1ª FUTGAL: O mundo ao revés
- Leo Picallo anuncia que deixa o banco da SD Fisterra
Xornada estrana, e mala, outra vez. Só sumou a desafiuzada Esteirana, e fíxoo no derbi ante o Camariñas, quedando os nosos 4 equipos nas 5 últimas posicións. A goleada sufrida polo Fisterra deixa tamén tocado ao cadro fisterrán, ambos a 9 e 8 puntos da salvación. Unha salvación que marca, co Bastavales polo medio, o Castriz, que tamén perdeu, con 26, polos 27 do propio Camariñas, en caída libre nesta segunda volta, vendo ademais como se van escapando os do grupo anteiror.
Na outra liga tampouco houbo sorte. O Muxía suma 3 xornadas sen gañar pero segue metido no grupo de 6, co liderato a apenas 4 puntos e a promoción a 2.
Esteirana - Camariñas (2-0)
- Esteirana: Víctor Leis, Kevin Rial, Damián, Aitor, Godo, Pablo Rama, Anxo, Antón, Oli, Toni e Foghete. Tamén: Pablo Val, Adrián, Uxío, Pachi e Dani.
- Camariñas: Pablo, Víctor, Soule, Borja, Pablo Suárez, Moriño, Asier (Raúl), Joseba, Adam, Mario, Brais (Saul).
- Goles: 1-0, m.55: Anxo rompendo dende segunda liña; 2-0, m.82: Pablo Val.
Derbi de emerxencias cheo de baixas nos dous bandos (a única boa nova a volta de Soule nos palilleiros. Primeira metade mala no Xosé Luís Vara, con máis dominio do Camariñas, con algunha ocasión, pero sen grandes combinacións nin claridade, ante un cadro local, que non era quen de dar tres pases seguidos.
Fixo cambios Adán no descanso, e puido sacar balóns por fóra dende os laterais, tendo algo máis do balón. E na primeira chegada, tanto local. Apretou o cadro de Cabrejo e Faus, metendo ao equipo local no seu campo, con algunha ocasión boa, pero o equipo segue sufrindo a falta de acerto nos metros finais, que lle provoca levar 7 derrotas nos últimos 8 partidos. E aí quen aproveitou os espazos foi o xuvenil Pablo Val, que levaba unhas semanas gafado co gol, e que tivo varias antes de romper a mala serie e marcar un gol que lle vale moito a el e ao seu equipo.
Praíña - Fisterra (5-0)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Lois, Rui, Ángel, Maikel Mouzo, Rubén, Guille, Juan, Eze e Adrián Makaay. Tamén: Martín, Noé, e Pablo.
- Goles: 1-0, m.53: Jose Lozano; 2-0, m.60: Jose Lozano de penalti; 3-0, m.71: David Calvo; 4-0, m.73: Manu Soto; 5-0, m.87: David Montes.
Boa primeira metade do cadro de Leo no Juan Amado, dominando o tempo do partido, pero sen crear demasiadas ocasións, salvo unha falta de Adrián Makaay que salva o porteiro.
Pero todo cambio tralo descanso, completando unha segunda para olvidar. Xa saíron mal e en apenas 15 minutos o partido estaba resolto, deixándose ir durante media hora, caendo 5 pero puidendo ter caído máis.
Hoxe luns, a SD anuncia que Leo Picallo presentou a súa dimisión como adestrador fisterrám.
Castriz - Rac. San Lorenzo (2-3)
- Castriz: Íker, Fabián, Anxo, Brais, Marcos Mouro, Fabio Blanco, Alberto Mata, Óscar Feal, Carlos Rieiro, Josiño e Juanjo. Tamén: Coke, Castro, Alemán, Fabio Barbeira, Rodo e Saúl.
- Goles: 0-1, m.9: David Suárez; 0-2, m.27: Fran Loureiro nunha falta; 1-2, m.32: Fabio Blanco; 1-3, m.48: Jorge Rama; 2-3, m.93: Fabio Blanco.
Saíu levando a iniciativa o cadro de Barca, pero tivo moitos problemas atrá en defensa. De feito, xa aos 10 minutos unha perda en campo propio permitiu aos visitantes adiantarse, e á media hora nunha falta mal defendida os visitantes se colocaban 0-2. E iso que o equipo xalleiro estaba xogando ben, e chegando con ocasións convertindo ao porteiro compostelán no mellor do campo. Nada puido facer ante o tanto de Fabio Blando, pero si fixo dous paradóns a tiros a “bocajarro” que impediu aos rossoneros ir por diante.
Saían con todo na segunda os de Barca, pero sufriron un xerro de auga fría co terceiro gol nada máis saír dos vestiarios. Tardaron en repoñerse, pero co paso dos minutos foron envorcando o campo, comezando a ter ocasións, e volvendo facer do porteiro Pablo Martínez o mellor do partido, salvando, coa axuda dos paus numerosas e claras ocasións dos Marcos, Fabio, Josiño…
Quédase o míster con que o equipo está creando moitas ocasións, por dentro e por fóra, pero lamenta a falta de contundencia atrás despois de encaixar 6 goles nos dous últimos partidos.
Vizoño - Muxía (1-0)
- Muxía: Iván Bouzón, Mateo, Brais, Carlos Costa, Manu Álvarez, Mauro, Isma, Iago, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, e Fran Moreira. Tamén: Joel, Álex, Fabián e Carlos Antelo.
- Gol: 1-0, m.56: Jesús Ois.
Volveu de baleiro do Pinar o cadro de Pataca, tras un encontro tremendamente igualado, no que apenas tiveron ocasións de gol. Non foron capaces de xerar perigo os Corviños, pero tampouco sufriron demasiado atrás e apenas un gol nun córner tras varios rebotes serviu para que o cadro local quedase cos puntos.
A partir do tanto, os muxiáns arriscaron, pero o único que provocou foi que o Vizoño tivera 2-3 ocasións de gol claras, ante un cadro visitante que sufriu o querer e non poder.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.24: Dous míseros empates.
- X.23: O Fisterra saca a cabeza a costa dunha afundida Esteirana nunha xornada fatídica.
- X.22: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso.
- X.21 O Muxía fai soñar á parroquia corviña á costa do Camariñas.
- X.20: Esteirana e Fisterra reaccionan e o Muxía colócase a 1 punto do liderato.
- X.19: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo.
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.