Preferente: Dous empates para seguir sumando

11 do CF Dumbría no conco

Son bos os empates colleitados por Sofán e Dumbría na xornada 26, tendo en conta os resultados da semana pasada. Pero a cousa segue moi apretada para ambos. Se os carballeses baixa agora e quedan a 1 punto da promoción de ascenso, os dumbrieses só teñen 2 puntos de marxe sobre o descenso.

San Tirso - Sofán (0-0)

  • Sofán: Brais, Javi, Dani Garxía, Alexandre, Alex Sánchez, Izan, Iván Parafita, Fabián, Dan Pena, Joel e Julián. Tamén: Gardu, Iván Pardo, Mateo, Bruno e Iraitz.

Partido tremendamente disputado, de moita loita, moito duelo, con moito xogo directo e pouco fútbol.

Avisaban primeiro os locais nada máis comezar cun chutazo que salvou Brais cando o balón ía peitear a escuadra. Pero tamén reaccionaron os carballeses, con dúass ocasións tras dous segundos balóns a saque de banda, un que rematou Joel alto e outro que rematou Alexandre e un defensa sacou baixo àus.

A segunda metade seguiu igual, con moita disputa, con algún centro pero menos ocasións. Si que no desconto, o San Tirso vía como o colexiado lle anualaba un gol por fóra de xogo nunha falta lateral.

“Un punto nun campo moi complicado”, valora Pablo Torreira.

Dumbría - Puebla (1-1)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Jano, Sergio, Juan, Lucas Toba, Marcote, Javi Souto e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Toni, Pablo Costa Ramos, Pablo Taboada, Iago, Adrián Periscal.
  • Goles: 1-0, m.4: Javi Souto; 1-1, m.59: Óscar FIdalgo.

Partido igualado, no que os locais se metían pronto por diante nunha boa xogada. A partir de aí o partido estivo moi igualado, nunha primeira metade sen sobresaltos.

Ao saír do descanso os visitantes estiráronse máis pero eran os locais os que amezaban a meta rival cunha ocasión de Javi na que a bancada cantaba gol, pero o defensa tocou o suficiente para impedir un remate claro do camariñán.

Os visitantes foron subindo liñas, creando perigo, e cos cambios melloraron. Empataron nunha falta lateral e aínda puideron levar os puntos cun balón á madeira. Punto que sabe ben polo Conco.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.