Mércores. 01.05.2024
El tiempo

FSF: A xornada trae de premio a convocatoria de Eva Lema ca Selección Galega

FSF: A xornada trae de premio a convocatoria de Eva Lema ca Selección Galega
Eva Lema a Seleccion Galega de Futbol Sala Feminino sub21

Esta fin de semana trouxo un bo premio para o Fútbol Sala Feminino. A porteira costeira Eva lema, actualmente no Viaxes Amarelle da máxima categoría, foi convocada coa Selección Galega Sub-21, para disputar esta vindeira fin de semana o Campionato de España de Seleccións en Murcia. A vimiancesa enfrontarase o día 7 nas semis á anfitriona, e se vence, pasará á final. Estaremos atentos á súa participación.

En canto á xornada das nosas, precisamente o Amarelle (sen Eva que era baixa pero con Patri) caía na máxima categoría.
As que tamén caían eran as xogadoras do Fisober de 2ª División Estatal, pero polo menos disfrutaban dunha boa viaxe a Segovia. Ademais, a pesar do que indique o resultado final o Fisober mantívose no partido ata os minutos finais con ocasións claras para o 3 a 2 que non logrou materializar, nun raro partido no que recibiu na primeira metade dous penaltis en contra e un dobre penalti na frontal pero en ningún dos tres casos as locais foron quen de superar a Leti.

E xa na Liga Provincial, descansaba o Lira FSF, e o choque do Vila de Cee ante o Amarelle foi aprazado. Deste xeito, o único choque foi o derbi entre Concello de Ponteceso e Fisober B, no que as de Barca demostraron a súa superioridade e veteranía, sumando 3 novos puntos que as deixan á 6 do liderato.

Falamos ademais da fisterrá Leny, que anotaba un tanto no seu partido co 5Coruña.

2ª División Estatal

As rapazas do Fisober disfrutando en Segovia
  • Resultado: UNAMI C.P. - FISOBER F.S.F. (7-1).
  • FISOBER: Leti, Tamara, Inés, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Raquel e Andrea Muíño.
  • Goles: 1-0 Lucía, 2-0 Laura, (descanso), 3-0 Lucía, 3-1 Noelia, 4-1 Laura, 5-1 Laura, 6-1 Cris, 7-1 Laura.

Arrancaba o partido con dominio local e cun Fisober tentando aproveitar algunha contra. O dominio do Unami non se traducía en ocasións moi claras e así ían pasando os minutos. A ocasión máis clara por banda local foi un lanzamento o trabe por mediación de María no minuto oito. Todo trocou os dez minutos cando os colexiados sinalaban un penalti que Patri enviaba fora. E os catorce minutos de novo os colexiados sinalaban un penalti a favor das locais, pero Leti era quen de detelo.
O equipo costeiro descentrouse co segundo penalti e máis cando nese mesmo minuto Lucía adiantaba as segovianas. Foron minutos de agobio sobre a porta visitante que eran solventados por Leti que mantiña vivo o seu equipo.
A pouco máis de dous minutos para o fin desta primeira metade os colexiados sinalaban un dobre penalti na frontal que era detido por Leti. Cando parecía que o Fisober ía saír vivo desta primeira metade perdendo pola mínima , un gol na última xogada por mediación de Laura caía coma unha lousa sobre as visitantes.

Peor comezaba a segunda metade cando no segundo minuto Lucía poñía o terceiro gol local. Parecía o golpe definitivo para as costeiras. Pero coma en toda está tempada chea de dificultades apareceu o corazón que ten este equipo e deu un paso adiante, non se rende e deixa ata a última gota de suor na pista. Chegaron os mellores minutos visitantes. Cun lanzamento o trabe de Noelia e un o pau de Inés. O gol tiña que chegar e foi por mediación de Noelia os nove minutos. O partido abriuse moito con oportunidades por ambos lados. E ata tres grandes ocasións tiveron as visitantes para apretar o partido. Tamara e Inés por partida dobre puideron reducir diferenzas e poñer nerviosas as xogadoras locais. Pero ese gol non chegou. O que si chegou foi o gol de Laura a pouco máis de tres minutos para o fin que este si foi definitivo para a moral das costeiras. Que recibiron tres novos goles dende aquí o final obra de Laura, Cris e novamente Laura a quince segundos para o fin.

