venres. 07.02.2025
El tiempo

FUTFEM: O Muxía supera ao Mazaricos

11 do Muxia FEM nun partido no Pinguel
11 do Muxia FEM nun partido no Pinguel
FUTFEM: O Muxía supera ao Mazaricos

Arrincou a segunda volta e triple vitoria das nosas na 2ª División Galega. A 8ª seguida do Xallas que segue perseguindo ao Pastoriza, quedando só a 1 punto do liderato. Con 27 comparten 7ª praza Dumbría e Cee tras vencer respectivamente a dous equipos da zona baixa.

Mentres, na Liga da Costa FEM, co Corme ao seu, o partido da xornada desputábase en Mazaricos coa loita pola segunda praza como protagonista. O Muxía deu un paso fundamental vencendo ás amarelas e alcanzándoas na táboa. A 1 punto queda o Camariñas, que venceu ao Zas, e o Bergan B, que endosou unha crúa goleada a un Ponteceso que baixa posicións.
Así e todo, a loita pola promoción estará moi igualada ata o final, pois da 2ª praza ata a 8ª, que ocupa o Cabana, apenas hai 6 puntos de distancia.

No grupo Sur, a Esteirana segue goleando esperando o último partido da primeira volta ante o Céltiga. As Miúdas seguen con tendencia moi positiva, gracias á súa 4ª vitoria seguida mentres que o Outes sufríu a cólera dunha das de arriba.

2ª División Galega, Gr. 1, x.16

Juv. Almeiras - Xallas (0-1)

Arrinca tamén vitoria o Xallas a segunda volta ante un rival moi físico, nun campo pequeno. As de Eloy dominaron boa parte do partido, pero no atopaba a profundidade e verticalidade necesaria por fases do partido. Na primera parte tiveron unha ocasion de Valeria que tapa moi ben a porteira rival e varias chegadas perigosas a área pero sen finalizacion.

Na segunda parte deron un paso máis adiante, pero tamén deixaron algo de espazos que obrigou a Rosío a facer a parada da tarde. A expulsión de Cali a 10 final parecía que faría que as xalleiras firmasen o empate, que despois dun man a man que non acerta Oli, e só a 3 do final, unha apaertura a banda de Oli que Barcia gaña liña de fondo e fai un pase da morte, para que Espasandin remate a pracer. Aínda tivo Facal o segundo, pero os puntos volverían para Santa Comba.

Xallas FEM celebrando nova vitoria

PMFriol B - Cee (1-2)

Partido adiantado ao venres onde ao Cee lle costou un pouco ao principio e o Friol adiantariase no marcador nun 1 contra 1. A partir do gol rival o Cee comezou a poñer unha marcha máis e xa se atoparia máis cómodo no campo.

Na segunda parte dominaban as azulonas e tras varias aproximacións a porteria, cando se cumplía a hora de partido, Naiara marcaria un golazo por toda a escuadra nun tiro lonxano e igualaría o partido. A partir de aí o Cee envorcaríase en ataque e tras ocasións dos dous equipos as de Rafa conseguirían o gol da vitoria no desconto, gracias a un tiro lonxano de Saray que entrou pegado ao pau.

Dumbría - Meicende (3-1)

Partido marcado polo frio e a chuvia, no que as de Santi Lira comezaban intentando meter un ritmo alto, tomando o mando do balón, e adiantándose moi pronto por medio de Paula Fandiño. Pero o gol pareceu relaxar ás locais que viron como o frío as conxelaba permitindo que as visitantes se metesen no patido empatando pouco despois dende os 11 metros. Antes do descando pegou un arreón o cadro dumbriés e se porían por diante tras un rexeite que Juli mandaría ao fondo das redes.

Na segunda tardou en coller ritmo o cadro local, pero o tempraneiro terceiro gol, obra de Eva lema, permitiu afrontar o resto de partido con tranquilidade e sen riscos.

3ª División Galega, Gr. 2, x.11

Zas - Camariñas (0-2)

Zas-Camarinas FEM

Partido de intensidade alta, cun cadro camariñán máis mandón pero sen claras chegadas, ata que no ecuador da primeira metade Laura Paredes adiantaba ás visitantes. Na última xogada da primera parte Lara puido facer o empate pero daba no longueiro o seu disparo.
Ao inicio da segunda volvía marcar o equipo visitante por medio de Yara, e despois o mal tempo dificultou o xogo no tramo final de partido.

Zas-Camarinas FEM 2

Mazaricos - Muxía (1-4)

Partido clave o desta xornada que arrancaba con mal tempo, cos dous equipos intentando non correr riscos. Pronto as visitantes foron demostrando o seu poderío, e contra o ecuador Patri Romaní e Barca Toba demostraban o seu potencial. Antes do descanso un gol en propia deixaba o partido encarrilado para as de Isma Pose.

A segunda, co campo moi encharcado, foi de brega, marcando Graci para as amarelas e Andrea Dom. para as visitantes nun córner.

Cabana - Fisterra (4-1)

Mañá de inverno po partido entre Cabana e Fisterra con moito frio e auga o que desluciu bastante o partido. Pronto se adiantaba o Cabana por medio de Adriana dando tranquilidade ao equipo local que dispuxo de varias ocasións para aumentar o marcador. Irene facía o segundo despois dun bo servicio da porteira Miriam e así se chegaba o descanso.

Xa no segundo tempo estirouse o Fisterra, pero era o que Adriana facía o 3-0 antes de que o Fisterra acortaba nun lanzamento de penalti por mans, transformado por Irene Quintela. Aroa faría o 4-1 definitivo que lle daba os tres puntos a un Cabana.

Bergantiños - Ponteceso (6-2)

Capis do Ponteceso e Bergan B

Era outro dos partidos de vermello da xornada, coa loita pola promoción en xogo. O Ponteceso de Curro chegaba co varias baixas, e formulaba o partido esperando atrás ante un filial que intentaba saír con paciencia. As de Noe Iglesias imprimían un ritmo maior e aos 20 minutos xa dominaban por 2-0 gracias aos tantos de Amelia dende fóra da área e un golazo de falta de Basalo.

Na segunda parte, o Ponteceso saía a presionar máis arriba, e a pesar das boas actuacións de María, acabarían entrando dous goles máis, por medio de Antía Rojo e Basalo de novo. As visitantes non baixaron os brazos e Karen recurtaba nun córner e pouco despois Eva Lago anotaría dende fóra da área o 4-2.

As forzas foron caendo no bando visitante e no treito final a combinacións das locais permitiron amplliar a renda co segundo tanto de Antía Rojo e un fermoso gol dende a frontal de Carmen.

Soneira - Corcubión (0-1)

Competiulle o Soneira ao Corcubión sobre todo na primeira metade, tendo as de Roland e Oli mesmo un par de ocasións claras para abrir o marcador.

Saíu máis enchufado o cadro de Rubén Castillo na segunda, sobre todo coa entrada de Andrea Romero, e meteu na súa área durante 15 minutos ás locais, atopándose unha e outra vez á porteira soneirá Martina. Só Sambade conseguíu superala cun tiro dende a frontal.
Aínda tivo o Soneira un par de chegadas pero tamén apareceu a meta visitante Elena, que estivo excepcional.

Corme - Cerqueda (7-0)

Superioridade cormelá dende o principio, dando minutos ademais ás menos habituais e algunha que se vai recuperando como Natalia. Naroa, con 4 tantos, Carla con 2, e Candela foron as autoras dos tantos que dan 3 novos puntos ao líder da Liga da Costa.

3ª División Galega, Gr. 4, x.11

Juv. Cambados - Outes (10-0)

Mal partido o que xogaron as de Dani en Cambados, que non tiveron o día. A pesar de que non saían as cousas, pelexaron ata o final, e xa pensan na seguinte semana, intentando recuperar as numerosas baixas coas que conta o equipo.

Catoira - As Miúdas (0-8)

Cuarta vitoria seguida das muradás, que demostraron a sua superioridade ante as pechacancelas. Paty (4), María Lestón, Ximena (2) e Piñeiro foron as goleadoas para os de Mané Senande.

Mosteiro - Esteirana (2-6)

Esteirana FEM vencendo

Nova vitoria blaugrana nun partido con máis tensión que historia nun horario máis tarde do habitual, no que, a pesar das baixas (Fran Figueroa só dispuña de 3 cambios para o encontro), puideron controlar o xogo incluso xogando casi unha hora cunha xogadora menos.

Nuria estrenaba a sua conta goleadora con 2 tantos en antes do minuto 15, e algún máis puido caer de non ser polos numerosos fóras de xogo sinalados. Sandra estuvo maxiatral na medular nos 90 minutos tanto na media punta como cando baixou ó mediocentro trala expulsión de Lara por un malentendido con Naira, que fixo que recurtaran distancia as locales a balón parado.

Trabouse un pouco o partido pero o dominio non cambiou nin con unha menos, e só a falta de puntería evitou un resultado superior nun ambiente máis exaltado do que pedía o encontro.

Máis info

Todas as crónicas do FUTFEM

Comentarios