3ª FUTGAL: O Cerqueda non cedeu ao asalto do Oza

Xornada 21 da 3ª, e a cousa segue moi apretada na zona de arriba. 4 equipos seguen nun pano de 5 puntos, despois das vitorias ante equipos de abaixo de Zas (ollo ao líder, a 9ª consecutiva), Sofán e Malpica e o descanso do Volantes. Quere volver engancharse aí o Cerqueda que superou a un Oza que viña de tumbar a Malpica e Sofán B, pero que queda un chanzo por detrás. Dase aí precisamente a segunda pelexa, a da loita pola 6ª praza de promoción, na que o Pereiriña deu un pasiño vencendo ao Camelle e colocándose a só 2 puntos dos carballeses. O Baíñas, que vencía ao Seaia, quere sumarse a esa loita, quedando agora a 7 do Oza e a 5 do Baíñas, igual que o Nantón que, malia vir mellorando moito, non puido sumar ante o filial do Sofán.
Malpica - Buño (5-1)
- Malpica: Joel, Damián, Luís, Anxo, Carrumba, Eloy Vilas, Fran, Cristian, Julián, Aday, Chicha. Tamén: Ndoye, Jorge Parga, Sergio, Fran Lema, Raúl.
- Buño: Isaac, Eloy Santos, Ciss, Javi Facal, Jesús, Miguel, Andrés, Brais Fraga, Rubén e Miguel Mallo.
- Goles: 1-0, m.21: Aday; 2-0, m.31: Luís; 3-0, m.50: Luís; 4-0, m.64: Damián tras unha fermosa combinación con Chicha; 5-0, m.75: Fran; 5-1, m.77: Brais Fraga.
Chegaba o Buño con 11 xustos para o derbi en Pedra Queimada, e xa dende o comezo os de David Baña foron superiores. Aday abría pronto o marcador tras un gran pase de Carrumba dende a defensa no que o mediocentro malpicán controlaba de marabilla e definía aínda mellor. Luís aumentaba distancias cun gran golpe para ir cun claro 2-0 ao descanso. O propio Luís facía o terceiro moi pronto tras un gran pase de Julián entre liñas xa co partido sentenciado, se ben o Buño puido anotar o gol da honra.
Muxía B - Zas (2-4)
- Muxía B: Xabi, Prieto, Damián Trillo, Mario, Damián Soneira, Martín, Noé, Santi Bermúdez, Furelos, Eloy Samabd e Adrián Baamil. Tamén: Brais Santiago, Toni, Alex Franco e Brais Rod.

- Zas: Guille, Eloy Moreira, Adrián Rama, Darío, Juan Touriñán, Marcos, Estefan, Adrián Dom., Mauro, Álvaro Fariña e Fran Gavín. Tamén: Brais Espasandín, Roberto Amoedo, Peke, Raúl Corzon e Ángel.
- Goles: 0-1, m.26: Juan Touriñán; 0-2, m.55: Raúl Corzón; 1-2, m.61: Martín; 2-2, m.71: Adrián Baamil; 2-3, m.72: Adrián Rama; 2-4, m.86: Raúl Corzón.

Partido condicionado polo vento, que comezaba a favor do equipo de Alfredo Pereiro e Rubén Forján, que foi aumentando a súa presión sobre a saída do filial muxián, que apenas inquiedou a portería de Guille, malia facer un bo partido, pero segue sufrindo en defensa. Os visitantes tiveron varias oportunidades claras, incluídos dous remates á madeira de Estefan e Mauro, ademais de dúas chegadas que non atoparon portería. O gol non tardaría en chegar, Juan marcou un gol olímpico, abrindo o marcador cun lanzamento directo dende o córner. Con ese 0-1 chegaríase ao descanso.
Na reanudación, o equipo de Isidro deu un paso adiante e aproveitou o factor vento para gañar protagonismo, e combinar moi ben. Pero, o Zas ampliou a vantaxe con Raúl, que anotou nada máis entrar ao campo. Con 0-2 no marcador, os locais non baixaron os brazos e, cun empuxe constante, lograron empatar o encontro en apenas 10 minutos, poñendo emoción ao tramo final.
Pero o Zas reaccionou de inmediato e Adrián Rama respondeu cun gol que volvía poñer aos visitantes por diante na seguinte xogada. O partido converteuse nun intercambio de golpes, con ocasións en ambas áreas, pero sería de novo Raúl Corzón quen sentenciaría o encontro co definitivo 2-4 para o Sporting. Suma 27 goles o pichichi zaseiro, empatado no algo co carballés Isma Ramos.

Inter de Brens - Laxe (1-1)
- Inter: Emma, Diego, Christian, David Regueira, Miguel Papin, Marcos Vieites, Brais Iglesias, Evaristo, Ricardo, Torices e Santi Agulleiro. Tamén: Costa, Jose -Angel, Fabián.
- Laxe: Jacobo, Pérez (Unay), Felipe, Elías, Pablo, Samuel, Djamel, Pedro (Galeano), Alex (Eliseo), Halal (Abdel) e Raúl.
- Goles: 1-0, m.55: Evaristo; 1-1, m.75: Raúl.
Outro partido condicionado polo vento, no San Paio de Refoxo, que comezaba co Laxe aproveitándoo e dominando. Pero volveulle faltar o de toda a temporada aos de Ordóñez: acerto cara gol.
Perdoaron e na segunda o equipo de Javichu Barrientos comezou a asomarse e mesmo meterse por diante por medio de Evaristo. Tivo a sentenza o cadro ceense pero fallaron unha pena máxima, o que envalentounou ao cadro visistante, que se viu arriba, conseguindo o empate nunha xogada entre Raúl en defensa en propia.
Baíñas - Seaia (2-0)

- Baíñas: Fabián; Raúl (Chavico), Dylan, Héctor (Gustavo), Dani: Kevin, Santi (Rodri), Pablo, Marcos (Tajes), Pedro (Leo) e Ruly.
- Seaia: Anxo, Marcos, Erik, Brais, Alex Mato, Alex García, Martín Costa, Pablo Caamaño, Nando Torres, Diego e Iván. Tamén: Lamas, Kevin Reino, Manu Castro, Alex Vázquez.
- Goles: 1-0, m.32: Pedro aproveita un rexeite do pau nun tiro de Kevin tras un bo pase de Ruly; 2-0, m.89: Ruly.
Partido condicionado polo forte vento no campo no municipal vimiancés, que comezaba cun Seaia ben colocado, empurrando a favor de vento e amosarse en campo contrario pero sen demasiado perigo. O cadro de Sanchiño esperaba máis atrás, buscando un erro na saída de balón dos malpicáns, que chegaba á media hora, e permitía que Pedro os adiantase. O equipo de Jorge Martínez viuse máis arriba, tendo boas ocasións para acadar o empate antes do descanso, mandando un balón á madeira.
A segunda transcorreu con máis balón directo, tendo o cadro local algunha como unha falta de Dylan, un tiro ao longueiro de Pablo, emais un tiro de Kevin e un man a man de Ruly que salva Anxo. Pero tamén con chegadas dos visitantes, antes de que un saque de portería de Fabián sorprendese no bote á defensa visitante e deixase só a Ruy para facer o segundo e sentenciar xa case que chegando aos 90. Aínda pediu o Seaia un penalti no desconto que a colexiada Andrea Barbeira non considerou pena máxima.
Camelle - Pereiriña (0-3)
- Camelle: Pirata; Chans (David C.), Dido, Raiku (Paulo), Martín; Steven, David V., Josiño, Gabi (Kampi), Sandro (Moha) e Lucas.
- Pereiriña: Maikel, Estebo, Abel, Pablo, Brais Lagoa, Isma, Martín, Carlos Leis, Juan oBello, Antón Lestón, Charly. Tamén: Xacobe, Eloy, Gabri, Agustín e Sergio.
- Goles: 0-1, m.10: Brais Lagoa; 0-2, m.78: Martín; 0-3, m.94: Agustín.
Partido igualado nun complicadísimo campo Rodeiro, cun Camelle que comezaba levando a iniciativa tendo un par de chegadas boas por banda, con sendos pases da morte que non acabaron de culminar. Pero era o cadro de Joaquín Quintáns o que se adiantaba aos 10 minutos nunha contra. Pero a expulsión do propio Brais abría aínda máis o partido tendo aí o equipo de Sergio boas chegadas antes do descanso.
Comezaba a segunda con asedio local, con balóns arriba e tiros lonxanos, pero sen acerto. Pouco a pouco o Pereiriña íase sacando o dominio e estirándose, intentando aproveitar os espazos que deixaba o rival coa calidade de Juan e a velocidade de Martín. Avisaban cun balón ao longueiro pouco antes de que o propio Martín fixese o segundo. Aínda tiveron os locais un par de ocasións para recurtar pero aparecía Maikel para manter a súa meta a cero, e xa no desconto, noutra contra, Agustín facía o terceiro e defintivo.
Cerqueda - Oza (3-1)
- Cerqueda: Mateo, Adrián, Marcos Pensado, Dani Reixía, Iván Rey, Brais Costa, Andy, Schuster, Salah, Edu e Alex. Tamén: Carlos, Velo, Hugo Fraga, Suso e Palermo.
- Oza: Samuel, Brais Bolón, Juan Lagoa, Moreno, Alberto, Crespo, Lavandeira, Salan, Archi, Nacho, Abib. Tamén: Nico, Saad, Puñal, Alexis e Christian.
- Goles: 1-0, m.33: Salah; 1-1, m.35: Abib a pase de Nacho; 2-1, m.47: en propia tras xogada de Salah; 3-1, m.51: Edu aproveita un rexeite a un tiro de Salah.
Comezaba o partido con moito respecto, pero con intensidade, tendo chegadas nas dúas áreas. Nacho tivo unha gran ocasión para os de Míchel, pero salvaba un xogador local sobre a liña de gol, pedindo os visitantes gol ou man.
Á media hora, Salah aproveita un balón ás costas da defensa, queda só diante de Samuel e mete aos locais por diante. Pero moi pouco despois empataban os carballeses coas agora protestas locais ao considerar que o balón non acabou de entrar.
Saían mellor os de Gurita na segunda, que en 5 minutos anotaban dous goles. Quedaba aínda 40 minutos, co Oza buscando balóns arriba a Nacho e Abib, pero sen moito perigo.
Sofán B - Nantón (4-2)
- Sofán B: Iván Fraga, Samu, Marcial, Raúl, Iván, Dani Calvete, Cristian, Nacho Moreno, Saydou, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Tamén: Marcos, Mateo, Nacho Eirís, David.
- Nantón: Álvaro, Mikel, Lois, Carlos Vidal, Sevillano, Juan Bello, Fuentes, Josué, Muíño, César e Iago Torres. Tamén: Jose, Juan, David Fariña, Dany Añón, Nando Cabeza.
- Goles: 1-0, m.16: Adrián Vázquez Fraga; 2-0, m.25: Adrián Vázquez; 3-0, m.27: Isma Ramos; 4-0, m.55: Isma Ramos; 4-1, m.66 David Fariña; 4-2, m.90: David Fariña tras pase de Iago.
Chegaban os cabaneses coa ilusión de prolongar a serie de 112 dias sen perder. Pero se atoparon cun filial carballés moi intenso, que cun ritmo alto meteu moi atrás aos de Fofi. En media hora, dous dos pichichis da categoría (Isma Ramos leva 27 e Adrián Vázquez, o pichichi do ano pasado, 22), xa sentenciaban o partido con 3 tantos, aproveitando un par de erros da defensa en saques de banda locais. Tivo o Nantón un achegamento pero Iago non puido finalizar ben.
Máis igualada a segunda, cun equipo de Barca máis relaxado. David faría dous tantos no treito final para un filial que acabou con 10 no campo pola lesión de Dany Calvete.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.18: O Oza tamén frea ao Sofán B e Zas e Volantes colócanse colíderes.
- X.17: O Malpica, único dos 4 de cabeza que tropeza.
- X.16: O Sofán B ponse de líder ante a vitoria do Zas ao Malpica.
- X.15: O Malpica lidera un grupo de 5 equipos con opcións a todo.
- X.14: 5 equipos están en apenas 7 puntos de diferencia.
- X.13: O Zas golea ao Volantes e o Malpica bate co Cerqueda.
- X.12 : Zas e Volantes apretan a parte alta.
- X.11: Malpica e Sofán B selan as paces.
- X.10: Quedan 5.
- X.9: O Sofán B peta na mesa
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.