FutFem: O Cee mantén as aspiracións de ascenso intactas
Xornada, de novo incompleta, pois o Bergan vía aprazado o seu partido, que podería ter sido o da confirmación do título de Liga, que terá que esperar.
En 2ª, o Cee segue afianzando a súa praza na fase de ascenso. Unha fase que ten máis complicada o Cerqueda, que descansaba, pero que terá nas súas mans colarse se sae triunfador dos choques directos das últimas 5 xornadas.
Pola súa banda, o Mazaricos sumaba o seu cuarto partido sen gañar e ve como se lle escapan as dúas de arriba na Liga F7 de Santiago.
Quedámonos, iso si, hoxe, 8 de marzo, co fermoso vídeo que vén de publicar o Concello de Malpica arredor das xogadoras do UD Cerqueda
2ª División, xornada 17
- Unión - Cee (0-1)
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Laura, Minerva, María Lijó, Ruth, Andrea e Lucía Martínez. Tamén: Sabela.
- Gol: 0-1, m.28: Lucía Martínez.
Partido ao que as de Rafa chegaban con moitas baixas, con só 12 xogadoras, incluída Minerva lesionada. Aínda así, fixeron un serio partido, pouco vistoso pero efectivo. Non condederon paenas ocasións e puideron conseguir un resultado máis amplio pois fallaron dúas ocasións moi claras.
Praíña - As Miúdas (1-1)
- As Miúdas: Adriana, Marta, Sofia, Saray, Marina, Ana Romero, Uxía, Paula, Noa, Clara e Paty. Tamén: Nerea e Alba.
- Goles 0-1, m.55: Paty; 1-1, m.80.
Segundo partido conseutivo no que suman as de Juan Carlos, que vén puideron ser de novo 3 puntos de non ser polo gol local a 10 do remate. Foi un gran partido o vivido, que ben puido rematar a treses, e que tamén puido caer de calquera dos dous lados nos últimos minutos.
A primeira metade foi máis de control por parte das locais, coas costeiras cedendo o terreo de xogo. Na segunda estiráronse as de Juan Carlos e o partido foi un ida e volta, demostrando que fisicamente o equipo está moito mellor.
Amio - Xallas (0-4)
- Xallas: Rosío; Laura, Alicia, Andrea e Maite; Inés, Leti, Tania e Michelle; Xastia e Yasmina. Tamén xogaron, Lucía, Rhany, Luchy e Olalla.
- Goles: 0-1, m.18: Inés; 0-2, m.60: en propia tras un corner de Olalla; 0-3, m.72: Ali; 0-4, m.85: en propia tras un chut de Michelle.
O Xallas feminino levou a vitoria ante o Amio SD. O Amio expuxo un encontro de ti a ti cos rapazas xalleiras polo que Rosio que estivo na portería tivo que manter a concentración durante todo o encontro. A pesar dun arranque igualado, puxéronse as de Rupper pronto por diante grazas a un gol de Inés. O cadro santiagués non baixaba a intensidade mentres que os nosas buscaban o gol para aumentar a renda antes do descanso. Cousa que non se deu.
Na segunda metade as xalleiras deron un golpe sobre a mesa co segundo gol no marcador. O encontro baixou notablemente o ritmo pero as locais non quixeron renunciar ao partido. Olalla fixo o terceiro coa axuda dunha defensa. Nos instantes finais, Alicia aproveitou un balón para baixar e encarar a unha defensa rival e desviar ante a saía da porteira, establecendo o definitivo 0-4 no marcador.
Liga F7 Santiago, xornada 12
Silleda - Mazaricos (2-2)
- Mazaricos: Pedrosa, Fátima, Claudia, Tamara, Katia, Ánxela e Graciela. Tamén xogaron: Natasha, Carla e Seijas.
- Goles: 0-1, m.2: Graciela; 1-1, m.22: en propia; 1-2, m.43: tamara; 2-2, m.50.
Comezou o partido moi de cara para as da Costa, que se adiantaban moi cedo no marcador cun disparo de Graciela que pasaba por debaixo do corpo da porteira. Antes do descanso e despois dun rebote serían as amarelas as que introducián o balón na súa propia portería poñendo o 1-1 no marcador co que se chegaría ó tempo de lecer.
Comezaba o segundo tempo co mesmo guión que o primeiro, moi pouco xogo combinativo, barullos, malos pases, indecisións… pero con máis corazón que cabeza as da Costa púñanse por diante no marcador despois dun erro no blocaxe da porteira local nun saque de falta desde campo propio das amarelas, sería Tamara a que o aproveitaría. Cando parecía que o partido morrería así, outra indecisión, outro erro, pero desta vez na outra área, facía que as locais conseguirán o empate a dous final.
Novas do Álbum Futfem Galego
- Alberto Pose: O #FutFem chegou para quedar.
Crónicas do FUTFEM
- 22-02-22: Futfem: Por fin chegou a primeira vitoria das Miúdas.
- 15-02-22: #FutFem: O Bergan ratifica a súa presencia na fase de ascenso á categoría Nacional.
- 08-02-2022: Futfem: Xornada de empates de diferentes sabores.
- 01-01-2022: Futfem: O Bergan segue imparable; o Cee cae no desconto e Cerqueda e Xallas asinan táboas.
- 25-01-2022: Futfem: O Cerqueda achégase arriba tras vencer a unhas entregadas Miúdas.
- 18-01-22: O derbi quedou en Cee.
- 11-01-22: #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita.
- #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita