Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”
Seguimos percorrendo os banquiños do noso Fútbol da Costa, escoitando a visión daqueles que o viven dende un ollo diferente. Hoxe imos de Laracha, terra onde nacía Miguel Ramos, ata Outes, onde leva a súa segunda temporada á fronte dun equipo, que tras dous descensos seguidos, busca recuperar o seu sitio na Liga da Costa.
- QPC: Miguel é un deses adestradores silenciosos que se vai facendo un oco no fútbol costeiro. Como é a túa carreira, como xogador, e nos banquiños?
Xoguei en todas as categorías do Laracha, e despois estoven 4 años no Club do Mar de Caión... entrenei en todas as categorías base de fútbol 11 do Laracha, no Cabo de Cruz e no Xuvenil A da Escuela de fútbol de Boiro.
- QPC: Este e a túa segunda tempada como míster do Outes. Cóntanos como estar a ser a experiencia?
A verdade é que moi positiva, moi contento tanto o ano anterior como este, co grupo humano que teño no vestiario.
- QPC: Que destacarías da familia do Outes?
Por encima de todo, o trato humano, como dixen a nivel vestuario, como club e como afección.
- QPC: Sin facer moito ruido, actualmente sodes segundos na clasificacion, empatados xa cun Camariñas que parecía chamado a arrasar. Sorpréndeche a vosa posición ou ese era xa o obxectivo ao comezo de campaña? Cal é obxectivo real do club?
Como todo o mundo o principio de temporada marcas un propósito e o meu e o do equipo non era outro que conseguir o ascenso... Non me sorprende a nosa clasificación porque despois da temporada pasada e coñecendo o meu equipo sabía que podíamos estar na zona alta da táboa, aínda que ás veces as cousas non saen como un pensa.... O obxectivo do club é que o equipo traballe durante a semana para que cada domingo saia a competir contra todos os rivais, e está claro que si podemos acabar o ascenso sería perfecto.
- QPC: Outes é un deses equipos nos que a base do equipo sénior é sempre xente da casa, verdade? como repercute iso no día a día dun club?
Certo esto que dís, desde o club sempre se intenta que unha porcentaxe alto da plantilla sexa de xogadores que chegan da base ou que son do pueblo, e nesa política imos da man club e entrenador . Iso non quita que te teñas que reforzar con algún xogador que non é de Outes.
- QPC: O traballo na Serra co futbol base é moi bo, témolo comprobado constantemente. Como inflúe isto no primeiro equipo e no futuro?
Eu creo que esto é o máis importante do club, e de aí o éxito que tuvo fai non moitos años chegando a 1ª Autonómica. O traballo destes adestradores de base é moi bo, e aproveito para felicitalos e animalos a que sigan así.
- QPC: Que queda daquel Outes de 1ª Galicia que sorprendeu ao fútbol costeiro entre 2015 e 2017?
Polo que eu aprecio queda un sentimiento moi bonito cada vez que se fala dese ano. Algún xogador segue no club... espero que algún día poida voltar a esa categoría.
- QPC: Como é recompoñer un equipo despois de dous descensos consecutivos?
É complicado a verdade, como dís 2 anos consecutivos descendendo, saída do club de moitos xogadores a outros equipos da zona... Pero parte de esto xa o sabia , recordo que falei con varios deles para intentar que se quedaran pero non foi posible, Entón só quedaba mirar á fronte e traballar cos que quixeron quedarse.
- QPC: Esta fin de semana é case que unha final, aínda que esteamos sobre o ecuador da temporada. Pero unha vitoria sobre o Montelouro pode deixa aínda máis encarrilado o ascenso directo. Como valoras valoras o partido ante o cadro loureán?
Son 3 puntos importantes xa que si somos capaces de gañar o partido a renta que teríamos xa sería importante dado que esta liga é moi corta, aínda que nada será definitivo sexa cal sexa o resultado.
- QPC: E como valoras este grupo costeiro da 3ª Galega?
É unha liga moi corta e a marxe de erro é moi corto si queres estar arriba... aínda así todos os partidos son complicados porque todos compiten o máximo dentro das suas posibilidades.
- QPC: Estas semanas vimos falando con adestradores como Chicho ou Michuel Chouza que están disfrutando as súas primeiras experiencias no noso fútbol. De igual xeito, que cousas te chaman a atención do Fútbol da Costa?
Fai tempo disfrutei como xogador de este fútbol e xa enton dixen que era diferente a todo... Despois duns años sigo dicindo que e distinto e sigue guardando moitas exencias do que e fútbol, a intensidade e concentración coa que se vive e disputan os partidos só pasa na Costa... fútbol e fútbol.
ENTREVISTAS QPC
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Conversa con Iván Cancela e Cantudo, adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.