FSF: O Fisober afronta as 5 últimas finais

Quedan só 5 partidos e a loita no alto da Liga Autonómica – Preferente Galicia segue fervendo entre o noso Fisober e o Vilalba Forma-T. Non fallaron ningún dos dous equipos e o cadro costeiro segue tendo 3 puntos de vantaxe sobre as lucenses.
A loita ademais definitivamente en cousa de dous xa que o Vilalba goleaba a domicilio na casa do terceiro deixando fora da pelexa polo título.
Liga Autonómica - Preferente Galicia, xornada 25
- Resultado: FISOBER FSF – BALAÍDOS CF (3-1).
- FISOBER: Sharay, Patri, Nuriña, Andrea, Paula Fandiño; tamén xogaron: Ana, Adriana, Saray, Nai.
- Goles: 1-0 min 6 Saray, 1-1 min 12 Adri, (descanso), 2-1 min 31 Nuriña, 3-1 min 39 Paula Fandiño.
O Fisober sigue líder despois de gañar nun difícil partido fronte ó sempre complicado Balaído. Consciente da importancia do partido saía a pista de Cee o Fisober, con moitas precaucións ante un Balaídos que acostuma a facer un bo traballo sobre a pista. E así foi xa que non dou ningunha facilidade as costeiras. De feito as primieras ocasións foron para as olívicas pero non acertaron ca portería de Sharay. Quen si acertou foi a costeira Saray para poñer o un a cero a prol do Fisober. As visitantes seguían ó seu cun gran traballo colectivo. Así mediada esta primeira metade Adri igualaba para as visitantes. O Fisober non era quen de desfacerse do entramando visitante e co resultado de igualada a un chegouse o tempo de lecer.
A volta de vestiarios mais do mesmo, cun Fisober na busca dun gol que lles fixera seguir ca vantaxe na clasificación e cun gran traballo visitante. Ata que mediada a segunda metade Nuriña desfacía a igualada ante o delirio da numerosa parroquia presente no municipal ceense. Dende aquí ata o fin a incertidume do resultado fixo cos nervios estiveran presentes na pista e nas gradas. Foi Paula Fandiño a que chegando ó último minuto fixo o tres a un que a postre foi definitivo e lle deu a tranquilidade as locais xa cas visitantes volcadas na busca da igualada.
Entra a competición nas últimas cinco xornadas e o Fisober ten que visitar na vindeira alá polo 21 de abril ó Carballiño, nunha nova final polo título para as costeiras.
A base
Nova fin de semana de partidos coma locais no PM Cee para o Fisober.
E hoxe destacamos o choque da Liguiña de Copa da Liga Galega alevín feminina, na que dentro da 2ª xornada o Fisober recibía o Senso Lago DVSport na mañán do domingo no PM de Cee con triunfo do Fisober por 5-1, cos goles Iria e Claudia Otero en dúas ocasións e Zoe.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.
- X.24: O Fisober mantén o pulso co Vilalba dende o alto.
- X.21: FSF: O Fisober prepara a súa finalísima con 14 vitorias consecutivas.
- X.17: O Fisober dedícalle á Barca a nova vitoria,
- X.15: O Fisober remata a primeira volta como campionas
- X.14: O Fisober comeza o ano arrasando.
- X.13: O Fisober despide o 2023 líder.
- X.11: O Fisober mantense firme no ldierato.
- X.9: FSF: O Fisober acada un importante triunfo ante o filial do Amarelle e alcanzan o liderato.
- X.8: O Fisober volve á senda da vitoria.
- X.6: Primeira derrota do curso para o Fisober.
- X.5: O vendaval Fisober.
- X.4: FSF: 4 de 4 para o Fisober.
- X.3: O Fisober fai historia coa creación dun equipo Sénior Masculino.
- X.2: O Fisober tamén sabe sufrir.
- X.1: FSF: O Fisober arrrinca o curso vencendo a todo un 5Coruña.
- Setembro: O Fisober empeza con ilusión a súa 19ª campaña con novidades.
- Xullo 23: O Fisober pechou a temporada nunha moi meritoria segunda praza.