Destacar que foi a primeira viaxe co primeiro equipo da xogadora do filial Andrea Muíño e que Ana quixo viaxar co equipo a pesares de non estar aínda dispoñible para xogar o que amosa o compromiso do grupo a pesares dos resultados.

Andrea Muino na primeira viaxe co Fisober durante a previa Unami

Liga Provincial, xornada 18

  • Resultado:: CONCELLO DE PONTECESO - FISOBER “B” F.S.F. (4-0).
  • CONCELLO DE PONTECESO: Salomé, Martina, Noa, Elsa e Sandra; tamén xogaron: Carmén, Cintia e Ana.
  • FISOBER B: Alejandra, Andrea Piroja, Nuriña, Paula Fandiño e Laura; tamén xogou: Antía.
  • Goles: Ana (2), Elsa e Cintia. Todos eles na primeira metade.
Fisober B- Ponteceso FSF

Con só 6 xogadoras se prantaba o filial do Fisober no Pavillón Municipal de Ponteceso (Tamara e Andrea Muíño viaxaron co primeiro equipo) para disputar o derbi e nada puideron facer ante as poderosas veciñas bergantiñás.

O partido tivo pouca historia dominio local e as visitantes tentando aproveitar algunha contra. Un gol tempraneiro e tres goles case seguidos nun tramo de despiste visitante no último cuarto da primeira metade mataron definitivamente o partido.
Na segunda metade mesmo guión pero menos ocasións e electrónico xa non se moveu.

1ª División estatal, xornada 20

Patri no 5 titular do Viaxes Amarelle
  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Burela P. Rubén FS (0-4)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Lidia Mesías, Dolo, Cris, Patri (cinco inicial), Lago, Noe, Yaiza, Laura Tesouro, Tati.
Patri co Viaxes Amarelle ante o Burela

O Viaxes Amarelle FSF non puido sumar nun partido moi aberto na primeira parte, pero onde a calidade e o acerto a gol do Burela Peixes Rubén determinaron o partido para o cadro da mariña por un resultado final claro de 0-4. As herculinas tiveron varias ocasións, pero non foron capaces de bater a meta rival. A primeira metade estivo bastante aberta no apartado de ocasións para os dous equipos, cun Viaxes Amarelle FSF que se centraba máis en tarefas defensivas e cedía o control do balón ao conxunto visitante. Un gol a falta de 38 segundos, supuxo un duro revés para a escuadra herculina, cando o Burela Peixes Rubén FSF adiantábase co 0-1.

Na reanudación, o Viaxes Amarelle FSF adiantaba un pouco máis as súas liñas pero unha xogada de córner a poucos segundos do comezo da segunda parte facía que Peque mandase un balón ao pau e no rexeite o balón caéselle a ela empuxándoo a porta baleira e subindo así o 0-2 ao luminoso.
A raíz do 4º tanto, o conxunto dirixido por Chipi, opta por saír con xogo de cinco, con Patri como porteira-xogadora, pero sen apenas xerar perigo sobre a portería defendida por Jozi. Ao cabo dos minutos reglamentarios, 0-4 e os tres puntos que llos leva o Burela Peixes Rubén, desfacendo a imbatibilidade como locais das herculinas neste ano 2015.

Liga Provincial

  • Resultado: 5 Coruña FSF - Troula FS (0-5).
  • 5 Coruña: Gema, Leny, Anita, Sofía e Aldara -5 Inicial- María Veiga, Ali, Daniela, Mel, Lupe e Helen.
  • Goles: 0-1, min.18: Leny; 0-2, min.29: Anita; 0-3, min.35: Aldara; 0-4, min.38: Mel; 0-5, min.39: Aldara (p).
A fisterra Leny arriba de vermello na vitoria co 5 Coruna

O 5 Coruña Futbol Sala Feminino viviu un emotivo partido o pasado sábado na pista do municipal de Betanzos fronte ao Troula FS. E é que este partido serviu como despedida da que durante os últimos 3 anos foi a capitá do conxunto herculino, Aldara Vidal Fernández. A xogadora que por motivos laborais márchase da cidade, deixa o club no que tamén exercía como adestradora na categoría Benjamin, ademais de colaborar en todas as accións que o club levou a cabo estes últimos anos.

As súas compañeiras atoparon nesta despedida un motivo engadido para intentar conseguir os tres puntos en xogo e brindarlle desta forma a mellor homenaxe posible. Nun partido no que a fisterrá Leny abría o marcador, marcando ao fío do descanso.


Máis información

Novas relacionadas

Crónicas anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios