FSF: O Fisober prepara a súa finalísima con 14 vitorias consecutivas
Esta vindeira fin de semana o Fisober ten unha final ante a súa besta negra, o Vilalba. As de Fran Toba chegan a ese partido tras sumar a súa 14ª vitoria consecutiva, acadada este sábado no Conco (ante as 3ª), o que as deixa con 6 puntos de vantaxe sobre o cadro lucense. De vencer o cadro costeiro miraría o título e o ascenso á liga nacional cunha vantaxe clara a falta de 8 xornadas para o final.
LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA, x.21
- RESULTADO: FISOBER FSF – RIBEIRA FS LIEDERS (4-2)
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Nuriña, Andrea; tamén xogaron: Adriana, Ana, Myrella, Saray, Nai.
- Goles: 1-0 min 18 Paula Fandiño, (descanso), 2-0 min 21 Andrea, 3-0 min 21 Patri, 4-0 min 25 Adriana, 4-1 min 29 Helena, 4-2 min 35 Carmen.
A tarde do sábado no Conco era de partido grande, xa que o Fisober recibía a visita do terceiro clasificado e a asistencia e os ánimos dos seus siareiros amosárono. Como é de esperar normalmente neste tipo de partidos o xogo era moi pechado e con poucos espazos con dous equipos que estudaban xogada a xogada ó rival.
Así pasaban os minutos sen nada destacable, con algunha que outra ocasión pero pouco máis que salientar. Andrea e Paula Fandiño tiñan as mellores para as costeiras e Sharay desbarataba as chegadas visitantes.
Cando parecía que se ía chegar co resultado gafas ó tempo de lecer, apareceu a pouco máis dun minuto unha xogada en banda de Andrea que cedeu a frontal para Paula Fandiño quen marcaba dende forá do área.
Co cero a un fóronse ambos equipos para vestiarios. A saída dos vestiarios as costeiras foron un vendaval. No primeiro minuto Andrea aparecía para facer o dous a cero. E case sen dar tempo a respirar, cando as visitantes arriscaban co xogo de cinco un roubo de Patri e o seu disparo suave co exterior dende case o centro do campo poñía o tres a cero. Seguían percutindo as locais e despois dunha xogada en banda de dereita de novo de Patri que cedía ó área para que despois dunha serie de rexeites Adriana fixera o catro a cero ós cinco minutos da reanudación.
As do Ribeira non querían vender fácil a súa pel e seguiron intentando entrar no partido. E así o fixeron primeiro cun gol de Helena mediada esta segunda metade e despois a cinco do fin cun de Carmen, para poñer os nervos na grada. Pero co catro a dous parou o electrónico e as costeiras leváronse un importante triunfo.
A Gran final
A próxima xornada toca outro partido de aupa xa que ó Fisober visita ó Vilalba segundo clasificado e o único equipo que foi quen de derrotar as costeiras esta tempada. Unha auténtica besta negra para as costeiras xa que levan enfrontándose as seis últimas tempadas e no que será o seu duodécimo enfrontamente tan solo unha vez foi quen de gañar o Fisober.
MÁIS CRÓNICAS DO FSF.
- X.17: O Fisober dedícalle á Barca a nova vitoria,
- X.15: O Fisober remata a primeira volta como campionas
- X.14: O Fisober comeza o ano arrasando.
- X.13: O Fisober despide o 2023 líder.
- X.11: O Fisober mantense firme no ldierato.
- X.9: FSF: O Fisober acada un importante triunfo ante o filial do Amarelle e alcanzan o liderato.
- X.8: O Fisober volve á senda da vitoria.
- X.6: Primeira derrota do curso para o Fisober.
- X.5: O vendaval Fisober.
- X.4: FSF: 4 de 4 para o Fisober.
- X.3: O Fisober fai historia coa creación dun equipo Sénior Masculino.
- X.2: O Fisober tamén sabe sufrir.
- X.1: FSF: O Fisober arrrinca o curso vencendo a todo un 5Coruña.
- Setembro: O Fisober empeza con ilusión a súa 19ª campaña con novidades.
- Xullo 23: O Fisober pechou a temporada nunha moi meritoria segunda praza.