tamén Rubén, Miguel, Jose e Ángel.
- Goles: 0-1, m.27: Isaac remata un córner de Isma; 0-2, m.47: Juan dende fóra da área; 0-3, m.63: Isaac define no man a man tras un pase de Bruno; 0-4, m.66: Guille aproveita un pase de Isma ao que falla o porteiro; 0-5, m.87: Dani pola escuadra aproveita un rexeite do porteiro a un remate de Lobelos.
Partidazo para enmarcar do equipo de Diego Lobelos no antigo Gogullos. Os xogadores fisterráns coidáronse na noite sabatina e deron un recital na mañá dominical, facendo un partido completísimo. Xa na primeira metade o equipo visitante facía dano por todas partes, tendo ata 8 ocasións de gol claras: Bruno tivo tres, unha de cabeza e dous mans a man; Isaac, Lobelos, Isma, Jano a “bocajarro” contra a faciana do porteiro… O partido estaba para ir ao descanso 0-3 o ou 0-4 pero só entraba un remate de Isaac a un córner botado por Isma. Joselu apenas tivo que aparecer ante unha accón de Porty.
Temían os fisterráns que a falta de acerto lle podía costar caro, pero os fisterrán seguían levando cada duelo, cada segundo balón, e os goles si foron aparecendo, marcando dende moi pronto e sentenciando o choque, e dando unha lección.

Carral - Muxía (3-1)
- Muxía: Adrián, Rober, Anxo, Congui, Carlos Cost, Julián, Víctor Alcaina, Mauro, Iago, Adam, Manu Nogueira. Tamén: Xabi, Mateo, Manu Martínez, Fran Moreira, Darío e Noé.
- Goles: 1-0, m.44: Roel; 2-0, m.45: Jacobo Castro; 3-0, m.72: Jacobo Castro; 3-1, m.91: Fran Moreira.
Partido moi igualado na primeira metade, na cal o Carral ten unha ocasión moi clara que solventa cunha gran parada Adrián. A partir de aquí o Muxía faise co mando do choque, tapando ben o xogo directo do Carral e tendo un par de boas chegadas. Pero cando mellor estaban os de Pataca, dúas xogadas antes do descanso decantan o partido para os locais.
Custou levantarse dos golpes psicolóxicos pero volveron na segunda intentando darlle a volta ao marcador con mais corazon que cabeza. Sentenciria cun gol de cabeza o Carral, e malia que Fran recurtaría no desconto non perigraría a vitoria local.
Praíña - San Lorenzo (2-1)
- San Lorenzo: Mario, Pablo Rod., Pablo Garrido, Baldo, Isma, Javi, Alex Vázquez, Alex Costa, Alex Taibo, Iago e Riki. Tamén: Benja, Raúl, Hugo Rey, Alberto Campos, ELoy Arantón, Hugo Pereiro e Rubén.
- Goles: 1-0, m.48: Fabiano; 2-0, m.73: Manuel Soto; 2-1, m.83: Riki Moya de penalti.

Non puido sacar premio na súa estrea Iván Rojo á fronte do San Lorenzo. A primeria parte transcorría igualada cos dous equipos ordenados, cun equipo local que conseguía chegadas por bandas e un SanLo moi serio que intentaba recuperar e saír á contra. Mario tiña que aparecer para salvar unha das mellores accións do primeiro tempo, se ben os carballeses tamén avisaban.
Arrincaba a segunda metade cun tanto do Praíña que fai moito dano ao San Lorenzo. O partido rompíase e despois de moitas idas e vidas chegaba o segundo do Praiña, nunha xogada na que os visitantes pedían fóra de xogo. O San Lorenzo recortou distancias tras un penalti e cos cambios conseguía meter o rival no seu campo no último cuarto de hora, tendo mesmo unha ocasión clara de Eloy, co porteiro batido, que salva un central baixo paus. Tamén pediron os visitantes un posible penalti sobre Raúl no tempo engadido, pero o colexiado non o sinalou e os carballeses volven sen premio, permitindo que o Praíña marche a 11 puntos de distancia.

Dumbría - Club do Mar (0-0)
- Dumbría: Anxo, Kanario, Brais, Dani Chao, Antón, Baba, Toni, Alex Marcote, Lucas, Xabi Castro e Diego Estévez. Tamén: Isma, Breixo, Mataso, Pablo Costa, Iago, Adrián Trasmonte e Adrián Perisca.
Partido de alta voltaxe no Conco, de gran ritmo e de gran nivel. Na primeira metade o líder foi un pouco superior, aproveitando o vento, pero sen ter ocasións moi claras agás un remate de cabeza. Os dumbrieses obrigaban aos visitantes a abusar de balóns longos, pero os caioneses gañaban os duelos e as segundas xogadas metendo no seu campo aos locais.
Cambiou o conto na segunda. Os de Pablo Conde estivo moito máis metido, dominou territorialmente e tivo ata tres ocasións moi claras: unha de Diego que lle para Rama abaixo; unha de Diego e Xabi que non acaban de rematar; e un remate de Xabi ao longueiro.
Unha parte para cada un, pero co Dumbría máis preto de provocar a primeira derrota do líder.
A mellor nova para a familia dumbriesa, o debut de Pablo Costa Caravel, xuvenil de primeiro ano aínda con 16 anos, cunha longa historia na familia do CF Dumbría e o Fisober.
Castriz - Calo (1-2)
- Castriz: Coke, Fabián, Elvis, Marcos Mouro, Samuel, Saúl, Iván Facal, Adrián García, Pastoriza, Borja Gándara, e Noli. Tamém: Iván Fraga, Rodo e Gesto.
- Goles: 1-0, m.37: Borja Gándara a centro de Saúl; 1-1, m.74: Adrián de penalti; 1-2, m.80: Adrián.
Duro pau do Castriz, que outra vez non foi quen de sentenciar un partido que tiña de cara, e acabou pagando, por erros propios, cunha derrota. Tardou en entrar no partido o equipo xalleiro, que chegaba con moitas baixas, pero acabou dominando por completo a primeira metade, marcando un bo gol para adiantarse no marcador.
Non acababa de atoparse cómodo na segunda metade o cadro de Miguel Chouza, que vía como os visitantes ían chegando, malia sen continuidade, si a contagotas, á meta de Coke. Primeiro cun balón ao longueiro, e despois cun penalti tonto que lle permitía empatar ao Calo. O equipo local, que necesitaba ir pola vitoria para subir posicións, intentou ir para arriba, pero outro erro permitiou ao Calo poñerse por diante. Intentouno aí no desconto, pero o choque rematou cunha lea que acababa coa expulsión de Noli.
Bertamiráns - Esteirana (2-2)
- Esteirana: MJ, Kevin, Simón, Code, Adrián, Godo, Pachi, Pablo Rama, Antón, Adán, Elías. Tamén: Luaces, Miguel París, Rober Pladur; Samuel León.
- Goles: 1-0, m.32: Adrián Márquez de cabeza; 1-1, m.57: Adán aproveita un rexeite do porteiro a un tiro de Antón; 1-2, m.74: Pablo Rama de chilena; 2-2, m.88: Salama Loufti dende a liña de gondo.
Novo empate que cede a Esteirana no treito final, despois de merecer algo máis. Comezaba a primeira metade cos dous equipos sen riscos, se cadra con algunha ocasións máis os locais, que aproveitaban unha indecisión da defensa blaugrana para adiantarse á media hora. Aí sufriu algo o equipo esteirán que vía con bos ollos o remate do primeiro tempo.
Saíro cos folgos renovados os de Iván González na segunda, moito máis enchufados, moi preto da área rival. Antón tivo tres boas antes de lanzar o tiro que permitiu, no rexeite, empatar a Adán. Seguía percutindo o cadro esteirán, que non parou ata que Pablo Rama facía o golazo da tarde, cunha chilena espectacular. Pero aí pesaron as baixas do equipo, e o equipo comezou a baixar un pouco, e nunha das poucas ocasións conseguían empatar nunha xogada á que sae MJ, pero non chega, e practicamente dende o córner, Salama marca un gol moi difícil.
Todas as crónicas da 1ª FUTGAL
- X.13: Dumbría e Muxía manteñen a loita ben arriba.
- X.11: Dumbría e Muxía, en postos de podio.
- X.10: A xornada de derbis cóbrase o primeiro adestrador.
- X.9: O gran papel dos equipos costeiros.
- X.8: O Muxía métese en postos de promoción.
- X.7: O Castriz ponse líder costeiro.
- X.6: Subindo ao segundo e ao terceiro vagón.
- X.5: Fisterra e Muxía igualan a táboa nos derbis.
- X.4: A Esteirana e o Dumbría métense no vagón de cabeza.
- X.3: Fútbol total
- X.2: O Dumbría pon a quinta marcha.
- X.1: Dumbría e Fisterra comezan de 4 en 4.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.