Domingo. 19.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Muxía frea ao Baíñas e o Ameixenda apreta a Promoción

3ª Autonómica: O Muxía frea ao Baíñas e o Ameixenda apreta a Promoción

Disputábanse 3 choques importantes da 3ª Autonómica neste martes de entroido. 3 choques fóran aprazados no seu día, e que deixa ao Baíñas só con 3 puntos de vantaxe sobre o Montelouro no máis alto; ao Muxía nunha espectacular 3ª praza, e ao Nantón e ao Ameixenda xuntos, fóra dos postos de Promoción pero con moitas posibilidades de meterse na loita cos Muxía, Coristanco, Lira e Seaia, que esta semana ademais, substituía ao seu adestrador Taibo, buscando un revulsivo ante os últimos malos resultados.

Taibo a dereita deixa o Seaia

Muxía - Baíñas (2-0)

  • MUXÍA: Santi Papi, Currás, Pataca, Pesqui, Sergio, Pereira, David, Iván e Jonathan.
  • BAÍÑAS: Campos, Sancho, Luís, Capote, Héctor, Cristian, Esteban, Mario (Diego), Tasky e Javi Suárez.
  • Goles: 2-0, min.55: Iván no segundo pau a un saque de curruncho.
  • Lesión: O vimiancés Mario cunha deda do pé morada.

Choque aprazado da xornada 13, tras unha tangana no min.40 e co 1-0 no marcador. Quedaban 50 minutos para que o Baíñas dese a volta ao marcador, pero non foi quen, ante un Muxía moi motivado e con moitas gañas, a pesar de que saíron ao campo só con 9 xogadores, e iso que na crónica só había un expulsado.

O campo enlamado e o vento favoreceron que non houbese moito fútbol, e aí o Muxía se desenvolveu mellor tendo o marcador a favor. Esteban e Diego avisaron pero non houbo demasiadas ocasións para o empate. Pronto marcou o Muxía que acabou xogando moi tranquilo no terreo de xogo. Jonathan e Iván tiveron para ampliar a renda pero o marcador quedaría

Ameixenda - Nantón (2-0)

Ameixenda-Nanton-Foto-CD Nanton
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel, Javichu (Grille, min.77), Camacho, Burno, Rioliño, Álex, Exprés (Mateo, min.73), Borja, Momaño (Demetrio, min.83)e Chiru (Brais, min.70).
  • NANTÓN: Pollo, Eloy, Manu, Diego, Carlos R., Iván, Martín, Félix, Maikel, Carlos Vidal e Cachi.
  • Goles: 1-0, min.15: Borja nun centro chut que sorprende ao porteiro cabanés; 2-0, min.77: Brais remata no segundo pau.
  • Expulsión: o ceense David estando no banco.

Choque aprazado da xornada 14 que se disputaba en Cee neste martes de entroido con moita igualdade, pero no que o cadro local aproveitou mellor as súas ocasións. En resumidas contas, o Ameixenda foi mellor que o Nantón no partido de onte porque marcaron dous goles, pero tamén porque souberon ler mellor que o partido, facendo o campo moi ancho e entrando ben por bandas.

Cachi avisaba pero era Borja o que adiantaba aos locais. Non baixaron os brazos os vistantes, que seguían chegando, como unha de Iván que fan lucirse ao mítico Óscar Riolo. Na segunda Brais aproveita a súa e o Nantón marraba varias para deixar aos dous equipos con só 2 puntos de distancia.

Un Nantón que está apoiando a Dani Costa, operado o pasado luns dos ligamentos cruzados e interno do xeonllo. A operación foi un éxito, así que esperamos volver a velo pronto defendendo a camiseta e o escudo do CD Nantón.

Ameixenda-Nanton-Foto-CD Nanton

Cerqueda - Castrelo (5-1)

  • CERQUEDA: Ángel, Santi, Dani, Pailos, Javi Pazos, Lorenzo, Sergio, Xabi, Uru, Juanjo (Rubén, min.85) e Carlos.
  • CASTRElO: Miki, Marcos (Miguel), Pichón, Luís, Mario (Rodri), Borja, Estebo, Roi (Óscar), Stiven, Germán (Roberto) e Félix.
  • Goles: 0-1, min.27: Félix de golazo de volea pola escuadra; 1-1, min.60: Santi tras un rexeite nun córner; 2-1, min.65: Javi Pazos de falta directa dende a frontal; 3-1, min.70: Xabi aproveitou unha xogada na que os vimianceses quedaban protestando un fóra de xogo; 4-1, min.85: Carlos tras unha xogada combinada; 5-1, min.90: Rubén encarou.

Choque que fóra aprazado na x.13 por falta de iluminación e que deixa ao Cerqueda aínda con algo de esperanzas de meterse na loita. Os cerquedáns quedan a 8 puntos da fase de ascenso, pero quedan só 5 xornadas.

Comezou o partido cun Castrelo ben prantado, controlando o partido, deixando tocar ao Cerqueda. E atopouse cun bo gol, un golazo de Félix de volea pola escuadra. Pero foise vindo atrás o Castrelo, e sobre todo na segunda metade non aguantou o asedio local, que acabou dando a volta ao partido, e ata marcou o porteiro Rubén, con bicicleta incluída.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios