Preferente: O Sofán quenta o asalto a Balaídos cunha vitoria ante a súa afección
Coa cabeza en Balaídos, de cara á Supercopa deste mércores 6 de decembro, o equipo de Pablo Torreira fixo os deberes e venceu no Carral ante a súa entregada afección mentres campeaba o temporal.
O cadro sofanista chega á finalísima como o equipo máis en forma da categoría sumando o seu 5º partido sen perder (3 vitorias e 2 derrotas), e alcabzando xa a 7ª praza, a só 6 puntos do liderato, cando hai só 5 xornada estaba 14º a 1 punto da zona de decenso (agora está a 6).
Sofán - Lalín (2-1)
- Sofán: Gardu, Iván Martínez, Noe, Raúl, Currás, Miguel Taibo, Fita, Marcos Montero, Braian, Fabián, e Martín Pereira. Tamén: Brais, Becerra, Dani Pena, Luca, Brais Cancela, Alex Gallego, e Bandera.
- Goles: 1-0, m.40: Martín Pereira; 2-0, m.65: Brais Cancela; 2-1, m.90: Victor Vilariño.
Temporal tremendo o Carral onde o fútbol era unha odisea. Os carballeses impuxeron o seu xogo, que malia ser imposible combinar, se disputou en campo contrario. Antes do descanso Martín abría o marcador, tendo aí varias ocasións o Lalín para empatar.
Na segunda os carballeses saíron contemporizando e nunha contra, Brais Cancela, que apenas levaba uns minutos sobre o terreo de xogo, marcaba o 2-0. Os visitantes foron medrando e acabaron metendo ao Sofán na súa área, pedindo o final tralo gol no desconto e colgando balóns.
CRÓNICAS DA PREFERENTE
- X.13: Marcos Montero revoluciona á SD.
- X.12: O Sofán perde, nun saque de banda, dous puntos ante o potente Boiro.
- X.11: Empate ante o pechacancelas.
- X.10: A SD recupera a senda da vitoria.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Empate que sabe a pouco na casa.
- X.7: Freo á marcha positiva do Sofán.
- X.6: Segunda vitoria seguida para o Sofán.
- X.5: Importante primeira vitoria da SD Sofán.
- X.4: Accidentada derrota da SD en Noia.
- X.3: Segundo 3-3 na casa
- X.2: O Sofán mereceu máis no Municipal de Gallamonde.
- X.1: O Sofán arrincou a temporada no Carral.
MÁIS INFO