Futfem: O Cee venceu o derbi e o Cerqueda arrímase á fase

Rematou a primeira fase da 1ª División, e fíxoo cunha nova vitoria do Bergantiños. As de Gueli xa teñen a cabeza na Fase de Ascenso á 1ª División Nacional, que comeza este mesmo domingo ante o Sárdoma B.
Mentres, na 2ª con 4 xornadas por diante para rematar a primeira fase, o Cee volveu dar outro paso importante, vencendo, pola mínima a unhas moi melloradas Miúdas, e deixando o 5º posto a 9 puntos. Precisamente é o Cerqueda o que está na 5ª praza, pero con máis opcións que nunca de meterse entre as 4 primeiras que dan acceso á fase de ascenso. As de Jorge Guillamet venceron ao Praíña, que só queda 2 puntos por riba pero cun partido máis. Deste xeito, as malpicás dependen de si mesmo.O Xallas tamén sumaba unha boa vitoria.
Ademais, segundo empate consecutivo do Mazaricos, esta vez na casa diante do Vista Alegre.
2ª División Feminina, xornada 18
As Miúdas - Cee (1-2)
- As Miúdas: Adriana: Pau, Clara, Mariña, Sofía; Ana, Noa (Nerea), Saray (Alba); Leticia, Marta e Paty.
- Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Laura, Minerva, Sabela, Ruth, Andrea, Nayara. Tamén: Lucía Martínez, Sharay, María Lijó, Uxía.
- Goles: 0-1, m.38: Minerva; 0-2, m.40: Andrea; 1-2, m.56: Paty.
Fermoso derbi o vivido no Eleuterio Balayo cun cadro muradán que prantou cara a todo un Cee, que chegaba con baixas, e no que debutaban como titulares a cadete Sabela e a infantil Nayara.
Foron máis insistentes as locais na primeira ante unhas Miúdas moi ben plantadas, moi serias lanzando balóns longos á contra buscando á capitana. A balón parado tamén o intentaban como un tiro ao pau de Sofía. Atrás Adriana salvaba as embestidas ceensese, e só ao fío do descanso, en 2 minutos o Cee se adiantaba con dous tantos de Minerva e Andrea.
Non se deixaron caer as muradás que saíron a por todas na segunda, recurtando moi pronto por medio de Paty. O Cee seguía mandando pero Adriana non permitía ampliar a renda e mantiña ás súas no partido, mesmo parando un penalti, malia que tampouco eran quen de facer moitas ocasións de perigo. Pouco a pouco foron acabándose os folgos das muradás (de novo 13 na convocatoria) pero o deron todo para orgullo do míster Juan Carlos.
Cerqueda - Cacheiras (2-0)
- Cerqueda: Lidia, Gabr, Paula, Nuria Varela, Naroa, Raquel, Ana Suárez, Natalia, Saskia, Lorena e Eva. Tamén: Zeltia, Cris Veres, Nuria Veiga, Lucía e Isa.
- Goles: 1-0, m.50: Gabi; 2-0, m.85: Paula Veiga.
Gran partido do Cerqueda que logrou os 3 puntos ante un dificilísimo rival e que as mete de cheo na pelexa pola fase de ascenso. Nunha primeira parte sen ocasións para ningún dos dous equipos, o local estivo moi ben plantado no campo e realizou un gran traballo defensivo. Foi na segunda onde chegarían os goles, primeiro á saída dun córner e despois froito dunha presión da capitá, Paula, que serviu para roubar o balón e quedarse man a man ante a portería rival.
Xallas - Praíña (2-0)
- Xallas: Rosio; Laura, Alicia, Leti, Maite; Michelle, Luchy, Rita; Yoli, Tania e Xastia. Tamén xogaron, Olalla, Lucía, Andrea, Ines e Barbeira.
- Goles: 1-0, m.5: Yolanda; 2-0, m.30: Michelle.
O partido comezou cun Xallas moi intenso, chegando en varias ocasións a meta contraria. Seria xa no minuto 5 cando chegaba o primeiro gol do Xallas, cunha gran internada de Tania que lle servía o gol a prazer a Yoli, que nos daba tranquilidade e confianza no encontro.
Antes do descanso chegou o 2-0 nunha xogada de pizarra que finalizou con maestría Michelle, chegando así o tempo de lecer.
A segunda metade o Praíña subíu lineas e tivo varias chegadas con perigo e tamén a balón parado tendo que intervir Rosio en varias ocasións. Inés cun tiro o longueiro e Xastia nun man a man poideron incrementar o resultado, que non se moveu ata o final do encontro.
Liga F7 Santiago, xornada 13
Mazaricos Vista Alegre (1-1)
- Mazaricos: Pedrosa, Lucha, Claudia, Ánxela, Graciela, Tamara e Daniela. Tamén xogaron: María Jirra, Lúa, Seijas, Natasha e Katia.
- Goles: 1-0, m.30: Graci; 1-1, m.55.
Unha primeira parte con excasas ocasións, e as poucas que se deron sen ser moi claras e ben resoltas por ambas defensas. As costeiras intentaron levar o peso do encontro con balón, pero volviuse ver unha circulación lenta e imprecisa que permitía as visitantes recompoñerse sen problemas. Con empate a cero chegábase ao descanso.
Sairían enchufadas as amarelas na segunda e Graciela non perdoaba unha indecisión entre as defensas e a porteira e faría o 1-0. O guión do partido non mudou e só algún tiro lonxano poría a proba a Pedrosa que se mostraba segura. E xa cando o encontro chegaba ó seu fin, unha falta lonxana donde o minuto cegaría as locais que se metían todas dentro da área anulando así calquera posible fora de xogo permitía que logo dun rebote na barreira e con Pedrosa sen practicamente visión as santiaguesas puxesen o 1-1 definitivo.
Novas do Álbum Futfem Galego
- A muller incorpórase ao Fútbol Veteranos.
- Alberto Pose: O #FutFem chegou para quedar.
Crónicas do FUTFEM
- 08-03-22: FutFem: O Cee mantén as aspiracións de ascenso intactas.
- 22-02-22: Futfem: Por fin chegou a primeira vitoria das Miúdas.
- 15-02-22: #FutFem: O Bergan ratifica a súa presencia na fase de ascenso á categoría Nacional.
- 08-02-2022: Futfem: Xornada de empates de diferentes sabores.
- 01-01-2022: Futfem: O Bergan segue imparable; o Cee cae no desconto e Cerqueda e Xallas asinan táboas.
- 25-01-2022: Futfem: O Cerqueda achégase arriba tras vencer a unhas entregadas Miúdas.
- 18-01-22: O derbi quedou en Cee.
- 11-01-22: #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita.
- #Futfem: O Cerqueda aproveita para meterse na loita