1ª FUTGAL: Só o Fisterra salva unha nova mala xornadas
Debutou Fran Pequeño no banco do Fisterra e o equipo acadou unha vitoria que deixa a salvación a 5 puntos. Unha salvación que marca o Castriz, que saíu goleado da súa visita ao Calo, e que ve como se lle escapa 2 puntos por arriba un Camariñas ao que o punto colleitado na casa ante o Queixas sábelle a pouco, tendo en conta ademais a vitoria do Cire de Melide, que fai escapar ese vagón a 5 puntos de vantaxe. É dicir, os 4 equipos costeiros xogaranse co Bastavales 3 postos de descenso. Un eles ten cores blaugranas, a pesar das continuas intentonas do cadro esteirán
Por arriba, o Muxía non puido cun equipazo como o Club do Mar e ve alonxarse o soño da promoción.
Esteirana - Tordoia (0-3)
- Esteirana: Víctor Leis, Kevin Rial, Damián, Aitor, Antón, Dani, Anxo, Adrián, Toni, Oli e Foghete. Tamén: Luaces, Raúl, Uxío, Cristian e Samu León.
- Goles: 0-1, m.10: Víctor Vilariño de penalti; 0-2, m.45: Abel Torres; 0-3, m.69: Víctor Vilariño.
Pouco puido facer esta Esteirana, que despois da vitoria da semana pasada e dunha boa semana de adestramentos, chegaba ao Xosé Luís Vara con ilusión. Saían os de Adán ben plegadiños atrás, pero non conseguían axustar ben na presión. Unha xogada illada, un penalti por unha man na área local permitía aos locais adiantarse. Tiveron que subir liñas os locais e presionar máis arriba e sufriron nesa primeira metade, se ben o segundo xusto antes de pitar o descanso fixo moito dano.
Na segunda, con 0-2, e co equipo cheo de baixas como as do xuvenil Pablo, que estaba dando moito, foile limposible reaccionar.
Calo - Castriz (6-2)
- Castriz: Coke, Fabián, Anxo, Brais, Marcos Mouro, Fabio Blanco, Alberto Mata, Alemán, Josiño, Juanjo e Carlos Rieiro. Tamén: Iker, Luís, Feal, Fabio Barbeira, Rodo.
- Goles: 1-0,m .16: Jonathan Vieites; 2-0, m.20: Jonathan Vieites; 3-0, m.23: Dopazo; 4-0, m.32: Mguel Botana; 5-0, m.46: Nando Rosendo; 5-1, m.61: Luís; 5-2, m.77: Luís; 6-2, m.90: Nando Rosende.
Partidazo do Calo ante o Castriz, con varias marchas por diante do resto, e cunha eficacia tremenda. E iso que durante os primeiros 15 minutos o equipo de Barca estivo moi ben, tendo ata dúas ocasións. Pero en 20 minutos, 4 chegadas dos locais convertíronse nun claro 4-0.
Pero na primeira xogada da segunda metade facían o 5º. Reaccionaron os xalleiros con dous goles de Luís, pero sen marxe para poñer o partido en perigo.
A semana que vén, Castriz-Muxía.
Muxía - Club do Mar (0-1)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Carlos Costa, Javi Vilela, Antón, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Mauro, Iago, Rober, Fran Moreira. Tamén: Joel, Alex, Julián, Manu Nogueira, Carlos, Brais e Manu Martínez.
- Gol: 0-1, m.80: Mario Vila.
Tremendo partido o vivido nun día espectacular na Arliña. Choque igualado, cun nivel de fútbol e intensidade moi alto. Comezaron os de Pataca moi metidos no partido, sendo mellores que rival durante a maior parte da primeira parte, temos bastantes chegadas e con dúas boas ocasións, se ben o cadro caionés tamén se achegou unha vez por área local.
Na segunda, todo moito mais igualado. Tívoa o cadro corviño nunha clarísima de Róber que se vai fóra con todo a pracer, e pouco despois unha boa xogada combinativa do Club do Mar permitía adiantarse ao cadro visitante. Quedaba pouco pero o equipo intentouno ata o final. Non puido ser pero o mister macha “moi contento polo ofrecido polo equipo ante un dos mellores da categoría”.
Fisterra - Vizoño (2-1)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Dani, Maikel Mouzo, Rui, Piti, Martín, Ángel, Eze, Guille, Isaac Fábregas. Tamén: Lois, Juan, Adrián Makaay, Luiete, Rubén e Pablo Velay.
- Goles: 0-1, m.34: Diatta de penalti; 1-1, m.36: Eze; 2-1, m.46: Adrián Makaay.
Estreábase Fran no banco de Ara Solis trala dimisión de Leo Picallo, e facía coas cousas claras, buscando un xogo directo, e a buscar crear perigo coas segundas xogadas e aproveitando as individualidades do equipo da fin da terra. E a intensidade foi fundamental. O equipo estaba ben e Eze xa avisaba cun tiro á cruceta, pero un penalti en contra pouco despois metía por diante ao cadro rival.
Non cambiou o guión e pouco despois Eze si que acertaría entre os tres paus noutro dos seus golpeos. É outro o equipo dende a súa volta.
Na segunda, saíron coas mesmas ganas e nada máis saír, Adrián Makaay xa vacinou ao rival, aproveitando o doble rexeite do porteiro visitante a dous tiros de Isaac e Ángel.
Tocaba sufrir, e o equipo soubo remar a base de moito esforzo e aguantar o marcador ata o final do partido.
Camariñas - Queixas (1-1)
- Camariñas: Pablo, Víctor, Borja, Oliver, Pablo Suárez (David), Moriño (Raúl), Joseba (Adam), Javi, Mario e Brais.
- Goles: 0-1, m.20: Gonzalo Rivas de penalti; 1-1, m.61: Javi Antelo de penalti.
Partido moi complicado, ante un equipo que non deixaba xogar, que cortaba o xogo continuamente a base de faltas, o que impedía que os de Cabrejo e Faus combinasen e chegasem con perigro. Metíanse pronto por diante cun penalti por unhas mans dubidosas. Reaccionaron os locais e tiveron unha ocasión clara tras unha boa xogada de Mario que remata Soule e para o meta Rubén cando a bancada xa cantaba gol.
Na segunda, comezaron ben os locais, con Mario facendo moito dano por banda, e obrigando aos visitantes a facer constantes faltas (acabaron con 8 amarelas), cortando o ritmo continuamente. Conseguían empatar dende os 11 metros, tras un penalti forzado por Soule. A 10 do final, o rival queda con cun xogador menos, e foron minutos de asedio, pero sen acerto.
Un puntiño que sabe a pouco, máis se contamos outra lesión, a de Pablo Suárez, que estaba sendo un dos xogadores más en forma do equipo.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.25: O mundo ao revés.
- X.24: Dous míseros empates.
- X.23: O Fisterra saca a cabeza a costa dunha afundida Esteirana nunha xornada fatídica.
- X.22: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso.
- X.21 O Muxía fai soñar á parroquia corviña á costa do Camariñas.
- X.20: Esteirana e Fisterra reaccionan e o Muxía colócase a 1 punto do liderato.
- X.19: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo.
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.