domingo. 01.12.2024
El tiempo

Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba"

Juan Porrua adestrador do Montelouro
Juan Porrúa, adestrador do Montelouro-Foto: Edu Olveira
Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba"

O Gr.2 da 3ª Galega ten varios focos de atención. Por arriba o Camariñas daba un golpe na mesa esta pasada fin de semana vencendo no Cunchido, provocando ademais que a segunda praza de ascenso directo se aprete. O Montelouro non desaproveitaba para meter presión ao Outes e queda a só 6 puntos dos da Serra, para darlle vida á loita.

Falamos hoxe co adestrador do UD Montelouro, Juan Porrúa, para ver as posibilidades do cadro loureán.

 
  • QPC: Despois de tantos anos parando goles nos campos da comarca, cando che entrou o gusanillo de adestrar?

Nos últimos anos como xogador no Dumbría, meu adestrador Jose López Canosa animoume a coller un equipo da base e aceptei, e estareille sempre agradecido.

 
  • QPC: Que tal a experiencia no Montelouro?

A verdade é que estou moi contento, tanto ca directiva que pon todo a disposición miña para que todo funcione, e cos xogadores que todos os domingos dano todo.

 
  • QPC: Agora que se fala tanto do estilo, ti adaptaste aos xogadores ou eles a ti?

Cada adestrador, creo que temos un estilo, e tes que adaptalo o mellor posible aos xogadores que tes. Son bastante flexible nese aspecto, o que non negocio é o compromiso e a intensidade no xogo.

 
  • QPC: Ves algúns conceptos que lle costa máis interiorizar aos xogadores para logo levalos a cabo nos partidos?

Nesta categoria os conceptos teñen que ser moi claros e precisos, sin dar moita información a nivel táctico ou técnico ao non ter tempo para adestralos.

 
  • QPC: Foches porteiro, que son os grandes marxinados nos adestramentos do fútbol modesto, ti tes axuda ou como manexas esa situación?

Teño a sorte de contar con Marcos, que ademais de ser uns dos porteiros do equipo, axúdame co adestramento específico dun porteiro.

 
  • QPC: Ter Stegen, Oblak, Courtois quen e para ti o mellor?

Uffff os tres son porteiros TOP, pero quedariame con Ter Stegen polo seu xogo co pé, é impresionante.

 
  • QPC: E como consideras o nivel dos porteiros na Costa?

Na Costa sempre hai un nivel bo nas porterías.

 
  • QPC: Como valoras o que vai de liga?

Pois a verdade está sendo máis competitiva do que esperaba. Todos os equipos pelexan e cada partido é complicadisimo, tanto os que están nas primeiras posicións coma nas últimas.

 JUAN PORRua adestrador do Montelouro 2
Juan Porrúa de corto. Foto: Edu Olveira
  • QPC: Firmas os "playoffs" ou ves alcanzable o Camariñas e Outes?

A día de hoxe só firmo gañarlle ao Nantón o domingo. Tamén é certo que o Camariñas e o Outes están moi fortes pero no fútbol nunca se sabe o que pode pasar. Gústame unha frase que está de moda: "partido a partido".

 
  • QPC: Non ascender sería fracasar esta tempada?

Na miña opinión, o fracaso é cando un equipo non pelexa ata o final, e iso non vai pasar na U.D. Montelouro mentres eu estea.

 
  • QPC: Que expectativas te pos para a túa carreira de adestrador?

Disfrutar e aprender todo o que poida, e o tempo dirá ata onde podo chegar.

NTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios