Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada de Entroido

Resultados e análise da xornada de Entroido
Montelouro-Cerqueda-Foto-Edu Olveira

Completa xornada futboleira de Entroido no Costa da Morte. Non respectou o tempo pero o balón rodou en toda a volta con grandes partidazos, nesta primeira fin de semana de marzo. Aínda quedan partidos para o martes, pero a meirande parte analizámolos xa aquí:

Comezamos o repaso pola Preferente, na que o Dumbría vencía nun choque fundamental ante o Sada, e ascende o 4º posto, superando ao cadro sadense. O XSC tamén sumaba os 3 puntos, rompendo unha xeira malísima de resultdos e deixa a 6 a zona de descenso directo. Mentres, o Soneira de José Ángel tiña o rival máis complicado, o líder Bergantiños, e malia prantar cara durante os 90 minutos só puideron sacar unha derrota pola mínima, pero moita moral.

Había derbi na 1ª Autonómica e remataba cunhas táboas que non lle serven demasiado aos malpicáns para cazar ao Arzúa na 2ª praza. Os baieses seguen cómodos na 8ª praza. Por detrás, vitoria clave da Esteirana ante o Lamela, que lle permite mirar cara abaixo concerta distancia e ademais facía un favor aos Camariñas e Ponteceso. Precisamente os camariñáns non podían sumar ante o filial do Bertamiráns, mentres que os de David Velo sumaban en Sigüeiro outro choque fundamental no que podían ter recuperado moito camiño pero polo menos non perderon e diciron adeus á permanencia.

Na 2ª Autonómica, a loitá centrase entre o Sofán e o Corme, que non dan tregua, ante un Zas que non pasaba do empate en Cabana e queda a 5 puntos. Os carballeses vencían con comodidade ao Castriz e os cormeláns superaban, no choque da xornada, a todo un Cee, que queda xa a 13 puntos da cabeza. O Fisterra segue sumando, sen facer demasiado ruido pero quedando a 9 do liderato.

Non falla o Baíñas na 3ª Autonómica, superando ao Ameixenda, pero o Montelouro non lle deixa escapar e vencía tamén ao Cerqueda e se mantén a 3 puntos, cun partido máis. Aberta está a fena o 3º, o Coristanco, a 8 dos loureáns tras vencer con apuros en Laxe. Lira e Nantón empataban a 2 no partido da xornada o Muxía goleaba a un Corcoesto sen efectivos. O Seaia cáese da zona de promoción tras caer, inesperadamente, na casa ante o Castrelo.

Non houbo Copa, pero a xornada 4 da Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil deparou que o Dumbría se mantén só no máis alto, tras superar, nun auténtico partidazo de ambos, á Esteirana. Por detrás de ambos sitúanse agora Cabana e Corme tralo seu empate, un empate que precisamente beneficia á Esteirana, que loitará por esa 2ª praza que dá acceso á Fase de Ascenso.

Na 1ª Cadete o XSC aproveitou o descanso do Cabana para sacarlle 3 puntos tras vencer en Muros, e o Fisterra alcanzou aos cabaneses pero cun partido máis. En Infantís, está tocado o XSC, con 8 puntos, e aínda a 7 para evitar o descenso. Pola contra, teno moito mais sinxelo o Dumbría, con 18 puntos, ten 6 sobre o descenso.

Xornada importante nas Ligas de Veteranos. Coristanco e Soneirra seguen co seu duelo particular arriba, e non fallaban. Pero por detrás, o Laxe caía co Castriz e deixa pasar ao Bértoa, deixando escapar ademais aos dous de arriba. Na 2ª, había partidazo entre os dous de arriba, e o Corcoesto rouba o liderato ao Milagrosa tras un partidazo.
Atentos ademais os Veteranos que este luns 3 de marzo hai reunión no Local Social de Neaño, Cabana, para tratar o delicado asunto do Seguro de accidentes.

E xa na Liga Intermunicipios, a falta de 2 xornadas o Cances só necesita 2 puntos para sentenciar o título, peo o Brea non quere deixalo tan fácil.

Preferente, xornada 27

Sada 0-1Dumbría
Bergantiños 1-0 Soneira
Xallas StComba 2-0 San Tirso

1ª Autonómica, xornada 25

Baio 0-0 Malpica
Sigüeiro 1-1 Ponteceso
Bertamiráns B 2-1 Camariñas
Lamela 1-2 Esteirana

2ª Autonómica, xornada 25

Fisterra 3-1 Mazaricos
Corcubión 8-1 Indep. Carballo
Cabana 1-1Zas
Corme 2-1 Cee
Carnota 1-1 Camelle
Sofán 4-0 Castriz
Muros 0-0San Lorenzo
Buño 1-0 Volantes
Outes 1-1 Porteño

3ª Autonómica, xornada 17

Laxe 2-3Coristanco
Montelouro 2-0 Cerqueda
Muxía 8-0 Corcoesto
Baíñas 5-1Ameixenda
Seaia 2-3 Castrelo
Nantón 2-2 Lira
Muxía 04/03 - 17:00 (x.13) Baíñas
Cerqueda 04/03 - 17:00 (x.13) Castrelo
Ameixenda 04/03 - 16:30 (x.14) Nantón
  • 3 partidos para o martes aprazados no seu día. O Muxía-Baíñas suspendeuse por unha tangana no min.40 co 1-0 no marcador.

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Malpica 1-2Xallas StComba
Dumbría 3-1 Esteirana
Corme 1-1 Cabana

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 1 Norte, xornada 3

Conxo 1-1 Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 2

XSC 1-1 Val do Ulla

1ª Cadete, xornada 16

Esteirana 1-2 Fisterra
Muxía 1-1Baio
Coristanco18-0 Corcubión
Muros 1-4Xallas StComba
Outes 5-1As Baleas
Cee 4-0 Zas
  • Descansa Cabana.

1ª Infantil, xornada 23

Fisterra 7-1 Muxía
Cee 8-0 Baio
Ponteceso 4-3 Coristanco
Outes 0-4 Corme
E.D. Os Miudos 5-3 Cabana
Esteirana 04/03 - 18:00 Vimianzo
  • Descansa Sofán.

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 14

Dumbría 12-0 Cee
Os Miúdos B 3-7 Esteirana
Os Miúdos A 19-1 Lira
XSC A 1-1 Zas
XSC B 1-11 Outes C

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 3

Cabana 7-2 EF Corcubión
E.M.F. Vimianzo 7-3 Sofán
Coristanco 03/03 - 18:00 Muxía
Corme 04/03 - 17:30 As Baleas
  • Descansa Baio.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 14

XSC B 1-5 Outes
Dumbría 5-6 Cee
Fisterra 7-6 Esteirana B
Os Miúdos A 03/03 - 13:00 Lira
XSC A 12-1 Zas
Os Miúdos B 03/03 - 17:00 Esteirana A

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 3

Cabana 9-0Ponteceso
E.M.F. Vimianzo 3-2 Sofán
As Baleas B 10-1 Baio
Coristanco 03/03 - 17:00 Muxía
Corme 04/03 - 16:30 As Baleas A

Ligas de Veteranos, xornada 23

1ª División

Muros4-0 Xv. Bergantiños
Ponteceso2-2 San Román
Nantón 1-3 Soneira
San Lorenzo 0-2Zas
Camariñas Vet0-2Coristanco
Bértoa 8-1 Dumbría
Laxe 0-5 Castriz
  • Baio-Cabana aprazado.

2ª División

Leiloio1-2 Vimianzo
Poniente 0-3Camelle
Dep. Carballo 3-2 Sofán
Buño 0-0Malpica
Corcoesto3-2 Milagrosa
Agualada 1-3 Erbecedo
  • Descansan Cerqueda e Porteño.

Liga Intermunicipios, xornada 20

A Piña 5-3Peña Galicia
Seaia 0-3 Laxe
Brea 4-0Valenza
Cereo 0-4 Cances
Baldaio 3-0Xornes
  • Descansa Rus.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios