Venres. 03.05.2024
El tiempo

Análise e resultados desta xornada de anticiclón no Fútbol da Costa

Análise e resultados desta xornada de anticiclón no Fútbol da Costa
MC diante de Martin no Baio-Sofan-Foto-Santi Diaz

Completa xornada do Futbol da Costa nesta calurosa fin de semana. Con sortes para todos os gustos, e coma sempre, despois das dúas tardes de carrusel tecnolóxico en directo a través da APP e de www.futboldacosta.com, traemos a crónica da xornada.

E, como non, arrincamos pola Preferente - Senra Sport, con sorte dispar para os nosos. Se os dumbrieses facían Conco un feudo inexpunable e vencían con claridade ao Chantada, colocándose con 12 puntos 9º na táboa, o XSC perdía unha boa ocasión para afundir ao Arzúa caendo na súa casa e quedando con 9 puntos na 14ª posición, agora a só 3 do descenso.

Foi o derbi da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra o partidazo da xornada. O líder, Baio, chegaba ao Carral para enfrontarse a unha SD que está a facer un grandísimo comezo de campaña, sobre todo na casa. De feito, a vitoria local deixa aínda ao cadro baiés líder, con 2 de vantaxe sobre os sofanistas, que soben á 2ª praza empatado cun sorprendente Cordeiro.
Non foi boa a xornada para o resto de equipos costeiros na categoría. O Corme caía no Cairo ante un gran Flavia. Soneira e Malpica non pasaban do empate na casa ante Unión e Puebla, deixando ao cadro de José Ángel na 12ª praza con 9 puntos, e aos malpicáns aínda en descenso, con só 3 puntos e os cambios na dirección do equipo, á que hai que unir a baixa de Juan oBello. Con todo, o equipo que máis preocupa é a Esteirana, que caía na casa, outra vez, e segue pechacancelas con 2 puntos, iso si, a sóa 4 da salvación, e con moita marxe de mellora.

Completa a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, con algunha que outra sorpresa e moita tensión. Como a derrota do ata onte colíder, Zas, ante o Cabana en San Andrés, que deixa só en punta a un Castriz que non tivo piedade do Camelle e lle endosou 7, tras algún que outro lío en mabos choques. Seguen Outes e San Lorenzo á caza do cadro xalleiro, vencendo hoxe nada menos que en Ponteceso e Carnota. O Cee vai metendo a cabeza na zona alta trala súa apretada vitoria ante un bo Seaia.
Por abaixo, importante a vitoria do Camariñas, que supera ao propio Fisterra, mentres Montelouro e Camelle seguen afundidos. Os loureán non puideron co Porteño, que se coloca na zona cómoda.

Implacable o Ameixenda de Manolín que afianza o seu liderato na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Os ceenses superaron o escollo de Arliña, ante un Muxñia en clara melloría, e sacan 3 puntos, cun partido menos, ao Nantón, que superaba o Lira en Lombáns nouro dos partidos da tarde. Ademais, o Coristanco vencía ao Cerqueda e vaise colocando, e o Corcubión non podía co Castrelo. Así e todo, vaise facendo unha fenda entre os 6 primeiros e os 3 de abaixo, Castrelo, Muxía e Laxe.

Non perdoan XSC e Dumbría na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte. Venceron a Muxía e Fisterra e se manteñen nas dúas primeiras prazadas, acompañados polos Miúdos, que vencía a un Corcubión que aínda non puntuou, nese trío que pasará á Previa da Fase de Ascenso. Pero ollo ca Esteirana, que está forte e vencía ao Outes colocándose a un punto dos seus veciños; e ao Fisterra, que a pesar de caer, prantoulle cara a todo un Dumbría. O Cee gañaba ao Castriz e tamén amosa as súas credenciais.
Polo Norte, varios choques directos que deixan o alto da táboa tremendamente apretado, con 6 equipos en 3 puntos. O Coristanco non pasaba do empate en Laxe, e o Cabana vencía ao outro colíder, Camariñas, superándoo na táboa e poñéndose con 15 puntos, empatado co Coristanco no máis alto. O Corme, tras vencer ao Malpica, mantense 4º con 13, os mesmos que os camariñáns e que o Zas, despois de vencer o derbi co Baio. Completa o sexteto de arriba o Porteño, e iso que caía ante un Ponteceso en clara melloría.

Boas novas nas Ligas Autonómicas base. O Dumbría colleitaba a segunda vitoria na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría en Ourense e se mete na zona morna. Ademais, o XSC sumaba a súa primeira vitoria en Compostela, e sae dos postos de descensoda Liga Galega Cadete. A única derrota foi dos infantís dumbrieses alonxándose da zona de arriba.

Pola volta, igualadísima a 1ª Cadete, despois da vitoria do Corme ante As Baleas, que chegaban líder ao Cairo. Os cormeláns tómanlle o relevo no máis alto, empatados co Cabana, que vencía ao Sofán, quedando a un só punto os camariláns, a Esteirana tras golear ao Baio; e a 2, o Fisterra, tras vencer pola mínima ao Ponteceso.
Mentres, en 1ª Infantil, o XSC mantén o liderato trala apurada vitoria ante un Corme ao que deixa a 4 puntos, empatado no grupo de perseguidores con Fisterra, Cabana e os Miúdos. Se o Cabana vencía ao Cee noutro choque importante, precisamente Os Miúdos métense tan arriba despois de vencer ao Fisterra, o que demostra o igualada que está a Liga.

Xa nos Veteranos, o Hosgran segue líder da 1ª División tras vencer ao Zas, pola mínima. Saca xa 5 puntos ao Dumbría, que vencí aao Cabana, e 6 a Coristanco e San Román. Precisamente o actual campión de Liga, o cadro coristanqués, suma 10 puntos pero é xunto ao Hosgran o único equipo que non coñece a derrota, pois conta só con 4 partidos no seu haber.
Na 2ª División, descansaba o líder, o novato San Isidro-Razo, e o Erbecedo non o desaproveitou para empatarlle na táboa ao vencer en Nantón.

Preferente - Senra Sport, xornada 8

Arzúa 1-0 Xallas StComba
Dumbría 3-0 Chantada

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 7

Corme 2-4 Flavia
Esteirana 1-3 Amio
Malpica 0-0 Puebla
Soneira 2-2 Unión
Sofán 3-1 Baio

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 7

Carnota 1-4San Lorenzo
Cee 1-0 Seaia
Montelouro 1-2 Porteño
Mazaricos 3-3 Volantes
Ponteceso 0-2 Outes
Castriz 7-1 Camelle
Camariñas 2-0 Fisterra
Buño 3-1 Baíñas
Zas 1-2 Cabana

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 7

Lira 0-2 Nantón
Corcubión 1-1 Castrelo
Muxía 1-3 Ameixenda
Coristanco 2-1 Cerqueda
  • Descansa Laxe.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 7

Esteirana 2-0 Outes
Os Miudos 4-1 Corcubión
Xallas StComba 6-2 Muxía
Dumbría 2-0 Fisterra
Cee 4-0 Castriz

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 7

Camariñas 1-4 Cabana
Laxe 2-2 Coristanco
Porteño 1-2 Ponteceso
Corme 3-1 Malpica
Zas 2-1 Baio

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 6

Ourense 0-2Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 6

Compostela 0-1 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 6

Orillamar 1-0 Dumbría

1ª Cadete, xornada 6

Os Miudos 7-2 Outes
Corme 3-0 As Baleas
Muxía 4-0 Coristanco
Esteirana 8-0 Baio
Cabana 2-0 Sofán
Fisterra 2-1 Ponteceso
  • Descansa Cee.

1ª Infantil, xornada 6

Zas 1-5 Ponteceso
Cee 1-2 Cabana
Vimianzo 4-1 Esteirana
Os Miudos 1-0 Fisterra
Xallas StComba 3-2 Corme
Sofán 3-1 Outes
  • Descansa Coristanco.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 6

Hosgran 1-0 Zas
Dumbría 3-1 Cabana
Laxe 1-3 San Román
At. Milagrosa 1-3 Bértoa
Soneira 0-0 Castriz
San Lorenzo 0-2 Coristanco
Ponteceso 1-0 Xv. Bergantiños
  • Descansa Baio.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 6

Sofán 0-2 Vimianzo
Cerqueda 2-1 Camariñas S.D.V
Poniente 2-3 Corcoesto
Malpica 1-2 Dep. Carballo
Nantón 0-2 Erbecedo
Leiloio 0-0 Buño
Porteño 2-3 Agualada
  • Descansa UD San Isidro-Razo.

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios